domingo, 28 de noviembre de 2010

CURSO 1º DE CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

3ª SESIÓN: MIGUEL DE CERVANTES

Lugar: Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago).

Data: mércores, 1 de Decembro, ás 20 horas.

Condutor da Sesión: Xavier Castro

Adega invitada: Castro de Lobarzán (D.O. Monterrei)

Con buenos vinos pusieron en olvido todas las borrascas pasadas con el presente gaudeamus. (Cervantes: El Licenciado Vidriera.)

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

A terceira sesión do 1º Curso de Cultura do Viño, Literatura e Musica vai estar dedicada ao escritor máis ilustre das letras hispanas, Miguel de Cervantes, quen en obras tan singulares como Don Quixote e as que compoñen as Novelas Exemplares aludiu a aspectos moi relevantes da cultura do viño e a gastronomía do conxunto de España no Século de Ouro. É, ademais, moi de agradecer que Cervantes ponderara o viño de Galicia en El licenciado vidriera.

Os comentarios do director do curso, Xavier Castro (autor de A rosa do viño, A la sombra ejemplar de los parrales e A mesa e manteis), e as intervencións da profesora María Outes, darán conta das características esencias da súa obra literaria e dos seus suxestivos testemuños sobre os viños máis reputados na España daquel tempo –na que o viño tinto era o máis popular- e do peculiar xeito de bebelos e catalos. Combinaranse estas exposicións coa audición de obras musicais de século XVI e composicións clásicas inspiradas na inesquecible obra cervantina, como as de Richard Strauss, Maurice Ravel e Ernesto Halffter (ilustradas con vídeos exhibidos nunha pantalla).

Mais convén tamén mollar a palabra e, deste xeito, as glosas e comentarios iranse entreverando co paladeo do viños da adega invitada para esta sesión, que estará representada por Jose Manuel Fernández Justo: Castro de Lobarzán, que elabora con excelencia viños brancos e tintos, e se encontra situada na innovadora e punxente D.O. Monterrei. Coa súa contribución temos garantido o goce duns caldos espléndidos, amistosos, acolledores e cálidos, que a bo seguro constituirían o soño de Sancho Panza, quen, incapaz de facer gala de modestia –que si sabía practicar en cambio o seu amo- gabábase de buen mojón, que era a expresión que se empregaba daquela para significar que era moi avezado na nobre arte de catar os viños.

Como apuntaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Con ámbalas dúas especies nutríronse os galegos e, consonte con isto, servirase un compango de queixo manchego e castañas, apoiado en pan candeal e moreno, cocido en forno de leña, que a todo isto da dereito a inscrición (10 €).

Ao cabo, farase así mesmo un concurso de apreciación do viño por medio da representación plástica, tomando como referencia e fonte de inspiración as obras de arte que ilustraron ao longo da historia a cultura do viño e teñen a Baco como ilustre mentor. Mais non nos despediremos deste encontro cordial sen antes invocar ao patrón desta sensible confraría de amadores do viño, a literatura e a música: San Migueliño das uvas maduras, / moito me tardas, pouco me duras.

Agardo que a sesión a todos preste, ilustre e divirta.

(Para máis información Teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122 / 609 653 228. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / franciscojavier.castro.perez@usc.es/ Páxina Web: www.lardasmeigas.com)

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *

PROGRAMA XERAL DOS CURSOS DE:

CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

Lar das Meigas: Espazo para a convivialidade cordial. Un ámbito para a cultura e o goce do viño.

O propósito destes cursos consiste na realización dun achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce do viño.

Estes cursos teñen unha orientación transversal, que pretende integrar a cultura do viño coa creación literaria e a musical. En cada sesión se degustaran viños de adegueiros galegos (nomeadamente artesáns, que tamén tomarán parte no acto) que polas súas propiedades garden relación coa obra (e, por veces, tamén coa vida) dun determinado escritor. Explicitarase o vencello que existe entre ambos, comentaranse os apartados da obra literaria nos que se fai mención ao viño, e mesmo se fará un recitado de poemas e fragmentos en prosa.

Os dous cursos de Cultura do Viño, Literatura e Música consistirán en sendos ciclos de cinco sesións cada un deles. O curso 1º está plantexado para os novos alumnos, en tanto que o 2º está concibido para os veteranos. De tódolos xeitos, admítese tanto a inscrición completa no primeiro dos cursos unicamente, como só no segundo, ou ben en ambos os dous, e tamén dun xeito independente nas sesións que o interesado prefira, facendo coa súa libre escolla un menú persoal que combine determinadas sesións dos dous cursos.

Este son os escritores aos que está dedicado o 1º CURSO: Charles Baudelaire, Álvaro Cunqueiro, Miguel de Cervantes, Ramón María del Valle-Inclán e Aymeric Picaud (autor da primeira guía de peregrinos, incluída no Códice Calixtino, onde alude ao viño no Camiño de Santiago).

Polo demais, os escritores aos que está dedicado o 2º CURSO son os seguintes: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Federico García Lorca, Pablo Neruda e Ernest Hemingway.

