domingo, 31 de octubre de 2010

Cursos Cultura do Viño, Literatura e Música (Por: Xavier Castro)

CURSO 1 DE CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

1ª Sesión: Charles Baudelaire (Novembro. 3 Mércores, ás 20 horas)

Lugar: Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago).

Xavier Castro, condutor

A primeira sesión do Curso de Cultura do Viño, Literatura e Musica dedícase a unha figura central das letras francesas, e forxador da modernidade poética inscrita no ámbito da urbe transformada en territorio literario: o flâneur por excelencia, Charles Baudelaire, mentor do malditismo.

Un dos poetas que con máis talento cantou ao viño e os seus efectos estimulantes sobre o espírito humano, tantas veces asediado pola propensión ao spleen.

Os comentarios de Xavier Castro, os padaleos do viño, e o recitado de poemas de Baudelaire combinaranse coa intervención da adegueira María Teresa Abalo e tamén coa audición de interpretacións musicais dos textos baudelerianos, aos que se engadiran fragmentos de óperas (visualizadas nunha pantalla) de Mozart (A frauta máxica e O rapto no serrallo), Johann Strauss (Champagne Polka), Verdi (A Traviata)

Servirase viño albariño, nobre branco galego, talvez o máis ilustre do país, como sobranceiros foron asimesmo en Francia os grandes viños albos, tidos por axeitados para os príncipes por sangue ou por talento. A adega invitada nesta ocasión é Abalo Mendez, de Lantaño (Portas), pertencente a Denominación de Orixe Rías Baixas, caracterizada pola súa orientación artesán, o recurso aos bacelos propios e o seu ben facer, que combina co dominio das modernas achegas enolóxicas. O padaleo do viño terá un acompañamento de queixo francés, produtos do mar en conserva, que sustentan unha dieta atlántica como a nosa, saudable e sabedeira, acompañados de pan candeal de forno de leña e fogaza labrega de centeo. Teremos así ocasión de experimentar coas maridaxes.

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *

programa dos cursos de:

Cultura do Viño, Literatura e Música

Lar das Meigas: Espazo para a convivialidade cordial. Un ámbito para a cultura e o disfrute do viño.

O propósito destes cursos consiste na realización dun achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce do viño.

Estes cursos teñen unha orientación transversal, que pretende integrar a cultura do viño coa creación literaria e a musical. En cada sesión se degustaran viños de adegueiros galegos (nomeadamente artesáns, que tamén tomarán parte no acto) que polas súas propiedades garden relación coa obra (e, por veces, tamén coa vida) dun determinado escritor. Explicitarase o vencello que existe entre ambos, comentaranse os apartados da obra literaria nos que se fai mención ao viño, e mesmo se fará un recitado de poemas e fragmentos en prosa.

Os dous cursos de Cultura do Viño, Literatura e Música consistirán en sendos ciclos de cinco sesións cada un deles. O curso 1º está plantexado para os novos alumnos, en tanto que o 2º está concibido para os veteranos. De tódolos xeitos, admítese tanto a inscrición completa no primeiro dos cursos unicamente, como só no segundo, ou ben en ambos os dous, e tamén dun xeito independente nas sesións que o interesado prefira, facendo coa súa libre escolla un menú persoal que combine determinadas sesións dos dous cursos.

Este son os escritores aos que está dedicado o 1º CURSO: Charles Baudelaire, Álvaro Cunqueiro, Miguel de Cervantes, Ramón María del Valle-Inclán e Aymeric Picaud (autor da primeira guía de peregrinos, incluída no Códice Calixtino, onde alude ao viño no Camiño de Santiago).

Polo demais, os escritores aos que está dedicado o 2º CURSO son os seguintes: Rosalía Castro, Emilia Pardo Bazán, Federico García Lorca, Pablo Neruda e Ernest Hemingway.

As explicacións do condutor do curso farán referencia ao escritor que centre o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura do viño, a temática gastronómica relacionada con ela (nomeadamente, as maridaxes entre o viño e a gastronomía) e estarán entrefrebadas coas intervencións dos participantes (aléntase a participación e son benvidos os comentarios e as preguntas dos alumnos) e con momentos de goce e padaleo do viño.

