Ernest Hemingway, como os restantes integrantes da ‘Xeración Perdida’: Faulkner, Scott Fitzgerald, Dos Passos, etc., foron rexos bebedores. Gertrude Stein, que foi quen acuñou a indicada expresión, quería significar con ela que eran uns mozos que: “No le tienen respeto a nada. Se emborrachan hasta matarse...”, como recolle o mesmo Hemingway nas súas memorias ficcionadas ‘París era una fiesta’. O autor de ‘O vello e o mar’, gustaba indudablemente da bebida nas súas diversas expresións, pero tamén a precisaba para sobrelevar a dureza do traballo de escritor que trataba de espremer o seu talento para trasladar aos seus relatos o mellor do seu ser. Os creadores auténticos, como era Hemingway, experimentan unha gran tensión na procura artística, e encontraban no alcohol un apoio para afrontar a ruda e esixente tarefa. A concentración que require a escritura dunha novela, o ímprobo esforzo prolongado no tempo que compre realizar mantendo as baterías cargadas sen permitir que se extinguise a auga no fondo do pozo da creatividade, provocaba en Hemingway una ansiedade considerable. Deste xeito, tras da xornada de traballo que adoitaba realizar polas mañáns (momento preferido por innumerables creadores, como quedou plasmado dun xeito paradigmático no intelectual de Muerte en Venecia) o recurso a bebida era para Hemingway un expediente necesario para descansar, evitando proseguir coa obsesión do argumento do relato en construcción. E tamén para esquecer que ao día seguinte, de mañá cedo, tería que voltar novamente a poñer o seu espíritu en incandescencia diante da folla de papel en branco. O premio Nobel fala moito do viño nas súas obras. Describe os viños sen requintamento, dun xeito espontáneo e pragmático (case diríamos: como bo ianqui que era) indicando os que lle agradaban e adoito tamén a maridaxe que lle parecía máis axeitada como acompañamento. Por certo que causáronlle moi boa impresión os “viños do país” cando os coñeceu en Galicia, segundo puxo de manifesto Carlos Casares no ensaio que dedicou a esta cuestión (‘Hemingway en Galicia’) no que ademais deu a coñecer unha interesante correspondencia. Gustou tamén dos xantares galegos e tivo a ben permañecer unha boa temporada en Santiago para disfrutar dunha cidade que consideraba como a máis bela das españolas, e calificando por certo a súa catedral como a máis fermosa do mundo.
O viño tamén era para Hemingway un xeito de premiarse cando o traballo tiña ido ben. Como de costume, ao rematar un conto sentíase baleiro, a un tempo triste e contento, como se tivera feito o amor, mais naquela ocasión estaba ben certo de que conseguira escribir un bo conto, aínda que para comprobar ata que ponto era bo tiña que agardar ata relelo o día seguinte, coa mente despexada. Entón premiouse, e este foi o efecto tónico que o viño exerceu no seu ánimo: “Comiendo las ostras con su fuerte sabor a mar y su deje metálico que el vino blanco fresco limpiaba, dejando sólo el sabor a mar y la pulpa sabrosa, y bebiendo el frío líquido de cada concha y perdiéndolo en el neto sabor del vino, dejé atrás la sensación de vacío y empecé a ser feliz y a hacer planes”.
(Publicado en Galicia Hoxe, 28/01/2011)
domingo, 30 de enero de 2011
martes, 25 de enero de 2011
CURSO DE CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA: HEMINGWAY E O VIÑO
CURSO 2º DE CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA
5ª SESIÓN: ERNEST HEMINGWAY E O VIÑO
Lugar: Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago).
Data: Mércores, 26 de Xaneiro, ás 20 horas.
Condutor da Sesión: Xavier Castro
Adega invitada: (Aldea de Abaixo. D.O. Rías Baixas. O Rosal.)
PRESENTACIÓN:
A última do 2º Curso de Cultura do Viño, Literatura e Musica vai estar dedicada ao Ernest Hemingway, renovador da prosa contemporánea, amante de lecturas, libros, viños e alcoholes plurais. Viaxeiro impenitente, estivo moi apegado a España e a súa esperanza republicana. Visitou varias veces Galicia e probou os seus caldos. Declaraba que Santiago era a cidade española que máis o impresionara pola súa belleza.
