CONFERENCIA DO PROFESOR XAVIER CASTRO
Conferencia no Colexio Público R. Eduardo Pondal, de Darbo, o 10 de Octubro.
A conferencia do profesor Xavier Castro –Historiador natural de Cangas e residente actualmente en Meiro (Bueu)- resumirá o esencial do seu libro:
Historia da vida cotiá en Galicia (Séculos XIX-XX) (NigraTrea, 2007) (Premio de Investigación Ferro Couselo).
Trátase de completar a historia en maiúsculas de Galicia coa historia en minúsculas de todos os galeg@s. Expónse a vida cotiá de toda a xente, a distinguida e a corrente; quer os que polo día comían pan branco e pola noite durmían en leitos de la, quer os que tiñan que conformarse con alimentarse con pan de broa e deitarse en colchóns de follato.
A presente obra constitúe un achegamento de síntese á historia da vida cotiá na Galicia contemporánea, dende unha perspectiva de conxunto. O libro plantéxase como unha obra de investigación histórica, que emprega fontes inéditas combinándoas coa bibliografía dispoñible. Existen varias historias de Galicia na época contemporánea, pero ningunha dos galegos, das xentes de diferente condición social; dos que comían ben e durmían en colchóns de la, e os que levaban unha existencia precaria téndose que deitar amoreados en xergóns de follato: os homes, mulleres e nenos, labregos, fidalgos e habitantes das cidades que protagonizaron a historia deste país. Considérase, xa que logo, neste libro o xeito no que se desenvolvía a vida cotiá da xente corrente, o amor e a familia, a alimentación, a vivenda, a indumentaria, a hixiene, o traballo e máis o lecer, e asemade o mundo da escola.
É este unha obra de grata lectura por estar escrita nunha linguaxe asequible e non academicista, e polo profuso emprego que se fai nela de textos literarios, etnográficos e testemuños orais, que contribúen a darlle amenidade ó tempo que axudan a recrear a o imaxinario colectivo e a atmósfera social na que se desenvolveu a esistencia de varias xeracións de galegos de a pé. Xente corrente que en moitos casos soamente tiveron tumbas esquecidas con nomes xa borrosos nas súas campas, ás que non sempre lles ofrendaron moitas flores, pero que foron importantes, xa que co seu esforzo construíron este país, que foi endeita de todos.
lunes, 26 de septiembre de 2011
Festa da Vendima. Conferencia de Xavier Castro en San Miguel de Tabagón

XOVES DIA 29 SETEMBRO 20:30 H
•XORNADA DA VENDIMA CON DEGUSTACION DE VIÑO Xavier Castro Profesor historiador de la USC VENRES DIA 30 SETEMBRO 20.30 h CATA DE VIÑOS CON MARIDAXE Presentada por Mercedes Gonzalez PRESIDENTA DE SUMILLERES DE GALICIA 7 Viños Brancos e 7 Viños Tintos MARIDAXE CON PEIXE ESPADA, GRELOS , PEIXE DO RIO MIÑO E HORTA DO ROSAL Prezo 25 euros SABADO DIA 1 OUTUBRO 23:OO H BAILE DE SAN MIGUEL TRIO SENSACION DOMINGO DIA 2 OUTUBRO
FESTA DA VENDIMA A ANTIGA USANZA
Na comarca do Ribeiro, no primeiro tercio do século XX –segundo a evocación de Otero Pedrayo en ‘A Lagarada’-, sentíase “polo aire o balbordo fas vendimas que enchen o val”. Percibíase unha gran animación, como revelan estes versos de Eladio Rodríguez: "Arde en bulla o Ribeiro; / ferven os eidos todos á cachón / n'un rebumbiar trunfante i-algueireiro; / énchese o val enteiro / de alegre animación”. Reinaba, en efecto, unha ilusionada inquedanza e unha inconfundible atmosfera de ledicia envolvía os campos pintados coa verde dozura dos viñedos. O farmacéutico Buenaventura Castellet, no seu tratado de Enología española, salientaba, deste xeito: "(...) la animación y alegria generales que se manifiestan en los distritos vitivinícolas cuando la recolección de las uvas". Acadaban primacía na vendima os sentimentos expansivos, de ledicia e xúbilo; os aturuxos, as súas manifestacións máis impetuosas, desatábanse ás veces: “Estoupan os viñedos / en risas e aturuxos á montós, / porque os vindimadores andan ledos, / pensando nos enredos / das súas diversiós”. En Barbantes, ó rematar a recollida da uva, botaban os vendimadores un aturuxo atronador que se escoitaba na parroquia veciña; berro no que se entreveraban a ledicia coa runfadela que producía o feito de ter dado cabo a laboura... antes que os outros, pois convén precisar que se adoitaba entablar competencia coa aldea veciña ou a parroquia próxima: tratábase de ver quen remataba máis axiña a tarefa e lograba poñer a salvo o seu mosto.