As explicacións do condutor do curso farán referencia ao escritor que centre o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura do viño, a temática gastronómica relacionada con ela (nomeadamente, as maridaxes entre o viño e a gastronomía) e estarán entrefrebadas coas intervencións dos participantes (aléntase a participación e son benvidos os comentarios e as preguntas dos alumnos) e con momentos de goce e padaleo do viño.

Haberá, asimesmo, interludios musicais nos que se escoitaran pezas alusivas á cultura do viño (visualizadas nunha pantalla dixital) e que garden algún tipo de vínculo co escritor que protagoniza cada sesión, tanto fragmentos de óperas ou obras clásicas de diferente xaez, como tamén jazz e música popular tradicional.

O viño reclama algún compango e, deste xeito, servíranse pinchos compostos por bos pans campesiños, de millo e centeo, amén de friames de porco celta e algún petisco de queixo (a todo isto da dereito a inscrición).

Non se exclúe que a sesión poida rematar, se o ambiente creado polas persoas asistentes o fai pertinente, cun canto coral no que participemos tod@s. O esencial é que cada sesión constitúa unha experiencia de goce da convivialidade arredor do viño –que foi decote un pracer social-, dun xeito lúdico, pracenteiro e cultural. Preténdese que resulte interesante, motivador, que induza a máis amplas lecturas e a sabios padaleos de estimables viños. Nestas sesións teórico-prácticas e lúdico-serias (ou jocoserias, que dirían os nosos devanceiros composteláns) importa moito desenvolver o espírito e difundir unha cultura da bebida acougada, de calidade e compartida.

Como complemento dos cursos prevese realizar excursións a adegas emprazadas nas rutas dos viños que se anunciaran oportunamente e terán un custe suplementario.

Fará de condutor dos cursos o amateur da cultura do viño, Xavier Castro, profesor de Hª Contemporánea na USC e autor dos libros: A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea), A rosa do viño (Galaxia) e A mesa e manteis (Biblos, Col. Mandaio; Yantares gallegos, na versión en castelán da USC).

CURSO VIÑO 1, SESIÓNS:

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

1ª Sesión (Novembro. 3 Mércores): Charles Baudelaire.

2ª Sesión (Novembro. 17 Mércores): Álvaro Cunqueiro.

3ª Sesión (Decembro. 1 Mércores): Miguel de Cervantes.

4ª Sesión (Decembro. 22 Mércores): Ramón María del Valle-Inclán.

5ª Sesión (Xaneiro. 19 Mércores): Aymeric Picaud (Códice Calixtino). Viño no Camiño de Santiago.

CURSO VIÑO 2, SESIÓNS:

1ª Sesión (Novembro. 9 Martes): Rosalía de Castro.

2ª Sesión (Novembro. 23 Martes): Emilia Pardo Bazán.

3ª Sesión (Decembro. 15 Mércores): Federico García Lorca.

4ª Sesión (Xaneiro. 12 Mércores): Pablo Neruda.

5ª Sesión (Xaneiro. 26 Mércores): Ernest Hemingway.

HORARIO: de 20 a 22 horas.

LUGAR DE REALIZACIÓN

As sesións terán lugar no local Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago)

INSCRICIÓN

A inscrición realizarase no local de Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. 15705 Santiago). Horario: 10’30 a 14, 16’30 a 20’30. Sábados e Domingos aberto ao medio día). Pódese efectuar tamén a matrícula cubrindo a ficha de inscrición adxunta (na páxina web) e reenviandoa a: lardasmeigas@gmail.com. Tamén é posible realizar tamén o pagamento da matrícula en Ibercaja, nº de conta: 20858265160330075713, indicando que en que curso se inscribe ou en que sesión concreta (ou sesións), e presentando logo o resgardo en Lar das Meigas, o día da actividade.

Para máis información Teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122 / 609 653 228. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / franciscojavier.castro.perez@usc.es/ Páxina Web: www.lardasmeigas.com)

Admítese a inscrición nun curso completo, en ambos os dous, ou ben en determinadas sesións concretas (que poden pertencer aos dous cursos). Recoméndase efectuar o pagamento no momento de cubrir a ficha de inscrición. Prezos: Curso Completo de 5 sesións: 45 €. 2 Cursos Completos: 90 € (neste caso o alumno recibirá unha botella de viño como agasallo). Sesións independentes: 10 € cada una delas.

Cervantes e o Viño

Miguel de Cervantes, o máis ilustre escritor das letras hispanas, en obras tan singulares como Don Quixote e as que compoñen as Novelas Exemplares aludiu a aspectos moi relevantes da cultura do viño e a gastronomía do conxunto de España no Século de Ouro. É, ademais, moi de agradecer que Cervantes ponderara o viño de Galicia en El licenciado vidriera. O Quixote é un libro que conmove como ningún outro Nos emociona o seu sentir, que é unha das claves do estilo cervantino, posto que “quen sabe sentir, sabe dicir”. Ten un punto entrañable. É un libro pleno de amor. O autor axuda a que o lector descubra en si mesmo o que ten de mellor: unha infinita capacidade de comprensión, o amor cara ás cousas e as criaturas, e desde logo tamén cara aos froitos da terra.