Os comentarios do director do curso, Xavier Castro (autor de A rosa do viño, A la sombra ejemplar de los parrales e A mesa e manteis), e as lecturas de María Outes, darán conta das características esencias da súa obra literaria e tamén das súas suxestivas referencias á cultura do viño. Combinaranse estas exposicións coa audición de obras musicais relacionadas co escritor americano e a cultura do viño, ilustradas con vídeos. Previsiblemente, algunha das cancións propiciará a práctica do canto coral por parte dos asistentes.
Mais convén tamén mollar a palabra e, deste xeito, as glosas e comentarios iranse entreverando co paladeo do viño branco da salientable adega Aldea de Abaixo, situada na comarca do Rosal (D.O. Rías Baixas). Servirase tamén un compango de castañas, queixo e friames de porco celta, apoiados en pan de millo e centeo, que a todo isto da dereito a inscrición (10 €).
Ao cabo, farase así mesmo un concurso de humor relacionado co universo do viño.

sábado, 22 de enero de 2011
Neruda, a Felicidade e o Viño (e II)
A Ilustración difundiu o ideal da felicidade neste mundo, fronte á anterior concepción da vida coma un val de bágoas no que facer expiación co propósito de alcanzar a vida eterna no máis alá. O ideal laico da búsqueda da felicidade coallou por primera vez na constitución norteamericana. O filósofo Bertrand Russell consagrou un libro a dar conta da súa experiencia nesta esbarante cuestión. Titulóuno: ‘La conquista de la felicidad’. En franco contraste con esta liña de reflexión, gozou de boa reputación nos pagos da filosofía e da cultura laica a actitude vital sombría, de angustia diante da existencia, por habitar nun mundo sin sentido, inxusto, onde os seres estamos condenados a morrer. Así era a filosofía de Schopenhauer, e logo o existencialismo de Sartre. O pesadume na conciencia completábase coa ollada sombría e a indumentaria negra. En Francia, Paul Lafargue, foi un pioneiro incomprendido e deostado por tratar de conxugar a difícil ecuación do compromiso e o hedonismo. En España, singularmente na época da ditadura franquista, nos ambitos progresistas o cidadán concienciado non podía parecer ledo sen suscitar a sospeita de frivolidade ou inconsciencia. Había que ser pesimista (que –dicíase- non era máis que un optimista ben informado) e, non obstante, comprometido, activo e combativo contra o réxime ditatorial, asumindo a fórmula gramsciana do pesimismo da intelixencia contraposto ao optimismo da vontade.
Cando Pablo Neruda se referiu a esta cuestión trouxo a coación o exemplo de Lautréamont. O autor de “Los cantos de Maldoror” quixo ser infernal e ao propio tempo un arcanxo maldito. “Maldoror en la magnitud de la desdicha, celebra el “matrimonio del cielo y el infierno”. Porén, o poeta mozo uruguaio renegou, ao cabo, da súa faciana sombría e proxectou unha nova poesía optimista que non chegou a plasmar. Pero este movemento cara a bondade e a saúde suscitou o reproche de moitos críticos que sostiñan que o poeta debía atormentarse e sofrir, “debe vivir desesperado, debe seguir escribiendo la canción desesperada”. Celebrábase a Lautrémont nas súas dores, pero condenábase na súa transición a ledicia. A dirección do gusto foi encauzada a magnificar a desgracia como lévedo da gran creación. A vida áspera do poeta tívose por premisa da excelencia poética. Menciona neste sentido Neruda, en ‘Confieso que he vivido’, os casos de Hölderlin, lunático e infortunado; Rimbaud, errante, tempestuoso, imprevisible e amargo; Gérard de Nerval, aforcándose na farola dunha ruela miserable. Todos eles marcaron nas postrimerías do século XIX un sendeiro de tormentos asociados a procura do paroxismo da belleza. Porén, Neruda militaba nun fronte vitalista que consideraba conciliable a actitude de compromiso coa procura da felicidade na Terra. Os poetas como el protagonizaron a rebelión da ledicia de vivir. E, neste senso, o poeta chileno aprobaba o comentario que fixera o seu amigo Ilya Ehrenburg (un escritor revolucionario, dende logo, pero tamén “un epicureísta refinado”): “Pablo es uno de los pocos hombres felices que he conocido”.