A realización de cantos e danzas era algo inherente á cultura laboral tradicional. Emilia Pardo Bazán constataba que: «al júbilo de los vendimiadores respondía como un eco el de los huéspedes, venidos para la ocasión a la casa señorial”. Eran sobre todo os mozos quen se amosaban solitamente máis xubilosos, como o testemuñan uns versos de Eladio Rodríguez: “Pol-as viñas adiante, / soltos en barralleira libertá, / corren formando xolda baduante / os cantos da troulante / e baril mocedá”. Outra cousa non se podía admitir. Otero Pedrayo mostra nunha das súas obras como o coro das vendimadoras laiábase diante do “señor amo” da escasa xovialidade dos mozos; dicíanlle que os bacelos renderan ben, “Mais pra outro ano, se Dios quer, tennos que mandar mozos máis algareiros. O que é ten us fillos máis tristes có cantar do abade nos responsorios”. As rapazas cantaban e pedían que os mozos cantaran con elas. Pero convén facer unha salvidade en relación co canto feminino nas vendimas, pois non todo era espontaneidade. Hai que lembrar que nalgúns casos os patróns facían cantar ás xornaleiras mentres vendimaban para que non puidesen comer demasiadas uvas.
A ledicia era moita, pero o rigor no desenvolvemento da vendima non era infortunadamente tanto. ‘El Avia’, semanario de Ribadavia, sinalaba en 1887 que a vendimas facíanse defectuosamente, por mor da “estúpida avaricia”. Constataba a despreocupación por facela ben para conseguir un viño do calidade, e censuraba que por veces se aproveitaran os acios aínda verdes e apodrecidos.

lunes, 8 de agosto de 2011
Concedida a ‘Folla de Prata’ do Albariño a Xavier Castro, autor do libro ‘A rosa do viño’.
O Concello de Cambados concedeu a Xavier Castro a Folla de Prata, con motivo da LIX edición de la Festa do Albariño. A entrega tivo lugar nunha cerimonia que celebrada en Cambados o día 7 de agosto. O xurado valorou nomeadamente o feito de ser o autor do libro ‘A rosa do viño’, publicado recientemente pola editorial Galaxia, no que alude con amenidade e rigor ao viño albariño e tamén a Álvaro Cunqueiro, na súa faceta da catador de viños, a quen está consagrado este ano a festa do albariño.
Esta é a terceira distinción que recibe o mencionado libro, que xa obtivo Premio Deza Investigación, concedido polos Concellos da Comarca do Deza, e o Premio: Gourmand World Cookbook Awards 2010, na categoría Best Wine History Book.

lunes, 27 de junio de 2011
AMORES DE ANTANO
Conforme aos usos amorosos de antano, a moza que mantiña unha relación estreita, e con máis razón se dera palabra de casamento, tiña que “gardar ausencias”. Pero se non chegara a ese nivel de compromiso, se o mozo non gozaba aínda do estatus de pretendente oficial (no caso de que non se comprometera dando “palabra de casar”, ou ben fixera a pedida), e se ausentaba de xeito prolongado unha moza podía andar con algún outro rapaz. Podía ter novo acompañante, mesmo a pesares de que o pretendente que se ausentara lle fixera algún regaliño menor, como unha pulseira. Pero isto había quen o tomaba a mal: unh rapaza que estaba no cine cun mozo que a invitara xunto cunha amiga, preguntoulle quén lle regalara a pulseira que levaba. Ó responderlle que fora o seu mozo, enfadouse e marchou da función deixándoas plantadas ás dúas. Por veces, temerosos de que a noiva non agardara por eles, algúns rapaces proferían ó marchar graves ameazas, como testemuña esta cantiga: “Téñome de ir á Habana / coas intenciós de volver; / se é que te encontro casada / o sangue che hei de beber”.