Referirémonos a unha cuestión que se suscita no Don Quixote, de Cervantes. Sancho Panza, bon “mojón”, é dicir, catador de viños, aparece nunha determinada pasaxe empinando a bota de viño que lle ofrece o escudeiro do ‘Caballero del Bosque’, e así estivo ollando as estrelas un bo carto de hora. Dá logo un grande salaio ó rematar e loa a súa calidade, en forma irónica, dando a entender o contrario do que aparenta dicir: –“¡Oh hideputa, bellaco, y cómo es católico!”. Que está loando o viño, é incuestionable, como o da a entender o contexto da escea e, como, asemade advirte Francisco Rico, nunha nota ó pe, onde traduce a expresión de Sancho por: “qué bo está”. O que non aclara, en cambio, o erudito cervantino, e non viría mal para a comprensión da frase, é qué diantre quere dicir o semantema “y cómo es católico”.

Temos, así pois, plantexado nos clásicos da literatura o binomio, neboento en apariencia, viño “cristiano” / “moro”. Sácanos de dúbidas o Diccionario da ‘Real Academia Española de la Lengua, que contempla a acepción de “moro” nun senso figurado e familiar: sinala, en efecto, que: “Aplícase al vino que no está aguado, en contraposición al bautizado o aguado”. É dicir, “bautizado” ou “cristiano”, poderíamos engadir, pola nosa parte. Este uso de tales vocábulos semella ter sido moeda corrente antano, como o confirma a súa plasmación nun dito popular, recollido no refraneiro de Francisco Rodríguez Marín: “Vino bautizado no vale un cornado; vino moro, plata y oro”. Podemos aclarar moi ben agora a paradóxica laudatio feita por Sancho ó viño; semella querer dicir isto: que o viño en cuestión era bo (non “hideputa”), leal (non “bellaco”), e “moro”, (non augado, “bautizado”, ou “católico”).

Polo demais, na literatura de Valle-Inclán tamén se plantexa a cuestión da pureza do viño, o feito de que fose “moro”. En efecto, nunha das Comedias Bárbaras, ‘Cara de Plata’, encontrámonos nun pobo cunha mesoneira que inquire a uns fidalgos que recalaran no local, qué clase de viño querían que lles servira, da terra ou ben do Ribeiro. Un deles, don Pedrito, respóndelle: “-Sea moro y sea del infierno”. A mesoneira, pola súa banda, precisalle na súa resposta que: “-Todo él es moro”.

(Publicado en Galicia Hoxe, 25/11/2010)

viernes, 26 de noviembre de 2010

Cursos de Cultura do Viño. Sesión sobre Cervantes e o Viño. Lar das Meigas

CURSO 1º DE CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

3ª Sesión: MIGUEL DE CERVANTES

Lugar: Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago).

Data: mércores, 1 de Decembro, ás 20 horas.

Condutor da Sesión: Xavier Castro

Adega invitada: Castro de Lobarzán (D.O. Monterrei)

-Con buenos vinos pusieron en olvido todas las borrascas pasadas con el presente gaudeamus. (Cervantes: El Licenciado Vidriera.)

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

A terceira sesión do 1º Curso de Cultura do Viño, Literatura e Musica vai estar dedicada ao escritor máis ilustre das letras hispanas, Miguel de Cervantes, quen en obras tan singulares como Don Quixote e as que compoñen as Novelas Exemplares aludiu a aspectos moi relevantes da cultura do viño e a gastronomía do conxunto de España no Século de Ouro. É, ademais, moi de agradecer que Cervantes ponderara o viño de Galicia en El licenciado vidriera.

Os comentarios do director do curso, Xavier Castro (autor de A rosa do viño, A la sombra ejemplar de los parrales e A mesa e manteis), darán conta das características esencias da súa obra literaria e dos seus suxestivos testemuños sobre os viños máis reputados na España daquel tempo –na que o viño tinto era o máis popular- e do peculiar xeito de bebelos e catalos. Combinaranse estas exposicións coa audición de obras musicais de século XVI e composicións clásicas inspiradas na inesquecible obra cervantina, como as de Richard Strauss, Maurice Ravel e Ernesto Halffter (ilustradas con vídeos exhibidos nunha pantalla).

Mais convén tamén mollar a palabra e, deste xeito, as glosas e comentarios iranse entreverando co paladeo do viños da adega invitada para esta sesión, que estará representada por Jose Manuel Fernández Justo: Castro de Lobarzán, que elabora con excelencia viños brancos e tintos, e se encontra situada na innovadora e punxente D.O. Monterrei. Coa súa contribución temos garantido o goce duns caldos espléndidos, amistosos, acolledores e cálidos, que a bo seguro constituirían o soño de Sancho Panza, quen, incapaz de facer gala de modestia –que si sabía practicar en cambio o seu amo- gabábase de buen mojón, que era a expresión que se empregaba daquela para significar que era moi avezado na nobre arte de catar os viños.

Como apuntaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Con ámbalas dúas especies nutríronse os galegos e, consonte con isto, servirase un compango de queixo manchego e castañas, apoiado en pan candeal e moreno, cocido en forno de leña, que a todo isto da dereito a inscrición (10 €).

Ao cabo, farase así mesmo un concurso de apreciación do viño por medio da representación plástica, tomando como referencia e fonte de inspiración as obras de arte que ilustraron ao longo da historia a cultura do viño e teñen a Baco como ilustre mentor. Mais non nos despediremos deste encontro cordial sen antes invocar ao patrón desta sensible confraría de amadores do viño, a literatura e a música: San Migueliño das uvas maduras, / moito me tardas, pouco me duras.