Publicado en Galicia Hoxe, 21/01/2011)

martes, 18 de enero de 2011
CURSO DE CULTURA DO VIÑO, AYMERIC PICAUD (CÓDICE CALIXTINO) O VIÑO NO CAMIÑO DE SANTIAGO
CURSO 1º DE CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA
5ª SESIÓN: AYMERIC PICAUD (CÓDICE CALIXTINO) O VIÑO NO CAMIÑO DE SANTIAGO
Lugar: Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47. Santiago).
Data: Mércores, 19 de Xaneiro, ás 20 horas.
Condutor da Sesión: Xavier Castro
Adega invitada: Amadeo Salgado Cid (D. O. Monterrei)
PRESENTACIÓN:
A próxima sesión do Curso de Cultura do Viño, Literatura e Musica vai estar dedicada a Aymeric Picaud, monxe de Poitou que peregrinou a Santiago no século XII e logo escribiu a Guía do Peregrino, que forma parte do Códice Calixtino. Nesta obra alude a diversos aspectos de interese para os peregrinos e alude a salubridade das fontes, aos xantares e tamén ao viño, o pretiosus baccus que entraba na cidade de Compostela pola porta de Mazarelos, e –no dicir de Cunqueiro- na vila xacobea melloraba polo efecto máxico do son de bronce da campá da torre Berenguela. Posteriores testemuños da peregrinación, de autorías diversas, abundan nestas cuestións: os de Alejo Carpentier, Pierre Barret e J. N. Gurgand, Nicola Albani, Walter Starkie e, ao cabo, Paulo Coelho e Álvaro Cunqueiro.
Os comentarios do director do curso, Xavier Castro (autor de A rosa do viño, A la sombra ejemplar de los parrales) e os recitados de María Outes, darán conta da cultura do viño no Camiño de Santiago. Combinaranse estas exposicións coa audición de obras musicais que gardan relación co universo xacobeo e a procura de viño (que os viaxeiros adoitaban levar na cabaza a guisa de carburante e tónico), como poden ser as cantigas e máis os romances medievais, entre os que salienta pola calidade poética o de Don Gaiferos, en versión de Faustino Santalices (acompañado coa zanfona), e a quizais máis lírica de Amancio Prada. Previsiblemente, algunha das cancións propiciará a entrega dos asistentes ao canto coral.
Mais convén tamén mollar a palabra e, deste xeito, as glosas e recitados iranse entreverando co paladeo dos gorentosos viños da adega Amadeo Salgado Cid (D. O. Monterrei). Servirase tamén un compango de castañas, queixo do Cebreiro –recompensa que recibía por veces o peregrino ao chegar á porta do camiño en Galicia-, e rexos friames de porco celta, apoiados en pan de millo e molete de trigo, que a todo isto da dereito a inscrición (10 Euros).
Ao cabo, farase un concurso de creación literaria centrada na importancia do viño no camiño. O gañador obterá como premio unha acreditada botella de viño e máis un libro.
(Para máis información sobre os cursos, teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122 / 609 653 228. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / franciscojavier.castro.perez@usc.es/ Páxina Web: www.lardasmeigas.com)

Pablo Neruda, a Felicidade e o Viño
Tanto na vida como na obra de Pablo Neruda o viño desempeñou un relevante papel. O poeta chileno recoñece nas súas memorias a súa inclinación polos viños artesáns, menos depurados e se cadra rudos, que coñeceu cando aínda era novo. Pero isto foi a consecuencia dunha evolución da súa sensibilidade e do seu padal. Declaraba, en efecto, Neruda o seguinte: “Mis tatarabuelos tuvieron viñas. Parral, el pueblo donde nací, es cuna de ásperos mostos. De mi padre y de mis tíos (…) aprendí a diferenciar el vino pipeño del filtrado. Me costó trabajo acatar sus inclinaciones hacia el vino irrefinado que cae de la pipa, de corazón original e irreductible. Como en todas las cosas, me costó volver a lo primitivo, al vigor, tras haber practicado la superación del gusto, saboreado el bouquet formalista. Pasa igual con el arte: se amanece con la Afrodita de Praxíteles y se queda uno a vivir con las estatuas salvajes de Oceanía”.
