viernes, 26 de noviembre de 2010

Cursos de Cultura do Viño. Sesión sobre Cervantes e o Viño. Lar das Meigas

CURSO 1º DE CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

3ª Sesión: MIGUEL DE CERVANTES

Lugar: Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago).

Data: mércores, 1 de Decembro, ás 20 horas.

Condutor da Sesión: Xavier Castro

Adega invitada: Castro de Lobarzán (D.O. Monterrei)

-Con buenos vinos pusieron en olvido todas las borrascas pasadas con el presente gaudeamus. (Cervantes: El Licenciado Vidriera.)

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

A terceira sesión do 1º Curso de Cultura do Viño, Literatura e Musica vai estar dedicada ao escritor máis ilustre das letras hispanas, Miguel de Cervantes, quen en obras tan singulares como Don Quixote e as que compoñen as Novelas Exemplares aludiu a aspectos moi relevantes da cultura do viño e a gastronomía do conxunto de España no Século de Ouro. É, ademais, moi de agradecer que Cervantes ponderara o viño de Galicia en El licenciado vidriera.

Os comentarios do director do curso, Xavier Castro (autor de A rosa do viño, A la sombra ejemplar de los parrales e A mesa e manteis), darán conta das características esencias da súa obra literaria e dos seus suxestivos testemuños sobre os viños máis reputados na España daquel tempo –na que o viño tinto era o máis popular- e do peculiar xeito de bebelos e catalos. Combinaranse estas exposicións coa audición de obras musicais de século XVI e composicións clásicas inspiradas na inesquecible obra cervantina, como as de Richard Strauss, Maurice Ravel e Ernesto Halffter (ilustradas con vídeos exhibidos nunha pantalla).

Mais convén tamén mollar a palabra e, deste xeito, as glosas e comentarios iranse entreverando co paladeo do viños da adega invitada para esta sesión, que estará representada por Jose Manuel Fernández Justo: Castro de Lobarzán, que elabora con excelencia viños brancos e tintos, e se encontra situada na innovadora e punxente D.O. Monterrei. Coa súa contribución temos garantido o goce duns caldos espléndidos, amistosos, acolledores e cálidos, que a bo seguro constituirían o soño de Sancho Panza, quen, incapaz de facer gala de modestia –que si sabía practicar en cambio o seu amo- gabábase de buen mojón, que era a expresión que se empregaba daquela para significar que era moi avezado na nobre arte de catar os viños.

Como apuntaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Con ámbalas dúas especies nutríronse os galegos e, consonte con isto, servirase un compango de queixo manchego e castañas, apoiado en pan candeal e moreno, cocido en forno de leña, que a todo isto da dereito a inscrición (10 €).

Ao cabo, farase así mesmo un concurso de apreciación do viño por medio da representación plástica, tomando como referencia e fonte de inspiración as obras de arte que ilustraron ao longo da historia a cultura do viño e teñen a Baco como ilustre mentor. Mais non nos despediremos deste encontro cordial sen antes invocar ao patrón desta sensible confraría de amadores do viño, a literatura e a música: San Migueliño das uvas maduras, / moito me tardas, pouco me duras.

Agardo que a sesión a todos preste, ilustre e divirta.

(Para máis información Teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122 / 609 653 228. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / franciscojavier.castro.perez@usc.es/ Páxina Web: www.lardasmeigas.com)

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *

PROGRAMA XERAL DOS CURSOS DE:

CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

Lar das Meigas: Espazo para a convivialidade cordial. Un ámbito para a cultura e o goce do viño.

O propósito destes cursos consiste na realización dun achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce do viño.

Estes cursos teñen unha orientación transversal, que pretende integrar a cultura do viño coa creación literaria e a musical. En cada sesión se degustaran viños de adegueiros galegos (nomeadamente artesáns, que tamén tomarán parte no acto) que polas súas propiedades garden relación coa obra (e, por veces, tamén coa vida) dun determinado escritor. Explicitarase o vencello que existe entre ambos, comentaranse os apartados da obra literaria nos que se fai mención ao viño, e mesmo se fará un recitado de poemas e fragmentos en prosa.

Os dous cursos de Cultura do Viño, Literatura e Música consistirán en sendos ciclos de cinco sesións cada un deles. O curso 1º está plantexado para os novos alumnos, en tanto que o 2º está concibido para os veteranos. De tódolos xeitos, admítese tanto a inscrición completa no primeiro dos cursos unicamente, como só no segundo, ou ben en ambos os dous, e tamén dun xeito independente nas sesións que o interesado prefira, facendo coa súa libre escolla un menú persoal que combine determinadas sesións dos dous cursos.

Este son os escritores aos que está dedicado o 1º CURSO: Charles Baudelaire, Álvaro Cunqueiro, Miguel de Cervantes, Ramón María del Valle-Inclán e Aymeric Picaud (autor da primeira guía de peregrinos, incluída no Códice Calixtino, onde alude ao viño no Camiño de Santiago).