Agardo que a sesión a todos preste, ilustre e divirta.

(Para máis información Teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122 / 609 653 228. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / franciscojavier.castro.perez@usc.es/ Páxina Web: www.lardasmeigas.com)

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *

PROGRAMA XERAL DOS CURSOS DE:

CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

Lar das Meigas: Espazo para a convivialidade cordial. Un ámbito para a cultura e o goce do viño.

O propósito destes cursos consiste na realización dun achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce do viño.

Estes cursos teñen unha orientación transversal, que pretende integrar a cultura do viño coa creación literaria e a musical. En cada sesión se degustaran viños de adegueiros galegos (nomeadamente artesáns, que tamén tomarán parte no acto) que polas súas propiedades garden relación coa obra (e, por veces, tamén coa vida) dun determinado escritor. Explicitarase o vencello que existe entre ambos, comentaranse os apartados da obra literaria nos que se fai mención ao viño, e mesmo se fará un recitado de poemas e fragmentos en prosa.

Os dous cursos de Cultura do Viño, Literatura e Música consistirán en sendos ciclos de cinco sesións cada un deles. O curso 1º está plantexado para os novos alumnos, en tanto que o 2º está concibido para os veteranos. De tódolos xeitos, admítese tanto a inscrición completa no primeiro dos cursos unicamente, como só no segundo, ou ben en ambos os dous, e tamén dun xeito independente nas sesións que o interesado prefira, facendo coa súa libre escolla un menú persoal que combine determinadas sesións dos dous cursos.

Este son os escritores aos que está dedicado o 1º CURSO: Charles Baudelaire, Álvaro Cunqueiro, Miguel de Cervantes, Ramón María del Valle-Inclán e Aymeric Picaud (autor da primeira guía de peregrinos, incluída no Códice Calixtino, onde alude ao viño no Camiño de Santiago).

Polo demais, os escritores aos que está dedicado o 2º CURSO son os seguintes: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Federico García Lorca, Pablo Neruda e Ernest Hemingway.

As explicacións do condutor do curso farán referencia ao escritor que centre o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura do viño, a temática gastronómica relacionada con ela (nomeadamente, as maridaxes entre o viño e a gastronomía) e estarán entrefrebadas coas intervencións dos participantes (aléntase a participación e son benvidos os comentarios e as preguntas dos alumnos) e con momentos de goce e padaleo do viño.

Haberá, asimesmo, interludios musicais nos que se escoitaran pezas alusivas á cultura do viño (visualizadas nunha pantalla dixital) e que garden algún tipo de vínculo co escritor que protagoniza cada sesión, tanto fragmentos de óperas ou obras clásicas de diferente xaez, como tamén jazz e música popular tradicional.

O viño reclama algún compango e, deste xeito, servíranse pinchos compostos por bos pans campesiños, de millo e centeo, amén de friames de porco celta e algún petisco de queixo (a todo isto da dereito a inscrición).

Non se exclúe que a sesión poida rematar, se o ambiente creado polas persoas asistentes o fai pertinente, cun canto coral no que participemos tod@s. O esencial é que cada sesión constitúa unha experiencia de goce da convivialidade arredor do viño –que foi decote un pracer social-, dun xeito lúdico, pracenteiro e cultural. Preténdese que resulte interesante, motivador, que induza a máis amplas lecturas e a sabios padaleos de estimables viños. Nestas sesións teórico-prácticas e lúdico-serias (ou jocoserias, que dirían os nosos devanceiros composteláns) importa moito desenvolver o espírito e difundir unha cultura da bebida acougada, de calidade e compartida.

Como complemento dos cursos prevese realizar excursións a adegas emprazadas nas rutas dos viños que se anunciaran oportunamente e terán un custe suplementario.

Fará de condutor dos cursos o amateur da cultura do viño, Xavier Castro, profesor de Hª Contemporánea na USC e autor dos libros: A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea), A rosa do viño (Galaxia) e A mesa e manteis (Biblos, Col. Mandaio; Yantares gallegos, na versión en castelán da USC).

CURSO VIÑO 1, SESIÓNS:

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

1ª Sesión (Novembro. 3 Mércores): Charles Baudelaire.

2ª Sesión (Novembro. 17 Mércores): Álvaro Cunqueiro.

3ª Sesión (Decembro. 1 Mércores): Miguel de Cervantes.

4ª Sesión (Decembro. 22 Mércores): Ramón María del Valle-Inclán.

5ª Sesión (Xaneiro. 19 Mércores): Aymeric Picaud (Códice Calixtino). Viño no Camiño de Santiago.

CURSO VIÑO 2, SESIÓNS:

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

1ª Sesión (Novembro. 9 Martes): Rosalía de Castro.

2ª Sesión (Novembro. 23 Martes): Emilia Pardo Bazán.

3ª Sesión (Decembro. 15 Mércores): Federico García Lorca.

4ª Sesión (Xaneiro. 12 Mércores): Pablo Neruda.

5ª Sesión (Xaneiro. 26 Mércores): Ernest Hemingway.

HORARIO: de 20 a 22 horas.