A súa afección polo viño levouno a interesarse en todas as partes por esta cuestión: “En todos los países me preocuparon los derroteros del vino, desde que nacía de “los pies del pueblo” hasta que se engarrafaba en vidrio verde o cristal facético”. Non só en Francia, cuxos viños –feitos con variedades que foron levadas tamén a Chile- encontraba excelentes. Pero tamén gustaba dos caldos doutros países: “Recuerdo en Hungría un vino grueso, llamado “sangre de toro”, cuyas embestidas hacen trepidar los violines de la gitanería”. Denominación esta que por certo, non é en absoluto descoñecida en España. E, por certo, co gallo da súa estancia neste país tivo ocasión de probar en Galicia o tinto do Ribeiro de hai algunhas décadas, aquel viño que permitía debuxar moi ben cos seus pousos a rosa do viño: “Me gustó tomar en Galicia el vino del Ribeiro, que se bebe en taza y deja en la loza una espesa marca de sangre”.
O viño estivo asociado na existencia de Neruda ao amor e ao pracer de vivir e compartir. Na súa obra son moitas as referencias ao universo vitícola. Dedicou a esta temática cando menos dous poemas memorables: a “Oda al vino” (nas Odas elementales), sen dubida un dos máis fermosos das letras hispanas, e “Estatuto del vino”, tamén moi interesante, aínda cunha veta ben máis sombría e crítica, publicado en Residencia en la tierra.
As referencias á cultura do viño prodíganse, acá e acolá, na súa poética. No poema “Para que tú me oigas”, pertencente aos Veinte poemas de amor y una canción desesperada, alude as uvas, identificándoas coa suavidade lene da pel feminina: “Pero se van tiñendo con tu amor mis palabras. / Todo lo ocupas tú, todo lo ocupas. // Voy haciendo de todas un collar infinito / para tus blancas manos, suaves como las uvas”.
Ao cabo, no poema “Cómo era España”, publicado no libro España en el corazón, Neruda expresou os violentos contrastes do país e a enconada división dos seus habitantes valéndose dunhas imaxes do expresado teor. Dexergaba así aquel territorio : “(…) rodeado de las piedras abstractas del silencio / tu áspero vino tu / suave vino, tus violentas / y delicadas viñas”.
(Publicado en Galicia Hoxe, 14/01/2011)

miércoles, 12 de enero de 2011
Viño Tinto Galego
No ano 1843, Antonio Casares apuntaba que Espadeiro e Tinta Femia eran as variedades principais de uvas tintas no Salnés. Cónstanos tamén que entre as variedades de uva negra, no Partido Xudicial de Cambados, cara a fins do século XIX, predominaban “Espadeiro” e “Caiño”, como salientaba o Avance Estadístico sobre el cultivo de la vid en España, formado pola Junta Consultiva Agronómica, no ano 1889. Como é posible ollar, a variedade de uva tinta Espadeiro alcanzou gran difusión e relativamente boa reputación nestas terras, onde semella probable que se teña cultivado máis teimosamente que noutras comarcas de Galicia. Ata certo punto, a cepa e máis o mosto Espadeiro chegaron a adquirir un carácter emblemático na zona do Salnés, nunha época en que o viño tinto gozaba dun prestixio moi alto. Era “o viño” por antonomasia; teimuda proclama que Manuel Villaronga -bo coñecedor dos viños e as adegas da comarca Arousana-, tivo ocasión de escoitar repetidas veces en boca da xente. Este feito permite albiscar a razón que inducíu a Ramón Cabanillas a reparar, entre outras variedades posibles, na de Espadeiro, a cal lle dedicou uns versos laudatorios nos que ponderaba as súas cualidades e excelencia.
Existe algún indicio de que o viño Espadeiro gozaba de prestixio a escala de toda Galicia, formando parte do póquer de ases dos grandes viños do país. De feito, aparece mencionado entre os viños galegos representativos (entre os que, por certo, non se salientaba o albariño) que o Partido Galeguista histórico quería defender fronte á competencia dos foráneos. No ano 1934 o Partido Galeguista instaba ós consumidores galegos a adoptar unha actitude de defensa dos viños e demais productos esenciais para a economía do país: “O nacionalismo galego [... quere] construir unha patria. E unha patria pra esistir necesita contar cunha economía”. Laiábanse os galeguistas polo feito de que houbera moitos galegos que adoptaban un comportamento considerado cómplice con outras economías que competían abertamente coa galega. A todos estes ‘desleigados’, endilgáballes unha auténtica filípica: “Quen en Galicia toma aperitivos alleos, auga pintada con nomes pomposos en vez do noso insuperable blanco Ribeiro, é un enemigo da Patria. Quen, na mesa, bebe detestables viños extraños (e o comerciante que os ofrece denantes cos do país) en vez dos nosos Ribeiros, Valdeorras, ou espadeiro, ademais de non ter bon gusto, forxa a esclavitude de Galicia”.