Haberá, asimesmo, interludios musicais nos que se escoitaran pezas alusivas á cultura do viño (visualizadas nunha pantalla dixital) e que garden algún tipo de vínculo co escritor que protagoniza cada sesión, tanto fragmentos de óperas ou obras clásicas de diferente xaez, como tamén jazz e música popular tradicional.

O viño reclama algún compango e, deste xeito, servíranse pinchos compostos por bos pans campesiños, de millo e centeo, amén de friames de porco celta e algún petisco de queixo (a todo isto da dereito a inscrición).

Non se exclúe que a sesión poida rematar, se o ambiente creado polas persoas asistentes o fai pertinente, cun canto coral no que participemos tod@s. O esencial é que cada sesión constitúa unha experiencia de goce da convivialidade arredor do viño –que foi decote un pracer social-, dun xeito lúdico, pracenteiro e cultural. Preténdese que resulte interesante, motivador, que induza a máis amplas lecturas e a sabios padaleos de estimables viños. Nestas sesións teórico-prácticas e lúdico-serias (ou jocoserias, que dirían os nosos devanceiros composteláns) importa moito desenvolver o espírito e difundir unha cultura da bebida acougada, de calidade e compartida.

Como complemento dos cursos prevese realizar excursións a adegas emprazadas nas rutas dos viños que se anunciaran oportunamente e terán un custe suplementario.

Fará de condutor dos cursos o amateur da cultura do viño, Xavier Castro, profesor de Hª Contemporánea na USC e autor dos libros: A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea), A rosa do viño (Galaxia) e A mesa e manteis (Biblos, Col. Mandaio; Yantares gallegos, na versión en castelán da USC).

CURSO VIÑO 1, SESIÓNS:

1ª Sesión (Novembro. 3 Mércores): Charles Baudelaire.

2ª Sesión (Novembro. 17 Mércores): Álvaro Cunqueiro.

3ª Sesión (Decembro. 1 Mércores): Miguel de Cervantes.

4ª Sesión (Decembro. 22 Mércores): Ramón María del Valle-Inclán.

5ª Sesión (Xaneiro. 19 Mércores): Aymeric Picaud (Códice Calixtino). Viño no Camiño de Santiago.

CURSO VIÑO 2, SESIÓNS:

1ª Sesión (Novembro. 9 Martes): Rosalía Castro.

2ª Sesión (Novembro. 23 Martes): Emilia Pardo Bazán.

3ª Sesión (Decembro. 15 Mércores): Federico García Lorca.

4ª Sesión (Xaneiro. 12 Mércores): Pablo Neruda.

5ª Sesión (Xaneiro. 26 Mércores): Ernest Hemingway.

HORARIO: de 20 a 22 horas.

LUGAR DE REALIZACIÓN

As sesións terán lugar no local Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago)

INSCRICIÓN

A inscrición realizarase no local de Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. 15705 Santiago). Horario: 10’30 a 14, 16’30 a 20’30. Sábados e Domingos aberto ao medio día). Pódese efectuar tamén a matrícula cubrindo a ficha de inscrición adxunta (na páxina web) e reenviandoa a: lardasmeigas@gmail.com. Tamén é posible realizar tamén o pagamento da matrícula en Ibercaja, nº de conta: 20858265160330075713, indicando que en que curso se inscribe ou en que sesión concreta (ou sesións), e presentando logo o resgardo en Lar das Meigas, o día da actividade.

Para máis información Teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / Páxina Web: www.lardasmeigas.com)

Admítese a inscrición nun curso completo, en ambos os dous, ou ben en determinadas sesións concretas (que poden pertencer aos dous cursos). Recoméndase efectuar o pagamento no momento de cubrir a ficha de inscrición. Prezos: Curso Completo de 5 sesións: 45 €. 2 Cursos Completos: 90 € (neste caso o alumno recibirá unha botella de viño como agasallo). Sesións independentes: 10 € cada una delas.