LUGAR DE REALIZACIÓN

As sesións terán lugar no local Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago)

INSCRICIÓN

A inscrición realizarase no local de Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. 15705 Santiago). Horario: 10’30 a 14, 16’30 a 20’30. Sábados e Domingos aberto ao medio día). Pódese efectuar tamén a matrícula cubrindo a ficha de inscrición adxunta (na páxina web) e reenviandoa a: lardasmeigas@gmail.com. Tamén é posible realizar tamén o pagamento da matrícula en Ibercaja, nº de conta: 20858265160330075713, indicando que en que curso se inscribe ou en que sesión concreta (ou sesións), e presentando logo o resgardo en Lar das Meigas, o día da actividade.

Para máis información Teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122 / 609 653 228. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / franciscojavier.castro.perez@usc.es/ Páxina Web: www.lardasmeigas.com)

Admítese a inscrición nun curso completo, en ambos os dous, ou ben en determinadas sesións concretas (que poden pertencer aos dous cursos). Recoméndase efectuar o pagamento no momento de cubrir a ficha de inscrición. Prezos: Curso Completo de 5 sesións: 45 €. 2 Cursos Completos: 90 € (neste caso o alumno recibirá unha botella de viño como agasallo). Sesións independentes: 10 € cada una delas.

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Cunqueiro Fala do Viño

Unha paseata pola xeografía dos viños galegos da man de Álvaro Cunqueiro resulta moi enriquecedora para mellorar a arte de falar dos viños. A súa literatura cumple tamén esta función. Apuntaba o escritor mindoniense que os viños de Lemos e Chantada, cando son brancos, semellan mazás reinetas, e cando tintos, “de la clara violeta”, sendo así que se comportan ledos, soltos e pobres. Cunqueiro gustaba moito destes tintos parvos. Coa axuda do Sil, producen Ponferrada e o Bierzo uns “agudos caldos, templados y ruidosos, con su agrillo y su espuma murmuradora”. Polo pai Miño abaixo perfílanse os ribeiros miñotos de Asma e de San Fiz, espallándose por alí as viñas de Belesar. Degustábanse competentes viños –como gostaba dicir Manuel María-, non tanto os brancos como os tintos. Cualificaba aos viños chantadinos como “moi serios”, provistos dun “corpo levián e soave”.

Polo que fai ós caldos do Barco de Valdeorras, resultan ó seu ver cabales e serios. Nomeadamente, o tinto valdeorrés semelláballe un viño ancho e severo, “con la medida de la boca cuando se está comiendo fuerte, y (…) con él calmas tu sed, con la paz y el dulzor con que una mano amiga se apoya en tu hombro”. Verbo do Amandi, refire a lenda de que resultaba caro ao emperador Augusto, e confesaba que, “Yo, cuando el bimilenario, bebí un poco, para ponerme a tono con la paz romana”. E engadía: “Un viño ilustre, sin dúbida, o de Amandi, moi cortés, recatando no “bouquet” ao comenzo, para despóis deixar que viva na boca aquel lento perfume, e vaia e veña…”. Grandes viños daban, sen dúbida ningunha, os ribeiros do Avia, que posuían unha cualidade inapreciable: daban a temperatura do home. Confiaba en que algún experto puxera de manifesto que os honrados e católicos viños do Ribeiro eran os máis aptos para o bandullo da latinidade europea. Ponderaba especialmente as excelencias do viño tostado Ribeiro, ambrosía e “madre de levitaciones”. Os viños de Ribadavia participan do aura que rodea o seu aberto e preclaro nome, de aí o seu sabor a feno, a melocotón e a outono. Cunqueiro apreciaba en gran medida os brancos que levaban máis dunha metade de treixadura. Parecíanlle os viños albos os máis axeitados para despabilar a mente. Servían para o aperitivo dos estudosos, do Padre Feixóo, ou do seu mestre, Otero Pedrayo. E ademais, “á tardiña, preparan a ialma para a contemplación das brilantes estrelas”. Confiaba don Álvaro nas virtualidades dos caldos -nomeadamente brancos- en tanto que espoleadores das capacidades creativas dos escritores. Salientábao así no caso de Shakespeare, coidando que ben puidera ser que algunhas das esceas das súas mellores pezas foran fillas de “eses lóstregos que algúns viños, lúcidos e falangueiros, abren na mente”. Prodixios que os nobres viños son quen de facer.

En Salvaterra, na bisbarra do Condado, parecíalle que era Meder quen adoitaba producir os mellores tintos, caldos tradicionalmente serios e secos. Tan estupendos viños obtiveron nombradía e galardóns porque “se abrían en la boca como las alas de un pájaro que despegase después de peteirar un racimo”.

(Publcado en Galicia Hoxe, 19/11/2010)

CURSO DE CULTURA DO VIÑO; PARDO BAZÁN

CURSO DE CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

Sesión: EMILIA PARDO BAZÁN

Lugar: Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago).

Data: Novembro, 23 martes, ás 20 horas.

Condutor da sesión: Xavier Castro

Adega invitada: Regina Viarum (D.O. Ribeira Sacra)

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

A segunda sesión do 2º Curso de Cultura do Viño, Literatura e Música está dedicada a escritora e intelectual quizais máis relevante das letras hispanas da época contemporánea: Emilia Pardo Bazán. As cuestións referidas á cultura do viño teñen unha presenza moi salientable nas súas obras, coas que achega un testemuño de inestimable valor para a recreacións da sociedade galega do pasado.

