sábado, 4 de noviembre de 2017

Cultura do Viño e Literatura, Carlos Casares, Otero Pedrayo e o viño do Ribeiro

  RIBEIRO
PALABRA DE CARLOS CASARES E OTERO PEDRAYO
II XORNADAS DE OUTONO: CULTURA DO VIÑO E LITERATURA (VIGO)
CARLOS CASARES, OTERO PEDRAYO E O VIÑO DO RIBEIRO
  
                              CAFÉ VITRUVIA
Café Vitruvia ocupa un espazo da memoria de Vigo: aquí estaba o café Alameda, onde Carlos Casares facía tertulia coa xente da Editorial Galaxia.


CAFÉ VITRUVIA
UN ÁMBITO PARA A CULTURA E O GOCE DO VIÑO
Condutor da Sesión: Xavier Castro
Intervirá: Cristina AlcaláLugarVitruvia Café (Praza de Compostela, 5. Vigo)
Data: Mércores, 8 de Novembro, ás 20'30 horas.
Cata e degustación: Viños branco e tinto do Ribeiro, especialmente etiquetados en homenaxe a Carlos Casares e Otero Pedrayo (D.O. Ribeiro)
  

PRESENTACIÓN
   
     Esta sesión das II Xornadas de Cultura do Viño e Literatura, promovidas polo Consello Regulador da D.O. Ribeiro, coordinadas polo profesor Xavier Castro, pretenden homenaxear en Vigo, a Carlos Casares e Otero Pedrayo, ilustres escritores galegos que tiveron vencellos na súa vida e na súa obra coa comarca do Ribeiro. A súa Denominación de Orixe, que preside Juan Casares, que participará no evento, é unha das máis antigas e prestixiosas de España, e o seu viño é, sen dúbida, unha das marcas que máis acaidamente encarnan a representación da identidade simbólica de Galicia.
     O profesor Xavier Castro, historiador especialista na historia do viño, expoñerá a relevancia do viño do Ribeiro na andaina vital e na obra dos escritores Carlos Casares e Otero Pedrayo, intercalando as súas intevencións coa visualización de fragmentos de documentais e tamén cancións relacionadas con ambos escritores. Asi mesmo, comentará aspectos históricos da cultura do viño do Ribeiro, ilustrados cunha cantiga e un documental. Por parte, Cristina Alcalá, xerente do Consello Regulador e considerada como unha das trece mulleres máis relevantes do mundo do viño en España, referirase a situación actual e perspectivas de futuro do viño do Ribeiro, marcadas polo seu Consello Regulador, e  fará tamén o comentario de cata dos viños etiquetados especialmente para este evento eno-cultural que haberá ocasión de degustar. Serviránse ademais petiscos de pan artesán, queixo e friames galegos de calidade para acompañar ós viños, pois, como sinalaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. A todo isto da dereito a inscrición que se efectuará no propio Café Vitruvia (Prezo: 9 euros) que ocupa, por certo, un espazo da memoria de Vigo, pois aquí se encontraba o vello café Alameda, onde Carlos Casares facía tertulia coa xente da Editorial Galaxia.

LUGAR DE REALIZACIÓN
Vitruvia Café (Praza de Compostela, 5. Vigo)

DATA:
8 de Novembro.

HORARIO
20’30 horas.

PREZO:
-9 euros (con dereito a varios viños e petiscos).
-Aforo limitado. Imprescindible reservar: info@vitruviacafe.com / 680 203 587.



Xavier Castro: Especialista na historia do viño e a alimentación, director de varios proxectos de investigación e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015. Libros do autor: A rosa do viño (Galaxia), A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea) e A mesa e manteis (Biblos) (En castelán: Yantares Gallegos, USC)
E-mailf.x.cp@hotmail.com / Móbil: 609 653 228

Cristina Alcalá, Socióloga e xerente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro. Foi directora  5 Senses Wine e Vinum-MiVino); divulgadora en Radio Nacional de España, El País e revistas internacionais. Xurado de cata profesional nacional e internacional, Decanter, Concours Mondial de Bruxelles, Grenaches du Monde, Bacchus… Recibiu o Premio Mirador do Viño 2015 á mellor traxectoria profesional. Libros: El mundo del vino contado con sencillez (Editorial Maeva) e Eligen Ellas (Ed. Ex-Libris).

No hay comentarios:

Publicar un comentario