A Boa Saúde de Rosalía Castro (I)

A poesía de Rosalía Castro afrontou ben o paso do tempo. Non é só unha das grandes creadoras da cultura europea decimonómica, senón que dende a sensibilidade actual aínda gozan os seus versos de louzanía e resultan connotativos e portadores de emocións para moitas persoas da nosa época. A súa obra ten ademais un grande interés etnolóxico e constutúe unha canteira fecunda para a historia social, e nomeadamente para a historia da alimentación. Nunha composición popular, recreada por Rosalía en Cantares gallegos, saen a relucir pratos considerados moi apetitosos. Ten interese reparar que nos encontramos diante dunha gastronomía de corte campesiño e moi sinxela. Gozaban neste senso de alta estima todos os que, en calidade de premios, a voce poética menciona na seguinte relación:

«Has de cantar,

meniña gaiteira,

has de cantar,

que me morro de pena.

Canta, meniña,

na veira da fonte;

canta, dareiche

boliños do pote.

Canta, meniña,

con brando compás,

dareiche unha proia

da pedra do lar.

Papiñas con leite

tamén che darei;

sopiñas con viño,

torrexas con mel.

Patacas asadas

con sal e vinagre,

que saben a noces,

¡que ricas que saben!”

Reparemos nas sopas con viño. Constituía un preparado moi frecuente a cunca de viño tinto con azucre e pan. Denominábase isto “sopas de cabalo canso” e tamén “sopas de burro cansado”, e desempeñou un papel moi relevante na dieta tradicional dos galegos. Tíñase por un alimento de forza e non resultaba de todo barato porque o azúcre era un artigo que había que comprar e polo tanto cumpría administralo máis ben con parquidade e mesura. Como produto fortalecedor atribuíanselle propiedades reconstituíntes pero se empregaba en máis ocasións que naquelas nas que conviña dar un suplemento alimentario ó organismo necesitado dun aporte nutritivo suplementario; na convalecencia dunha enfermidade, por poñermos un caso. Para esta ocasión recorríase a outros preparados de maior enxulla, ou tidos por tales, como os ponches ou os viños quinados, por mencionar só os máis sobranceiros. As sopas que se mollaban no viño eran anacos do pan que houbera a man, que ben podería ser de millo, centeo ou trigo. Aseveran isto varios informantes, entre eles un veciño da Franqueira, que as comeu adoito nos anos corenta-cincuenta, pois na súa familia era moi corrente tomalas. Sinalaba que preferíanse as de trigo, co indispensable azucre, porque as de millo se facían algo ácidas.

Os arrieiros dábanlle as súas bestas cando ían cansas, para contribuír ao seu conforto, racións de sopas en viño, de onde procedería a expresión “sopas de burro ou cabalo canso”. Achega outro testemuño o enxeñeiro industrial Federico de Castro, quen consigna nas súas lembranzas o feito de que nunha rúa viguesa que conducía ás Travesas: “Había una taberna en la mitad de la cuesta en la que los coches se paraban, los caballos no daban un paso más aunque se les fustigase. El tabernero les tenía acostumbrado a una sopa de vino”. Referíase en especial ás bestas que tiraban dos coches fúnebres nos enterros. Tamén había mulleres que lle daban sopas de burro canso ás galiñas cando se atopaban no mellor momento da posta de ovos, como un reforzo alimentario e, de paso, “para animalas”.

(Publicado en Galicia Hoxe, 29/10/2010)

sábado, 23 de octubre de 2010

Montaigne (e III)

En relación coa educación dos nenos, hoxendía tan sobreprotexidos e consentidos (e o andazo da obesidade é un corolario expresivo disto), preconizaba Montaigne que se lles inculcara unha pauta de vida caracterizada pola sobriedade e a austeridade, de xeito que: “más bien hayan de descender de la dureza que subir hacia ella”. Sagesse e bo sentido, mostraba tamén nisto o escritor bordelés.