Alfredo Conde lembra que na súa mocidade era algo habitual gardar as ausenzas; e habíaos moi mirados na observancia desta cuestión. Tamén detalla en que consistía tal conduta: “Consistía a tal garda en se abster non xa de conxunda con femia pracenteira, que diría o alcipreste de Hita, senón mesmo de se relacionar con calquer outra moza que polo teu redor rondase”.
Lamas Carvajal xa indicaba no ‘Catecismo do Labrego’ que se tiña por pecadores “aos que dando palabra de casamento non fan máis que as obras”. O miolo do asunto residía en que as mozas adoitaban acceder a ter relacións sexuais cos seus noivos cando estes se comprometían con elas, dándolles palabra de matrimonio. E a palabra dada era algo moi serio na sociedade campesiña. Todos e todas, tanto os que gastaban “calzón e monteira” como as que vestían dengue e muradana”, habían de aterse polo tanto á observancia do mandamento do respecto a palabra dada e gardar, chegado o caso, as pertinentes ausenzas. O incumprimento deste compromiso tíñase por ofensa grave.
Fernández Pintos recorda nas súas memorias a un amigo que cando lle tocou de ir facer a mili en África colleuno polo brazo e faloulle baixiño. Resultaba que tiña amores cunha moza coa que pensaba casar a volta do servizo, xa que ámbolos dous se deran palabra de casamento. “Eu tiña que botar un ollo, sen que ela notase que era vixiada. Mais, se chegaba aos meus oídos algo que puidese “zarrapicar” o bo nome do meu amigo, escribiríalle rapidamente”. Neste caso, a moza non foi fiel a palabra dada. Cando aínda non transcorriran seis meses declaróuselle o fillo dun panadeiro e casou con el. Pintos tivo que informar ao seu compañeiro do percance e este tomouno tan a mal que se puxo doente.
Nas últimas décadas o protocolo amoroso fíxose máis pragmático e expeditivo. E a palabra lévaa o vento. Con razón hai quen observa con rexouba que cando os membros dunha parella residen en cidades distintas viven con moita tranquilidade... ¡os catro!
(Artigo publicado en Galicia Hoxe, 24/06/2011)

sábado, 18 de junio de 2011
Nenos Larpeiros
Antano, a preocupación polos nenos non era tanta, pois eran abondosos (as familias adoitaban ter un promedio de catro fillos) e a sensibilidade dos pais respecto deles era distinta. Con todo, facíase algún esforzo para asegurar a supervivencia dos nenos, manténdoos da mellor maneira posible. Entendíase que había que protexelos tamén espiritualmente, e dun xeito máis acentuado pois sabíase que eran máis vulnerables aos maleficios. O sal, combinado co allo, funcionaba como un talismán para protexer ós nenos fronte as bruxas, para que non quedasen entangarañados, por exemplo.
No medio rural, non existía propiamente unha alimentación infantil. Deste xeito, a alimentación dos cativos era basicamente a mesma que a dos adultos, mesmo xa nos primeiros anos da vida, pero lixeiramente adaptada e con algunhas particularidades. Os nenos pertencentes a familias modestas destetábanse con papas de millo, en tanto que nas clases acomodadas do medio rural as papas eran de sémola, de fariña lacteada e de ‘maicena’.
En numerosas ocasións, en vez de papas de millo normais, os nenos pequenos tomaban papas de óleo, que se facían coa primeira fariña que saía da roda do muíño, que era a máis fina, disolvéndoa en leite. Para os nenos máis pequechos rebaixábase cunha pouca auga. Por parte, os pais máis prudentes eran conscientes de que non lles debían botar sal ás papillas, pois pensaban que non lles conviña antes dos seis anos. Pilar Comín recomendaba na ‘Enciclopedia de el hogar feliz’ (1962) que para conseguir unha boa alimentación dos bebés de poucos meses conviña botar nas papillas lacteadas dúas culleradiñas de azucre.