Os comentarios do condutor do acto, Xavier Castro, darán conta das características esencias da súa personalidade e obra literaria, deténdose especialmente na consideración dos aspectos enolóxicos.

Mais convén tamén mollar a palabra e, deste xeito, as glosas e comentarios iranse entreverando co paladeo dos viños da Ribeira Sacra, pertencentes a prestixiosa adega Regina Viarum, que estará representada por Iván Gómez, e o recitado dalgúns textos senlleiros de Emilia Pardo Bazán, mesturado todo coa audición de documentais, pezas musicais galegas e composicións de música clásica (ilustradas con vídeos exhibidos nunha pantalla).

Como apuntaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Con ámbalas dúas especies mantivéronse os galegos na encrucillada da vida, nutrindo con elas os corpos e confortando os espíritos, tanto nas horas ledas como nas etapas pesarosas. Consonte con isto, serviranse pinchos compostos por bo pan campesiño de millo e de centeo, tan presentes nas obras da escritora coruñesa, e máis un compango de friames de porco celta e castañas asadas, que a todo isto da dereito a inscrición.

Farase asimesmo un concurso de apreciación literaria do viño, tomando como referencia e fonte de inspiración as expresións enolóxicas populares e asemade tamén as literarias.

(Para máis información Teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122 / 609 653 228. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / franciscojavier.castro.perez@usc.es/ Páxina Web: www.lardasmeigas.com)

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *

PROGRAMA XERAL DOS CURSOS DE:

CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

Lar das Meigas: Espazo para a convivialidade cordial. Un ámbito para a cultura e o goce do viño.

O propósito destes cursos consiste na realización dun achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce do viño.

Estes cursos teñen unha orientación transversal, que pretende integrar a cultura do viño coa creación literaria e a musical. En cada sesión se degustaran viños de adegueiros galegos (nomeadamente artesáns, que tamén tomarán parte no acto) que polas súas propiedades garden relación coa obra (e, por veces, tamén coa vida) dun determinado escritor. Explicitarase o vencello que existe entre ambos, comentaranse os apartados da obra literaria nos que se fai mención ao viño, e mesmo se fará un recitado de poemas e fragmentos en prosa.

Os dous cursos de Cultura do Viño, Literatura e Música consistirán en sendos ciclos de cinco sesións cada un deles. O curso 1º está plantexado para os novos alumnos, en tanto que o 2º está concibido para os veteranos. De tódolos xeitos, admítese tanto a inscrición completa no primeiro dos cursos unicamente, como só no segundo, ou ben en ambos os dous, e tamén dun xeito independente nas sesións que o interesado prefira, facendo coa súa libre escolla un menú persoal que combine determinadas sesións dos dous cursos.

Este son os escritores aos que está dedicado o 1º CURSO: Charles Baudelaire, Álvaro Cunqueiro, Miguel de Cervantes, Ramón María del Valle-Inclán e Aymeric Picaud (autor da primeira guía de peregrinos, incluída no Códice Calixtino, onde alude ao viño no Camiño de Santiago).

Polo demais, os escritores aos que está dedicado o 2º CURSO son os seguintes: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Federico García Lorca, Pablo Neruda e Ernest Hemingway.

As explicacións do condutor do curso farán referencia ao escritor que centre o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura do viño, a temática gastronómica relacionada con ela (nomeadamente, as maridaxes entre o viño e a gastronomía) e estarán entrefrebadas coas intervencións dos participantes (aléntase a participación e son benvidos os comentarios e as preguntas dos alumnos) e con momentos de goce e padaleo do viño.

Haberá, asimesmo, interludios musicais nos que se escoitaran pezas alusivas á cultura do viño (visualizadas nunha pantalla dixital) e que garden algún tipo de vínculo co escritor que protagoniza cada sesión, tanto fragmentos de óperas ou obras clásicas de diferente xaez, como tamén jazz e música popular tradicional.

O viño reclama algún compango e, deste xeito, servíranse pinchos compostos por bos pans campesiños, de millo e centeo, amén de friames de porco celta e algún petisco de queixo (a todo isto da dereito a inscrición).

Non se exclúe que a sesión poida rematar, se o ambiente creado polas persoas asistentes o fai pertinente, cun canto coral no que participemos tod@s. O esencial é que cada sesión constitúa unha experiencia de goce da convivialidade arredor do viño –que foi decote un pracer social-, dun xeito lúdico, pracenteiro e cultural. Preténdese que resulte interesante, motivador, que induza a máis amplas lecturas e a sabios padaleos de estimables viños. Nestas sesións teórico-prácticas e lúdico-serias (ou jocoserias, que dirían os nosos devanceiros composteláns) importa moito desenvolver o espírito e difundir unha cultura da bebida acougada, de calidade e compartida.

Como complemento dos cursos prevese realizar excursións a adegas emprazadas nas rutas dos viños que se anunciaran oportunamente e terán un custe suplementario.

