jueves, 3 de octubre de 2013

XORNADAS SOBRE VIÑO E CULTURA GALEGA. Liceo de Ourense

XORNADAS SOBRE VIÑO E CULTURA GALEGA Do 8 de setembro ao 10 de Decembro Liceo de Ourense Organizan: Xavier Castro e Uxía Blanco PROGRAMA As Xornadas sobre Viño e Cultura Galega, que terán lugar na cidade de Ourense, procuran levar a cabo un achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce do viño. Estas Xornadas, que contan coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, teñen unha orientación transversal, que pretende integrar a cultura do viño coa creación literaria, artística e musical galega. En cada sesión degustaranse viños de adegueiros galegos (nomeadamente artesáns, que tamén tomarán parte no acto) que garden relación coa obra (e, por veces, tamén coa vida) dun determinado escritor ou artista. Salientarase o vencello que existe entre ambos, comentaranse os cadros, ou apartados da obra literaria nos que se fai mención ao viño, e mesmo se fará dramatizacións, recitacións de poemas e lecturas de fragmentos en prosa. As explicacións dos condutores do curso, o profesor Xavier Castro e a actriz Uxía Blanco, farán referencia ao escritor ou artista que centre o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura do viño, a temática gastronómica relacionada con ela (nomeadamente, as maridaxes entre o viño e a gastronomía) e estarán entrefrebadas coas intervencións dos participantes (aléntase a participación e son benvidos os comentarios e as preguntas dos alumnos) e con momentos de goce do viño. Haberá, asimesmo, interludios musicais nos que se escoitaran pezas alusivas á cultura do viño (visualizadas nunha pantalla dixital) e que garden algún tipo de vínculo co creador que protagoniza cada sesión, tanto fragmentos de óperas ou obras clásicas, como tamén jazz e música galega tradicional. Cada sesión estará consagrada a un dos seguintes creadores/as: -Maruja Mallo -Rosalía de Castro -Julio Camba -Ramón María del Valle-Inclán -Álvaro Cunqueiro LUGAR DE REALIZACIÓN -Cafeterìa do Liceo de Ourense. Ourense DATAS Xornadas Viño e Cultura Galega - 8 Outubro, Martes: Maruja Mallo - 19 Novembro, Martes: Rosalía Castro - 26 Novembro, Martes: Julio Camba - 3 Decembro, Martes: Ramón María del Valle-Inclán - 10 Decembro, Martes: Álvaro Cunqueiro HORARIO: de 20 a 22 horas. PREZO: 8 euros cada sesión para socios do Liceo, e 10 euros para non socios (con dereito a viños e petiscos). Pódese adquirir a entrada na propia cafetería do Liceo, na que terá lugar o evento, preferentemente nos días precedentes, ou ben media hora antes da celebración da sesión. Para máis información: Enderezo-e: franciscojavier.castro.perez@usc.es / uxiablanco@hotmail.com Móbil: 609 653 228 / 670 573 545 Xavier Castro (Catedrático de E.U. de Hª Contemporánea da USC. Autor de: A rosa do viño (Galaxia), A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea) e A mesa e manteis (USC) Uxía Blanco (Licenciada en Historia e protagonista nos filmes: Sempre Sonxa e a Lingua das bolboretas, e nas series da TVG: Mareas Vivas e Libro de Familia)

No hay comentarios:

Publicar un comentario