A maior abundamento, antes de que rematara de madurar o maínzo xa os nenos tiñan a posibilidade de gozar dalgunhas mazarocas. En efecto, permitíaselle aos cativos cortar algunhas tenras espigas de millo, que posuían un gusto doce, para comelas asadas. Refire Xosé Alvilares no seu ‘Memorial de agravios’ que na aldea de Axulfe, en terras de Chantada, no tempo da República, había unha escola recen creada e “mentres esperabamos nunha cabana cerca do pobo –a ‘chousa del Cornello’- a chegada da mestra, un rapazote asaba espigas de millo moi tenras aínda”. Nos anos corenta, a saída das clases do Instituto masculino de Compostela, que estaba situado na Praza de Mazarelos, nun antigo edificio de pedra que pertencera aos xesuítas, algúns rapaces dirixíanse cara algunha das numerosas leiras que había polo Monte da Condesa, co propósito de apañar tres ou catro patacas: “Alí mesmo, entre pedras e plantándolle lume a catro garabullos, asabámolas. Sabíannos a gloria. Outras tardes, co mesmo método, asabamos mazarocas de millo serodio”.
Nos postos ambulantes ou fixos que vendían lambetadas e outras cousas, os nenos mercaban erbellacas, ás que os vendedores de afóra chamaban algarrobas. Así o recordaba o doutor Pintos: “Inda que a Intendencia traía tales froitos para os cabalos, tamén se vendían nas rúas. A min gustábame mordelas e chuchar nelas. Doces, cunhas sementes que semellaban pelouros, podíanse mastigar durante un bo anaco. Gustábanme máis que un caramelo”.
(Artigo publicado en Galicia Hoxe, 17/06/2011)

sábado, 11 de junio de 2011
A MILI PARA BEN E PARA MAL
O servizo militar adoitaba ser un motivo de conflicto. As "quintas" era un tema de grave preocupación social nun tempo marcado por guerras coloniais no que facer o servizo supuña en moitos casos perder a vida na guerra. Incrementaba ademais o enconamento entre as clases sociais xa que os ricos podían substraerse o servizo pagándolle a un substituto. Esta problemática proía na conciencia popular, do que da conta esta cantiga: “Vamos indo, vamos indo / par’ó servicio d’ó Rey; / os ricos, quedan n-a terra, / eu como son probe, irei”.
A opinión de esquerdas tildaba moitas veces o servizo militar como "imposto de sangue" que gravaba discriminatoriamente ás clases populares. Pola contra, nos medios dereitistas púñase a énfase nunha consideración deferente para cos mozos de boa familia, aos que non había que infrixir un sufrimento innecesario. En efecto, o Conde de Romanones fíxose eco, en ‘El ejército y la política’ (1921), do argumento dos partidarios da redención “a metálico”: aducían que os fillos das clases acomodadas non podían estar cos quintos procedentes dos sectores populares nos cuarteis ordinarios, onde as condicións hixiénicas eran francamente deficientes, tiñan que compartir leito, etc. Os mozos do común non tiñan problema para aturaren isto, ao estaren moi afeitos as condicións de vida penosas, pero en cambio os señoritos sufrirían moito máis, ao non estaren acostumados a tales penalidades.
Entre os pobres que non podían redimirse, non eran poucos os que fuxían a América. Pero no sistema de sorteo vixente o feito de que algúns marcharan implicaba que os que quedaban tiñan inevitablemente máis probabilidades de que lles tocase a eles "ir o servizo". Deste xeito, entre as familias das aldeas existía unha vixiancia recíproca e unha atmosfera de receo e desconfianza que deterioraba a convivencia veciñal. E ás veces, mesmo se recurría a delación do mozo que preparaba unha fuga.