Fará de condutor dos cursos o amateur da cultura do viño, Xavier Castro, profesor de Hª Contemporánea na USC e autor dos libros: A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea), A rosa do viño (Galaxia) e A mesa e manteis (Biblos, Col. Mandaio; Yantares gallegos, na versión en castelán da USC).

CURSO VIÑO 1, SESIÓNS:

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

1ª Sesión (Novembro. 3 Mércores): Charles Baudelaire.

2ª Sesión (Novembro. 17 Mércores): Álvaro Cunqueiro.

3ª Sesión (Decembro. 1 Mércores): Miguel de Cervantes.

4ª Sesión (Decembro. 22 Mércores): Ramón María del Valle-Inclán.

5ª Sesión (Xaneiro. 19 Mércores): Aymeric Picaud (Códice Calixtino). Viño no Camiño de Santiago.

CURSO VIÑO 2, SESIÓNS:

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

1ª Sesión (Novembro. 9 Martes): Rosalía de Castro.

2ª Sesión (Novembro. 23 Martes): Emilia Pardo Bazán.

3ª Sesión (Decembro. 15 Mércores): Federico García Lorca.

4ª Sesión (Xaneiro. 12 Mércores): Pablo Neruda.

5ª Sesión (Xaneiro. 26 Mércores): Ernest Hemingway.

HORARIO: de 20 a 22 horas.

LUGAR DE REALIZACIÓN

As sesións terán lugar no local Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago)

INSCRICIÓN

A inscrición realizarase no local de Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. 15705 Santiago). Horario: 10’30 a 14, 16’30 a 20’30. Sábados e Domingos aberto ao medio día). Pódese efectuar tamén a matrícula cubrindo a ficha de inscrición adxunta (na páxina web) e reenviandoa a: lardasmeigas@gmail.com. Tamén é posible realizar tamén o pagamento da matrícula en Ibercaja, nº de conta: 20858265160330075713, indicando que en que curso se inscribe ou en que sesión concreta (ou sesións), e presentando logo o resgardo en Lar das Meigas, o día da actividade.

Para máis información Teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122 / 609 653 228. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / franciscojavier.castro.perez@usc.es/ Páxina Web: www.lardasmeigas.com)

Admítese a inscrición nun curso completo, en ambos os dous, ou ben en determinadas sesións concretas (que poden pertencer aos dous cursos). Recoméndase efectuar o pagamento no momento de cubrir a ficha de inscrición. Prezos: Curso Completo de 5 sesións: 45 €. 2 Cursos Completos: 90 € (neste caso o alumno recibirá unha botella de viño como agasallo). Sesións independentes: 10 € cada una delas.

domingo, 14 de noviembre de 2010

Sesión Álvaro Cunqueiro, Curso Cultura do Viño / Lar das Meigas

CURSO 1º DE CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

2ª Sesión: Álvaro Cunqueiro

Lugar: Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago).

Data: Novembro, 17 mércores, ás 20 horas.

Condutor da sesión: Xavier Castro

Adega invitada: Cabaleiro do Val

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

A segunda sesión do 1º Curso de Cultura do Viño, Literatura e Música está dedicada a un dos escritores más imaxinativos das nosas letras e forxador ademais dunha peculiar sensibilidade en relación cos viños e a gastronomía de Galicia: Álvaro Cunqueiro.

Os comentarios do condutor do acto, Xavier Castro, e as intervencións da profesora María Outes, darán conta das características esencias da súa obra literaria e da súa decisiva achega ao estudo e enaltecemento dos viños galegos.

Nesta ocasión servirase un tipo de viño moi apreciado por Cunqueiro, procedente dunha acreditada adega da Terra do Salnés, Cabaleiro do Val, situada en Dena (Meaño) que elabora un viño albariño de gran calidade e feitío artesán. Poderemos coñecer así a prestancia e autenticidade das adegas artesáns da D.O. Rías Baixas, cuxa asociación preside o propietario da devandita adega, Paco Dovalo, a quen teremos ocasión de escoitar nesta sesión.

Mais convén tamén mollar a palabra e, deste xeito, as glosas e comentarios iranse entreverando co paladeo do viño albariño, e o recitado dalgúns textos senlleiros de Álvaro Cunqueiro, mesturado todo coa audición de poemas musicados e cancións (ilustradas con vídeos exhibidos nunha pantalla) de Amancio Prada, Luís Emilio Batallán, cantigas populares e algunhas obras clásicas.

Como apuntaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Con ámbalas dúas especies nutríronse os galegos e, consonte con isto, serviranse pinchos compostos por bo pan de molete de Compostela, cocido en forno de leña, loado por Cunqueiro como un dos máis sabedeiros do país, e máis un compango de queixo e castañas asadas, que a todo isto da dereito a inscrición.

Farase asimesmo un concurso de apreciación literaria do viño, tomando como referencia e fonte de inspiración as expresións enolóxicas do escritor de Mondoñedo.

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *

PROGRAMA XERAL DOS CURSOS DE:

CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

Lar das Meigas: Espazo para a convivialidade cordial. Un ámbito para a cultura e o goce do viño.

O propósito destes cursos consiste na realización dun achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce do viño.