Polo demais, os escritores aos que está dedicado o 2º CURSO son os seguintes: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Federico García Lorca, Pablo Neruda e Ernest Hemingway.

As explicacións do condutor do curso farán referencia ao escritor que centre o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura do viño, a temática gastronómica relacionada con ela (nomeadamente, as maridaxes entre o viño e a gastronomía) e estarán entrefrebadas coas intervencións dos participantes (aléntase a participación e son benvidos os comentarios e as preguntas dos alumnos) e con momentos de goce e padaleo do viño.

Haberá, asimesmo, interludios musicais nos que se escoitaran pezas alusivas á cultura do viño (visualizadas nunha pantalla dixital) e que garden algún tipo de vínculo co escritor que protagoniza cada sesión, tanto fragmentos de óperas ou obras clásicas de diferente xaez, como tamén jazz e música popular tradicional.

O viño reclama algún compango e, deste xeito, servíranse pinchos compostos por bos pans campesiños, de millo e centeo, amén de friames de porco celta e algún petisco de queixo (a todo isto da dereito a inscrición).

Non se exclúe que a sesión poida rematar, se o ambiente creado polas persoas asistentes o fai pertinente, cun canto coral no que participemos tod@s. O esencial é que cada sesión constitúa unha experiencia de goce da convivialidade arredor do viño –que foi decote un pracer social-, dun xeito lúdico, pracenteiro e cultural. Preténdese que resulte interesante, motivador, que induza a máis amplas lecturas e a sabios padaleos de estimables viños. Nestas sesións teórico-prácticas e lúdico-serias (ou jocoserias, que dirían os nosos devanceiros composteláns) importa moito desenvolver o espírito e difundir unha cultura da bebida acougada, de calidade e compartida.

Como complemento dos cursos prevese realizar excursións a adegas emprazadas nas rutas dos viños que se anunciaran oportunamente e terán un custe suplementario.

Fará de condutor dos cursos o amateur da cultura do viño, Xavier Castro, profesor de Hª Contemporánea na USC e autor dos libros: A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea), A rosa do viño (Galaxia) e A mesa e manteis (Biblos, Col. Mandaio; Yantares gallegos, na versión en castelán da USC).

CURSO VIÑO 1, SESIÓNS:

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

1ª Sesión (Novembro. 3 Mércores): Charles Baudelaire.

2ª Sesión (Novembro. 17 Mércores): Álvaro Cunqueiro.

3ª Sesión (Decembro. 1 Mércores): Miguel de Cervantes.

4ª Sesión (Decembro. 22 Mércores): Ramón María del Valle-Inclán.

5ª Sesión (Xaneiro. 19 Mércores): Aymeric Picaud (Códice Calixtino). Viño no Camiño de Santiago.

CURSO VIÑO 2, SESIÓNS:

1ª Sesión (Novembro. 9 Martes): Rosalía de Castro.

2ª Sesión (Novembro. 23 Martes): Emilia Pardo Bazán.

3ª Sesión (Decembro. 15 Mércores): Federico García Lorca.

4ª Sesión (Xaneiro. 12 Mércores): Pablo Neruda.

5ª Sesión (Xaneiro. 26 Mércores): Ernest Hemingway.

HORARIO: de 20 a 22 horas.

LUGAR DE REALIZACIÓN

As sesións terán lugar no local Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago)

INSCRICIÓN

A inscrición realizarase no local de Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. 15705 Santiago). Horario: 10’30 a 14, 16’30 a 20’30. Sábados e Domingos aberto ao medio día). Pódese efectuar tamén a matrícula cubrindo a ficha de inscrición adxunta (na páxina web) e reenviandoa a: lardasmeigas@gmail.com. Tamén é posible realizar tamén o pagamento da matrícula en Ibercaja, nº de conta: 20858265160330075713, indicando que en que curso se inscribe ou en que sesión concreta (ou sesións), e presentando logo o resgardo en Lar das Meigas, o día da actividade.

Para máis información Teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122 / 609 653 228. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / franciscojavier.castro.perez@usc.es/ Páxina Web: www.lardasmeigas.com)

Admítese a inscrición nun curso completo, en ambos os dous, ou ben en determinadas sesións concretas (que poden pertencer aos dous cursos). Recoméndase efectuar o pagamento no momento de cubrir a ficha de inscrición. Prezos: Curso Completo de 5 sesións: 45 €. 2 Cursos Completos: 90 € (neste caso o alumno recibirá unha botella de viño como agasallo). Sesións independentes: 10 € cada una delas.