Por outra banda, constitúe un feito ben coñecido que o servizo militar tivo un beneficio indirecto para os reclutas analfabetos ou escasamente escolarizados, que melloraron as súas habilidades en lectoescritura no cuartel. Pero é menos sabido que tamén a mili promocionou as capacidades musicais dos quintos que xa tiñan algunha instrucción ao respeito. Aínda nos anos anos cincuenta había no medio rural agrupacións musicais cuxos compoñentes eran labregos que ensaiaban pola noite, despois da realizaren as faenas do campo. Cando tiñan que realizar o servicio militar preguntábaselles aos reclutas se tiñan algún oficio ou ben aptitude e afeición á música, e isto verificábase. Deste xeito, ofrecíaselles aos mozos que sabían tocar algo a oportunidade de poñer en práctica os seus rudimentarios coñecementos e ademais dábaselles certa instrución musical, de tal xeito que no transcurso da mili todos conseguían unha melloría notable das súas competencias musicais. En cada banda popular de música había sempre varios intérpretes que obtiveran a súa formación durante o servicio militar e grazas a eles íanse formando os novos membros debutantes.
(Artigo publicado en Galicia Hoxe, 10/06/2011)

domingo, 5 de junio de 2011
UN GHATO É UN BICHO
Pódese conxecturar que un risco do carácter do paisano galego, cando a cultura campesiña experimentaba a súa época de plenitude, fora a concepción da virilidade asociada á valentía, á coraxe. Un home enteiro non podía expresar temor e menos aínda parecer medorento. E tampouco engurrarse nun desafío, aínda que afrontalo resultara manifestamente imprudente, arriscado, ou mesmo gravemente prexudicial para os seus propios intereses. Refire un caso Santiago Nogueira, nas súas memorias. Aconteceu que houbo un construtor, que ao mesmo tempo era edil da corporación municipal, que tiña sona en toda a circunscrición de ter un carácter prepotente e un obrar de home provocador e proclive ás liortas. Este suxeito construíu un chalé ao que se accedía por un camiño público, que reformou aumentando desproporcionadamente o peralte nunha determinada curva na que se ubicaba o domicilio da familia Carreira. Esta actuación provocou a acumulación excesiva da auga da choiva, que entraba na casa dos Carreira, asolagando a planta baixa e mailos cortellos. Deste xeito, cando o vello Carreira e o construtor se atoparon na taberna de Dombodán foi inevitable que mantiveran unha forte discusión, co cal a tensión que xa había entre eles non fixo máis que medrar. Daquela, o construtor ameazou de morte ao vello e mesmo chegou a arrimarlle un coitelo á barriga. O sangue non chegou ao río, mais cando pouco tempo despois, Agapito, o fillo do Carreira, torno a casa co gando que estivera apacentando, ao ver o estropicio que fixeran as augas, botou man á escopeta que gardaba no sobrado e, cando pasou o construtor polo camiño, encirrado polo pai, pegoulle dos tiros e deixouno alí morto. No xuízo contra ambos os inculpados, o avogado pretendeu invocar como atenuante, o medo, senón insuperable, polo menos notable, para explicar a conduta dos homicidas. Con tal propósito incitou ao vello Carreira neste senso, preguntándolle: -“A ver, explíquele al Tribunal lo que pasó con el que luego fue vícitma, en la taberna de Dombodán”. O vello Carreira lanzouse a referir os feitos con ardentía: “-Insultoume, púxome contra a barriga un coitelo e díxome: -Heiche queimar os collóns con bencina!”. O avogado viu entón chegada a ocasión propicia para encirralo a que alegara a xustificación do medo, e así foi como llo suxeriu: -“Y claro, usted tuvo miedo en aquel momento y después”. Pero o vello Carreira, en vez de aproveitar a ocasión para atenuar a súa responsabilidade, botou o peito para adiante, os brazos para atrás, e declarou: -“¿Quen, eu?”-Díxenlle-: -“Pois aquí me tes, que no me aguantas nin media hostia!”. O avogado quedou abraiado vendo como a xustificación, senón coartada, do medo como eximente, o polo menos como mediana explicación, quedaba esvaecida. E claro, a sentenza foi durísima. O paisano non era parvo e tiña que saber que o seu xesto podíalle custar caro. Pero era un home enteiro, e non podía quedar deshonrado na súa autoesixencia de comportarse en calquera circunstancia como un varón rexo. Xa se sabe que un home é un home e un ghato un bicho.
(Artigo publicado en Galicia Hoxe, 02/06/2011))

Suscribirse a:
Entradas (Atom)