Pedro Rial López apuntaba que as variedades clásicas, como o “Espadeiro” e o “Caiño” se atopaban en franco retroceso nos anos sesenta deixando paso a novas cepas, como “Alicante”, “Corín”, “Folla Redonda”, etc. que eran incuestionablemente máis produtivas aínda que os viños resultantes presentaban o inconveniente de resultaren lixeiros. A título ilustrativo, sinalemos que a produtividade media das cepas híbridas, no período 1953-1966, era de 190 hectólitros por hectárea. En contraste con isto, o promedio de produtividade das cepas tradicionais era notoriamente inferior; o rendemento da “Espadeiro”, por exemplo, situábase en 115 hl/ha.
(Artigo publicado en Galicia Hoxe, 07/01/2011)

Valle-Inclán e o Viño
Antonio Machado afirmaba que: “Nunca fue Don Ramón, ni aún en los tiempos de su mayor penuria, un bohemio a la manera desgarrada, maloliente y alcohólica de su tiempo. Don Ramón no bebía más que agua, sin presumir de abstemio (él sabía muy bien que la mera carencia de vicios no supone virtud), sin que su ‘sequedad’ le inclinase a eludir el trato con los húmedos, cuando los ‘húmedos’, como el gran Rubén Darío, tenían talento (...) nadie llevó la pobreza y la mala fortuna del literato español, con mayor dignidad y más carencia de toda mendiguez que nuestro Don Ramón”.
Temos, polo demais, unha evidencia de Valle-Inclán en calidade de bebedor de viño, suxeito a unha pauta nada inmoderada nin escandalosa, aportada por Ramón Gómez de la Serna. O autor da greguerías gustaba da compaña, tanto na tertulia do Pombo como por doqueira, de persoas que “no me gastan la vida sino que me la ensanchan”. Escritor laborioso e incorrixible grafómano como era, poucas cousas detestaba máis que perder o tempo. Aínda máis: tentaba de aproveitar ben calquera momento; ser, nas súas palabras: “trapero del tiempo”. Lembraba o autor da ‘Automoribundia’ que, no devalar do primeiro decenio e pico do novecentos, acudira na grata compaña de Valle-Inclán a algúns ‘figones’ madrileños. Víñanselle entón ao maxín as verbas da Celestina, para quen: “No hay cosa más dulce ni más graciosa al muy cansado que el mesón”. Se cadra, foi de camiño cara un destes por unha beirarrúa estreita, cando se encontrou de fronte cun avinagrado detractor que se lle plantou diante e espetoulle o seguinte: “-Yo no cedo el paso a un botarate como usted”. E Valle, moi cumprimenteiro, baixou da beirarrúa e movendo o brazo cun irónico aceno concesivo, retrucou: “-Pues yo sí”.
Gómez de la Serna non esquece consignar que Valle sabía gozar en tales figóns de: “los condumios de la pobreza”. Deste xeito, celebraban neles: “fiestas de poco coste, pero de lograda cordialidad, independencia y risa libre”, que mercé á “abnegación del escritor” foron fermosas e encheron non só a alma senón tamén a andorga. Creábase así un clima de grata cordialidade, ata o punto de que: “Yo le he visto a don Ramón temblar de gozo y sentirse entronada en alguno de esos chamizos cuya suculencia era más inventada por nosotros que verídica”. E engade unha interesante precisión, sinalando que nun deles, de modestísima categoría, tomaron: entremeses, asado e “vino de pura sangre”.
Máis moderada aínda debeu ser a afección de Valle-Inclán polo viño na etapa de home casado e xa consagrado como artista. Semella que os seu fillos o adoraban, pois foi con eles un pai atento e mesmo cariñoso, dun xeito moi pouco usual para o que era o patrón dun proxenitor da época; neste senso, foi un dos que anticiparon o modelo de paternidade actual. Un testemuño referido ós seus fillos refería que: “Ellos no recuerdan ningún abrenuncio de su padre, pues no abusaba del vino ni de los licores, y sólo una vez volvió a casa un tanto raro y lo notaron porque llegó riéndose, cuando él sólo se sonreía, y llamó a Josefina, ‘Josefinita’”.
(Publicado en Galicia Hoxe, 24/12/2010)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)