lunes, 9 de abril de 2018

Emilia Pardo Bazán e Feminismo / Xavier Castro/cafet.CGAC

    

XORNADAS DE CINEMA, VIÑO E CULTURA GALEGA
1ª SESIÓN: EMILIA PARDO BAZÁN: CRÍTICA DO CACIQUISMO E GABANZA DO FEMINISMO. FILMES: LA CONDESA REBELDE; LOS PAZOS DE ULLOA

Colabora: Ateneo de Santiago
Condutor da Sesión: Xavier Castro
LugarCafetería do CGAC. Rúa Valle-Inclán, 2. Santiago de Compostela.
Data: Mércores, 11 de Abril, de 20 a 22 horas.
ADEGAAUREA LUX (Cenlle. D.O. Ribeiro). Manuel Docampo
  

PRESENTACIÓN
  
A primeira sesión das Xornadas de Cinema, Viño e Cultura Galega, está dedicada a figura de Emilia Pardo Bazán, que salientou extraordinariamente como literata. Ademais, a súa obra reviste un notable interese como testemuña da sociedade do seu tempo. Reparemos en especial nas referencias á cultura do viño, na súa crítica do caciquismo, contida en Los pazos de Ulloa, nas duras condicións de traballo das operarias da fábrica de tabacos da Coruña, expostas en La tribuna, e no seu labor a prol dos dereitos da muller, para a que postulaba un proxecto de vida autónoma. Levarase a termo este achegamento con recursos multimedia: textos, anacos de filmes e documentais testemuñais, e así mesmo pezas musicais que garden relación tanto coa ilustre escritora como coa cultura do viño
Mais convén tamén mollar a palabra e, deste xeito, as glosas e comentarios do director das Xornadas, Xavier Castro, iranse entreverando coa degustación dos viños da recoñecida Adega Aurea Lux, situada en Cenlle (D.O. Ribeiro), pioneira na orientación ecolóxica e ben representada por Manuel Docampo. Esta adega elabora, cun feitío artesanal e depurada calidade técnica, uns viños de probada calidade: Leive Paradigma, elaborado con uva treixadura, albariña e loureira, e a outra marca de seu, Leive Treixadura, que presenta un carácter monovarietal. Haberá ocasión de gozar asemade do branco reserva Leive Reliquia e dun tinto de crianza, con certificación ecolóxica, Preto de Leive.
Agora ben, como sinalaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Consecuentemente, serviranse petiscos de pan de calidade, friames, queixo galego e un gastropetisco, que a todo isto da dereito a inscrición que se efectuará con antelación na cafetería do CGAC ou ben por medio do Ateneo, opción que teñen os seus socios cun desconto de 2 euros.

LUGAR DE REALIZACIÓN
Cafetería do CGAC. Rúa Valle-Inclán, 2. Santiago de Compostela.

DATA
Mércores, 11 de Abril.

HORARIO
De 20 a 22 horas.

PREZO
-12 euros (con dereito a varios viños e petiscos).
-Aforo limitado polo que é imprescindible reservar. Venda de entradas en Cafetería do CGAC: cafeteriacgac@gmail.com / Teléfono: 981 546 624.