Ten sido obxecto de debate a cuestión do reparto da inxesta ao longo do día, e cáles son as horas máis axeitadas para levala a cabo. Cando interrogaron ao doutor Gregorio Marañón acerca de cándo había que comer, contestou: -“El pobre cuando pueda, y el rico cuando quiera”. Montaigne consideraba preferible comer a miúdo, e moderadamente, no canto de facelo poucas veces e inxerindo gran cantidade de alimento en cada unha delas. Xulgaba que nisto, como en tantas outras cousas, o ser humano debería deixarse levar polo seu instinto natural, antes que por prescricións médicas que poderían resultar ríxidas, e se cadra artificiosas, obrigando a persoa a comer cando non tiña fame e a xaxuar en cambio cando lle viña o apetito: “Mas quiero hacer valer el apetito y el hambre; no me agradaría en modo alguno el arrastrar, al estilo médico, tres o cuatro comidas míseras y obligadas al día”.

Montaigne é único entre os grandes pensadores, por ter sido sensible aos temas de reflexión que a maioría consideraron como menores e indignos da súa ínclita atención. Este feito convérteo nun pensador de sorprendente modernidade, e na práctica, nun contemporáneo esencial. Hai párrafos nos ‘Essais’ nos que resoa con nitidez o palpexar do espírito do noso tempo. Como cando, por caso, afirma que el ten os pés ben asentados na terra, e dende tal posición sentía xenreira por “esa sapiencia inhumana que quiere hacernos desdeñosos y enemigos de la cultura del cuerpo”. E, neste sentido, consideraba igualmente inapropiado aceptar a contrapelo as voluptuosidades naturais e tomalas demasiado en serio. Semelláballe fatuo aquel que prescindía das voluptuosidades que a natureza ofrece. Ao seu xuízo, non debemos perseguir nin tampouco rexeitar tales beneficios e praceres, senón sinxelamente aceptalos.

Convén deixarse levar pola inclinación natural, sen permitir que a nosa mente enfermiza e augafestas, esaxere a inanidade de tales beneficios, e non digamos xa que nolos faga parecer noxentos. A súa agudeza intelectual por momentos cobra brillantez poética, como cando considera os bens que a vida nos depara, e afirma que: “Yo que me jacto de abrazar con tanto entusiasmo los bienes de la vida, y tan particularmente, no hallo en ellos, cuando los miro así de atentamente, nada más que viento. Mas qué, no somos sino viento en todo. Y aun el viento, más sabiamente que nosostros, gusta de moverse, de agitarse, y se contenta con sus propias funciones, sin desear la estabilidad ni la solidez, cualidades que no son suyas”. Tampouco nosas, quizais.

(Publicado en Galicia Hoxe, 22/10/2010)

viernes, 15 de octubre de 2010

Montaigne (II)

Co seu característico espírito de moderación e transixencia, Montaigne aborda as relevantes cuestións do xeito de comer e a arte de conversar, como asuntos de seu de seu pero tamén na súa intersección. Deste xeito, puña como exemplo aos gregos e romanos da antigüidade, por comeren e beberen menos apresuradamente que os franceses do século XVI, tratando de prolongar este pracer natural para maior entretemento e utilidade, entreverándoo con diversas funcións sociais e aderezándoo con varias clases de conversacións proveitosas e agradables. Non gustaba Montaigne das comidas especialmente longas, porque lle causaban tedio e lle resultaban tamén prexudiciais posto que non era quen de parar de comer namentres se encontraba na mesa, e deste xeito, na súa casa procuraba sentarse algo despois que os demais. Ao rematar de xantar, gustaba de repousar longo tempo, escoitando a fala dos demais pero procurando non mesturarse nela, pois lle ocasionaba fatiga e dano charlar con bandullo cheo. Encontraba, en cambio, moi saudable e ameno discutir animadamente antes de comer.

