XORNADAS SOBRE VIÑO E CULTURA. 3ª
Sesión
Woody Allen: Midnight in Paris (cando París era unha
festa, nos anos vinte)
Bodega Urbana PEPE
MANTEQUILLA
UN
ÁMBITO PARA A CULTURA E O GOCE DO VIÑO
Condutor da
Sesión: Xavier Castro
Lugar: Bodega urbana Pepe Mantequilla (Rúa Rosalía Castro, 32. Vigo)
Data: Xoves, 10 de
Marzo, de 20’30 a 22’15 horas.
VIÑOS DE BARRIL DA ADEGA
PEPE MANTEQUILLA: SELECCIONADOS E
COMENTADOS POR JULIÁN RODRÍGUEZ
PRESENTACIÓN
A terceira sesión das Xornadas
sobre Viño e Cultura está dedicada a evocar
o ambiente cultural de París na década de 1920. Como lle acontece ao
protagonista da película de Woody Allen Midnight
in Paris, adentrarémonos no pasado da cidade luz, considerada o epicentro
das novas tendencias creativas. Achegarémonos así ao friso composto polos literatos
e artistas de vangarda que viviron nesta cidade. Coñeceremos a súa procura de
novos vieiros para a creación, que levaban a cabo entre discusións nas
tertulias dos cafés emprazados nos bulevares (non faltaría quen se referise
nalgunha delas á música de Cole Porter e as escandalosas farras celebradas no
seu apartamento parisino) namentres tomaban copas de absenta, pastis ou de viño
Burdeos. Entretanto, resoaban no ambiente os electrizantes acordes dos novidosos
ritmos do jazz.
Os comentarios do condutor da
sesión, Xavier Castro (especialista
na historia do viño e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015) daran conta dos
gustos predominantes en materia de viños e das claves esenciais dos creadores
que se deron cita naquel París dos tolos anos vinte, no que a vida era unha moveable feast, como gustaba dicir
Ernest Hemingway, e iránse mesturando coas achegas do vitivinicultor Julián Rodríguez.
Mais convén tamén mollar a palabra, e deste xeito as glosas e achegas
documentais iranse entreverando co goce de excelentes viños, combinado coa
audición de pezas musicais e cancións (ilustradas con vídeos) propias do mundo parisino
naquela época. Nesta ocasión poderemos apreciar os viños de barril da adega
urbana Pepe Mantequilla, que serán presentados por Julián Rodríguez, e máis cataremos
tamén algún viño francés.
Agora ben, como sinalaba Otero Pedrayo,
non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan.
Consecuentemente, serviranse petiscos de pan artesán, queixo, friames e
outros produtos galegos de calidade, que a todo isto da dereito a inscrición
que se efectuará na propia bodega urbana Pepe Mantequilla. (Prezo: 9 euros)
LUGAR DE REALIZACIÓN
-Bodega urbana Pepe Mantequilla (Rúa Rosalía Castro, 32. Vigo)
DATA
-10 Marzo, Xoves, de 20’30 a 22’15 horas.
PREZO:
-9 euros (con dereito
a varios viños e petiscos).
Pódese adquirir a
entrada en Pepe Mantequilla (Rúa Rosalía Castro, 32. Vigo) preferentemente nos días previos, ou ben media
hora antes da celebración da sesión.
Para máis información:
Xavier Castro (Autor
de: A rosa do viño (Galaxia), A
lume manso (Galaxia), A la sombra
ejemplar de los parrales (Trea) e A
mesa e manteis (USC)
Móbil: 609 653 228