Estes cursos teñen unha orientación transversal, que pretende integrar a cultura do viño coa creación literaria e a musical. En cada sesión se degustaran viños de adegueiros galegos (nomeadamente artesáns, que tamén tomarán parte no acto) que polas súas propiedades garden relación coa obra (e, por veces, tamén coa vida) dun determinado escritor. Explicitarase o vencello que existe entre ambos, comentaranse os apartados da obra literaria nos que se fai mención ao viño, e mesmo se fará un recitado de poemas e fragmentos en prosa.

Os dous cursos de Cultura do Viño, Literatura e Música consistirán en sendos ciclos de cinco sesións cada un deles. O curso 1º está plantexado para os novos alumnos, en tanto que o 2º está concibido para os veteranos. De tódolos xeitos, admítese tanto a inscrición completa no primeiro dos cursos unicamente, como só no segundo, ou ben en ambos os dous, e tamén dun xeito independente nas sesións que o interesado prefira, facendo coa súa libre escolla un menú persoal que combine determinadas sesións dos dous cursos.

Este son os escritores aos que está dedicado o 1º CURSO: Charles Baudelaire, Álvaro Cunqueiro, Miguel de Cervantes, Ramón María del Valle-Inclán e Aymeric Picaud (autor da primeira guía de peregrinos, incluída no Códice Calixtino, onde alude ao viño no Camiño de Santiago).

Polo demais, os escritores aos que está dedicado o 2º CURSO son os seguintes: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Federico García Lorca, Pablo Neruda e Ernest Hemingway.

As explicacións do condutor do curso farán referencia ao escritor que centre o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura do viño, a temática gastronómica relacionada con ela (nomeadamente, as maridaxes entre o viño e a gastronomía) e estarán entrefrebadas coas intervencións dos participantes (aléntase a participación e son benvidos os comentarios e as preguntas dos alumnos) e con momentos de goce e padaleo do viño.

Haberá, asimesmo, interludios musicais nos que se escoitaran pezas alusivas á cultura do viño (visualizadas nunha pantalla dixital) e que garden algún tipo de vínculo co escritor que protagoniza cada sesión, tanto fragmentos de óperas ou obras clásicas de diferente xaez, como tamén jazz e música popular tradicional.

O viño reclama algún compango e, deste xeito, servíranse pinchos compostos por bos pans campesiños, de millo e centeo, amén de friames de porco celta e algún petisco de queixo (a todo isto da dereito a inscrición).

Non se exclúe que a sesión poida rematar, se o ambiente creado polas persoas asistentes o fai pertinente, cun canto coral no que participemos tod@s. O esencial é que cada sesión constitúa unha experiencia de goce da convivialidade arredor do viño –que foi decote un pracer social-, dun xeito lúdico, pracenteiro e cultural. Preténdese que resulte interesante, motivador, que induza a máis amplas lecturas e a sabios padaleos de estimables viños. Nestas sesións teórico-prácticas e lúdico-serias (ou jocoserias, que dirían os nosos devanceiros composteláns) importa moito desenvolver o espírito e difundir unha cultura da bebida acougada, de calidade e compartida.

Como complemento dos cursos prevese realizar excursións a adegas emprazadas nas rutas dos viños que se anunciaran oportunamente e terán un custe suplementario.

Fará de condutor dos cursos o amateur da cultura do viño, Xavier Castro, profesor de Hª Contemporánea na USC e autor dos libros: A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea), A rosa do viño (Galaxia) e A mesa e manteis (Biblos, Col. Mandaio; Yantares gallegos, na versión en castelán da USC).

CURSO VIÑO 1, SESIÓNS:

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

1ª Sesión (Novembro. 3 Mércores): Charles Baudelaire.

2ª Sesión (Novembro. 17 Mércores): Álvaro Cunqueiro.

3ª Sesión (Decembro. 1 Mércores): Miguel de Cervantes.

4ª Sesión (Decembro. 22 Mércores): Ramón María del Valle-Inclán.

5ª Sesión (Xaneiro. 19 Mércores): Aymeric Picaud (Códice Calixtino). Viño no Camiño de Santiago.

CURSO VIÑO 2, SESIÓNS:

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

1ª Sesión (Novembro. 9 Martes): Rosalía de Castro.

2ª Sesión (Novembro. 23 Martes): Emilia Pardo Bazán.

3ª Sesión (Decembro. 15 Mércores): Federico García Lorca.

4ª Sesión (Xaneiro. 12 Mércores): Pablo Neruda.

5ª Sesión (Xaneiro. 26 Mércores): Ernest Hemingway.

HORARIO: de 20 a 22 horas.

LUGAR DE REALIZACIÓN

As sesións terán lugar no local Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago)

INSCRICIÓN

A inscrición realizarase no local de Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. 15705 Santiago). Horario: 10’30 a 14, 16’30 a 20’30. Sábados e Domingos aberto ao medio día). Pódese efectuar tamén a matrícula cubrindo a ficha de inscrición adxunta (na páxina web) e reenviandoa a: lardasmeigas@gmail.com. Tamén é posible realizar tamén o pagamento da matrícula en Ibercaja, nº de conta: 20858265160330075713, indicando que en que curso se inscribe ou en que sesión concreta (ou sesións), e presentando logo o resgardo en Lar das Meigas, o día da actividade.

Para máis información Teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / Páxina Web: www.lardasmeigas.com)