A pesares de que procuraba un certo autodominio e tentaba de cultivar a austeridade e a sobriedade como pautas de comportamento, recoñecía a súa incapacidade para conterse cando se sentaba á mesa tendo as viandas á vista. De feito, cando quería comer con moderación ou gardar á abstinencia tiña que afastarse dos demais comensais, e facíase servir estritamente o que precisaba para unha colación ordenada. En relación coa cuestión da dose ou cantidade de condumio a inxerir, Montaigne recorría a diversas estratexias. Confesaba que dende que era novo, saltábase en ocasións algunha comida coa finalidade de avivecer o seu apetito ao día seguinte. Expresaba a súa discrepancia neste senso con Epicuro, quen xaxuaba e facía comidas parcas para afacerse a prescindir da abundancia. Pola contra, o escritor bordelés desexaba que a súa voluptuosidade tirara deste xeito mellor proveito, servíndose “más alegremente de la abundancia”. Por veces, tamén se resolvía a xaxuar para conservar o vigor de corpo e de espírito en aras da optimización do rendemento nalgunha tarefa de importancia, pois o un e o outro se tornan indefectiblemente preguiceiros por efecto da saciedade. Facíao tamén para curarse o estómago cando o tiña doente. Ou mesmo nas ocasións en que carecía de compañía axeitada, xa que –e nesto coincidía con Epicuro- non se debe mirar tanto o que se come como con quén se come. Neste senso, sinalaba que: “No hay para mí aderezo tan dulce, ni salsa tan apetitosa como la que se obtiene de la sociedad”, e facía a loanza dunha persoa que non quixera prometer a asistencia a un festín ao que se lle convidara sen coñecer antes quen eran os demais convidados.

Montaigne atribuía o bo estado de conservación da súa dentamia, cando andaba polo ano 56 da súa idade, ao feito de ter aprendido dende a infancia a frotar os dentes coa servilleta, pola mañá e antes e despois de comer. Nos nosos pagos, as xentes rústicas empregaban a mazan para a limpeza dos dentes (e din que os celtas servíanse para tal mester dos oríns.)

(Publicado en Galicia Hoxe, 15/10/2010)

Cursos Cultura do Viño, Literatura e Música (Por: Xavier Castro)

CURSOS

CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

Impartidos por: Xavier Castro

Lar das Meigas (Santiago)

Lar das Meigas: espazo para a convivialidade cordial. Un ámbito para a cultura e o disfrute do viño.

Os dous cursos de Cultura do Viño, Literatura e Música consistirán en sendos ciclos de cinco sesións cada un deles. O curso 1º está plantexado para os novos alumnos, en tanto que o 2º está concibido para os veteranos. De tódolos xeitos, admítese tanto a inscrición completa no primeiro dos cursos unicamente, como só no segundo, ou ben en ambos os dous, e tamén dun xeito independente nas sesións que o interesado prefira, facendo coa súa libre escolla un menú persoal que combine determinadas sesións dos dous cursos.

O propósito destes cursos consiste na realización dun achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce do viño.

Estes cursos teñen unha orientación transversal, que pretende integrar a cultura do viño coa creación literaria e a musical. En cada sesión se degustaran viños de adegueiros galegos (nomeadamente artesáns, que tamén tomarán parte no acto) que polas súas propiedades garden relación coa obra (e, por veces, tamén coa vida) dun determinado escritor. Explicitarase o vencello que existe entre ambos, comentaranse os apartados da obra literaria nos que se fai mención ao viño, e mesmo se fará un recitado de poemas e fragmentos en prosa.

Este son os escritores aos que está dedicado o 1º CURSO: Charles Baudelaire, Álvaro Cunqueiro, Miguel de Cervantes, Ramón María del Valle-Inclán e Aymeric Picaud (autor da primeira guía de peregrinos, incluída no Códice Calixtino, onde alude ao viño no Camiño de Santiago).

Polo demais, os escritores aos que está dedicado o 2º CURSO son os seguintes: Rosalía Castro, Emilia Pardo Bazán, Federico García Lorca, Pablo Neruda e Ernest Hemingway.

As explicacións do condutor do curso farán referencia ao escritor que centre o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura do viño, a temática gastronómica relacionada con ela (nomeadamente, as maridaxes entre o viño e a gastronomía) e estarán entrefrebadas coas intervencións dos participantes (aléntase a participación e son benvidos os comentarios e as preguntas dos alumnos) e con momentos de goce e padaleo do viño.

Haberá, asimesmo, interludios musicais nos que se escoitaran pezas alusivas á cultura do viño (visualizadas nunha pantalla dixital) e que garden algún tipo de vínculo co escritor que protagoniza cada sesión, tanto fragmentos de óperas ou obras clásicas de diferente xaez, como tamén jazz e música popular tradicional.

O viño reclama algún compango e, deste xeito, servíranse pinchos compostos por bos pans campesiños, de millo e centeo, amén de friames de porco celta e algún petisco de queixo (a todo isto da dereito a inscrición).

Non se exclúe que a sesión poida rematar, se o ambiente creado polas persoas asistentes o fai pertinente, cun canto coral no que participemos tod@s. O esencial é que cada sesión constitúa unha experiencia de goce da convivialidade arredor do viño –que foi decote un pracer social-, dun xeito lúdico, pracenteiro e cultural. Preténdese que resulte interesante, motivador, que induza a máis amplas lecturas e a sabios padaleos de estimables viños. Nestas sesións teórico-prácticas e lúdico-serias (ou jocoserias, que dirían os nosos devanceiros composteláns) importa moito desenvolver o espírito e difundir unha cultura da bebida acougada, de calidade e compartida.

Como complemento dos cursos prevese realizar excursións a adegas emprazadas nas rutas dos viños que se anunciaran oportunamente e terán un custe suplementario.

Fará de condutor dos cursos o amateur da cultura do viño, Xavier Castro, profesor de Hª Contemporánea na USC e autor dos libros: A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea), A rosa do viño (Galaxia) e A mesa e manteis (Biblos, Col. Mandaio; Yantares gallegos, na versión en castelán da USC).

CURSO VIÑO 1, SESIÓNS:

1ª Sesión (Novembro. 3 Mércores): Charles Baudelaire

2ª Sesión (Novembro. 17 Mércores): Álvaro Cunqueiro

3ª Sesión (Decembro. 1 Mércores): Miguel de Cervantes

4ª Sesión (Decembro. 22 Mércores): Ramón María del Valle-Inclán

5ª Sesión (Xaneiro. 19 Mércores): Aymeric Picaud (Códice Calixtino). Viño no Camiño de Santiago

CURSO VIÑO 2, SESIÓNS:

1ª Sesión (Novembro. 9 Martes): Rosalía Castro.

2ª Sesión (Novembro. 23 Martes): Emilia Pardo Bazán.

3ª Sesión (Decembro. 15 Mércores): Federico García Lorca.

4ª Sesión (Xaneiro. 12 Mércores): Pablo Neruda.

5ª Sesión (Xaneiro. 26 Mércores): Ernest Hemingway.

HORARIO: de 20 a 22.

LUGAR DE REALIZACIÓN: As sesións terán lugar no local Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago)

INSCRICIÓN

A inscrición realizarase no local de Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. 15705 Santiago). Horario: 10’30 a 14, 16’30 a 20’30. Sábados e Domingos aberto ao medio día). Pódese efectuar tamén a matrícula cubrindo a ficha de inscrición adxunta (na páxina web) e reenviandoa a: lardasmeigas@gmail.com. Tamén é posible realizar tamén o pagamento da matrícula en Ibercaja, nº de conta: 20858265160330075713, indicando que en que curso se inscribe ou en que sesión concreta (ou sesións), e presentando logo o resgardo en Lar das Meigas, o día da actividade.

Para máis información Teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / Páxina Web: www.lardasmeigas.com)

Admítese a inscrición nun curso completo, en ambos os dous, ou ben en determinadas sesións concretas (que poden pertencer aos dous cursos). Recoméndase efectuar o pagamento no momento de cubrir a ficha de inscrición. Prezos: Curso Completo de 5 sesións: 45 €. 2 Cursos Completos: 90 € (neste caso o alumno recibirá unha botella de viño como agasallo). Sesións independentes: 10 € cada una delas.

----------------------------------------------------------------------------------------------

FICHA DE INSCRIPCIÓN

Apelidos e Nome:

Enderezo (rúa e cidade):

E-mail:

Teléfono:

INSCRÍBESE (marcar cunha cruz a opción que interese):

No Conxunto do Curso 1:

Na 1ª Sesión do Curso 1 (Novembro. 3 Mércores) Charles Baudelaire:

Na 2ª Sesión do Curso 1 (Novembro. 17 Mércores) Álvaro Cunqueiro:

Na 3ª Sesión do Curso 1 (Decembro. 1 Mércores) Miguel de Cervantes.

Na 4ª Sesión do Curso 1 (Decembro. 22 Mércores) Ramón María del Valle-Inclán:

Na 5ª Sesión do Curso 1 (Xaneiro. 19 Mércores) Aymeric Picaud (Códice Calixtino):

No Conxunto do Curso 2:

Na 1ª Sesión do Curso 2 (Novembro. 9 Martes) Rosalía Castro:

Na 2ª Sesión do Curso 2 (Novembro. 23 Martes) Emilia Pardo Bazán:

Na 3ª Sesión do Curso 2 (Decembro. 15 Mércores) Federico García Lorca:

Na 4ª Sesión do Curso 2 (Xaneiro. 12 Mércores) Pablo Neruda:

Na 5ª Sesión do Curso 2 (Xaneiro. 26 Mércores) Ernest Hemingway:

Cursos Cultura do Viño, Literatura e Música (Por: Xavier Castro))

miércoles, 13 de octubre de 2010

Montaigne (I)

Como queira que a literatura constitúe a mellor expresión do espírito dos pobos, resulta paladinamente claro que quen máis acaidamente representa a cultura alemana é Goethe, a italiana Dante, a británica Shakespeare e a española Cervantes. En cambio, no que concerne á cultura francesa, os candidatos son varios: Molière, Montaigne, Voltaire, Rousseau, Víctor Hugo... (Sartre, xa non, pois a súa figura quedou moi devaluada nos últimos lustros). A elección depende en boa medida de como afronten as obras respectivas o paso do tempo. Caben poucas dúbidas de que no século XX, os Essais de Montaigne aparecen como a obra de creación cimeira. O premio Nóbel André Gide opinaba que Montaigne era o escritor francés que se podería propoñer como faro da cultura europea, a carón de Goethe. Un momento culminante na exaltación de Montaigne veu dado pola resolución de François Miterrand, que acababa de ser elixido presidente da República Francesa, en 1981, de facerse retratar na fotografía oficial, tomada na biblioteca do pazo do Eliseo, sostendo Os Ensaios na man. Durante catorce anos, a partir de entón, a obra figurou en todos os concellos e nas embaixadas de Francia en todo o mundo. Miterrand elixiu a Montaigne para darlles aos franceses unha imaxe de seu como home de cultura e humanista, e para achegar a todo o mundo a imaxe dunha Francia apaixonada pola liberdade, a tolerancia e creadora dos dereitos do home. Mais, a devoción polo humanista francés do século XVI non se limitou ao seu país natal. Non se pode obviar o feito de que existe unha ampla minoría de lectores esixentes en toda Europa, dotados dun criterio moi selecto, que segue a inclinarse a prol de Montaigne. As últimas obras que centraron a atención de Tolstoi antes de morrer foron os Essais de Montaigne, e os Pensées de Pascal, segundo refire Vargas Llosa. De engádega, tras o afundimento do nazismo, no campo de prisioneiros no que foi internado o soldado mozo Günter Grass -conta el mesmo nas súas memorias, que titulou Pelando a cebola-, cociñaba ortigas e cogomelos para completar a súa mesquiña alimentación, pois o plan Morgenthau limitáballes moito a ración facéndolles pasar fame. Pero aínda peor era a situación nos campos de prisioneiros alemáns rexentados polos rusos. O escritor alemán compartía a comida cun cabo, que achegaba o sal. Desde entón gustáballe cociñar para invitados. Tamén imaxinarios e históricos, como Montaigne, con quen lle pracía cultivar a arte da conversación. Eran verdadeiramente moi curiosos estes banquetes con personaxes da antigüidade aos que admiraba e gustaba, por conseguinte, convidar á súa mesa para departir con eles tanto sobre asuntos filosóficos como gastronómicos, e neste sentido, como é ben sabido, co señor Montaigne resulta máis factible que case con ningún outro charlar sobre o divino e o humano. Membros desta conferiría foron Josep Pla, na cultura catalá, e Álvaro Cunqueiro, na galega, quen partillou a admiración que sentiu polo escritor galo coa que profesaba por un ilustre dramaturgo inglés, coetáneo do primeiro, de quen dicía que a Shakespeare ía, cando non era que de Shakespeare viña.

(Publicado en Galicia Hoxe, 08/10/2010)

martes, 12 de octubre de 2010

Viño Branco e Gusto Popular

O viño de Ribadavia coñeceu un grande prestixio no século XVI. Nesta época, a produción de viño tinto e branco repartíase, pouco máis ou menos, por metade, quizais cun lixeiro predominio do vermello. Por poñer un caso, o mosteiro de San Clodio de Ribadavia recibía 553 moios de viño tinto, e 355 de branco. No corazón do Ribeiro predominaban as cepas de branco, en tanto que na periferia, nomeadamente na "tierra subida a la montaña", era máis abondoso o tinto. Foi o viño branco quen conquistou a celebridade do viño do país do Avia, e por tal motivo tiña unha cotización netamente superior ao tinto: así, a finais do século XVI, en Sadornín (Cenlle) o viño novo branco valía 16 reais e medio o moio, en tanto que o tinto cotizábase a 11 reais. En contraste coa preferencia que adoitaban mostrar as elites e os consumidores estranxeiros, o gusto local, o dos labregos de Galicia, decantábase con claridade polo viño tinto. Así, poño por caso, as coplas e paremias populares adoitan referirse sobre todo ó Ribeiro tinto, moito máis que ó branco. Nunha destas coplas, por vía de exemplo, o cantor amosa ter claro o seu gosto: Sabedes que a miña gorxa / non a fixo un carpinteiro;/ dádeme pra que vos cante / sangue roxo do Ribeiro. E isto continuou a ser así ata hai uns corenta anos, cando mudaron as preferencias do padal. Convén lembrar que cando se descubriron minas de ouro en California se desencadeou unha febre que levou a moitos aventureiros e desprazarse ata alí na procura dun enriquecemento rápido, como reflectiu Chaplin na divertida película A quimera do ouro. Porén, ao cabo, isto non foi tan decisivo para o logro da prosperidade económica como a produción de froita que a privilexiada rexión norteamericana exportou a todo o mundo. Por parte, do mesmo xeito que o vento pode chegar a ser o petróleo de Galicia (mercé á enerxía eólica) o viño branco do Ribeiro, puido supoñer noutrora unha enxurrada de ouro para o país, se o río Miño fose navegable, e os nosos emprendedores de entón algo máis espilidos. Dende logo, isto puido ter un valor superior ao do ouro que os romanos arrincaron das Medulas, na antiga Gallaecia. Nada impide que o bucle da utopía, fallida nunha volta, poida tornarse efectiva e frutificar noutra. Os brancos actuais, nomeadamente os albariños, que atravesan por unha idade de ouro están chamados a converterse hoxe en día nunha grande fonte de riqueza: nun verdadeiro tesouro para Galicia. Os colleiteiros fan figura de rei Midas, transformando un excelente viño branco, universalmente apreciado: fan dun froito da terra auténtico ouro líquido.

Agora é preciso promover máis, e de mellor xeito, o consumo do viño na propia Galicia. E un dos xeitos de facelo é implementando as rutas do viño, que teñen moito que mellorar. E preciso fomentar o enoturismo, promocionando unha oferta que combine as rutas polas adegas, cos restaurantes que ofrezan a gastronomía local, os balnearios termais e spas, as casas rurais e o patrimonio tanto material como inmaterial. Pero é mester un enfoque que estruture e artelle ben todos estes factores. Moito por facer, pero tamén moito que gañar...

(Publicado en Galicia Hoxe, 28/09/2010)