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Cunqueiro Fala do Viño

Unha paseata pola xeografía dos viños galegos da man de Álvaro Cunqueiro resulta moi enriquecedora para mellorar a arte de falar dos viños. A súa literatura cumple tamén esta función. Apuntaba o escritor mindoniense que os viños de Lemos e Chantada, cando son brancos, semellan mazás reinetas, e cando tintos, “de la clara violeta”, sendo así que se comportan ledos, soltos e pobres. Cunqueiro gustaba moito destes tintos parvos. Coa axuda do Sil, producen Ponferrada e o Bierzo uns “agudos caldos, templados y ruidosos, con su agrillo y su espuma murmuradora”. Polo pai Miño abaixo perfílanse os ribeiros miñotos de Asma e de San Fiz, espallándose por alí as viñas de Belesar. Degustábanse competentes viños –como gostaba dicir Manuel María-, non tanto os brancos como os tintos. Cualificaba aos viños chantadinos como “moi serios”, provistos dun “corpo levián e soave”.

Polo que fai ós caldos do Barco de Valdeorras, resultan ó seu ver cabales e serios. Nomeadamente, o tinto valdeorrés semelláballe un viño ancho e severo, “con la medida de la boca cuando se está comiendo fuerte, y (…) con él calmas tu sed, con la paz y el dulzor con que una mano amiga se apoya en tu hombro”. Verbo do Amandi, refire a lenda de que resultaba caro ao emperador Augusto, e confesaba que, “Yo, cuando el bimilenario, bebí un poco, para ponerme a tono con la paz romana”. E engadía: “Un viño ilustre, sin dúbida, o de Amandi, moi cortés, recatando no “bouquet” ao comenzo, para despóis deixar que viva na boca aquel lento perfume, e vaia e veña…”. Grandes viños daban, sen dúbida ningunha, os ribeiros do Avia, que posuían unha cualidade inapreciable: daban a temperatura do home. Confiaba en que algún experto puxera de manifesto que os honrados e católicos viños do Ribeiro eran os máis aptos para o bandullo da latinidade europea. Ponderaba especialmente as excelencias do viño tostado Ribeiro, ambrosía e “madre de levitaciones”. Os viños de Ribadavia participan do aura que rodea o seu aberto e preclaro nome, de aí o seu sabor a feno, a melocotón e a outono. Cunqueiro apreciaba en gran medida os brancos que levaban máis dunha metade de treixadura. Parecíanlle os viños albos os máis axeitados para despabilar a mente. Servían para o aperitivo dos estudosos, do Padre Feixóo, ou do seu mestre, Otero Pedrayo. E ademais, “á tardiña, preparan a ialma para a contemplación das brilantes estrelas”. Confiaba don Álvaro nas virtualidades dos caldos -nomeadamente brancos- en tanto que espoleadores das capacidades creativas dos escritores. Salientábao así no caso de Shakespeare, coidando que ben puidera ser que algunhas das esceas das súas mellores pezas foran fillas de “eses lóstregos que algúns viños, lúcidos e falangueiros, abren na mente”. Prodixios que os nobres viños son quen de facer.

En Salvaterra, na bisbarra do Condado, parecíalle que era Meder quen adoitaba producir os mellores tintos, caldos tradicionalmente serios e secos. Tan estupendos viños obtiveron nombradía e galardóns porque “se abrían en la boca como las alas de un pájaro que despegase después de peteirar un racimo”.

(Publcado en Galicia Hoxe, 19/11/2010)

CURSO DE CULTURA DO VIÑO; PARDO BAZÁN

CURSO DE CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

Sesión: EMILIA PARDO BAZÁN

Lugar: Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago).

Data: Novembro, 23 martes, ás 20 horas.

Condutor da sesión: Xavier Castro

Adega invitada: Regina Viarum (D.O. Ribeira Sacra)

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

A segunda sesión do 2º Curso de Cultura do Viño, Literatura e Música está dedicada a escritora e intelectual quizais máis relevante das letras hispanas da época contemporánea: Emilia Pardo Bazán. As cuestións referidas á cultura do viño teñen unha presenza moi salientable nas súas obras, coas que achega un testemuño de inestimable valor para a recreacións da sociedade galega do pasado.

Os comentarios do condutor do acto, Xavier Castro, darán conta das características esencias da súa personalidade e obra literaria, deténdose especialmente na consideración dos aspectos enolóxicos.

Mais convén tamén mollar a palabra e, deste xeito, as glosas e comentarios iranse entreverando co paladeo dos viños da Ribeira Sacra, pertencentes a prestixiosa adega Regina Viarum, que estará representada por Iván Gómez, e o recitado dalgúns textos senlleiros de Emilia Pardo Bazán, mesturado todo coa audición de documentais, pezas musicais galegas e composicións de música clásica (ilustradas con vídeos exhibidos nunha pantalla).

Como apuntaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Con ámbalas dúas especies mantivéronse os galegos na encrucillada da vida, nutrindo con elas os corpos e confortando os espíritos, tanto nas horas ledas como nas etapas pesarosas. Consonte con isto, serviranse pinchos compostos por bo pan campesiño de millo e de centeo, tan presentes nas obras da escritora coruñesa, e máis un compango de friames de porco celta e castañas asadas, que a todo isto da dereito a inscrición.

Farase asimesmo un concurso de apreciación literaria do viño, tomando como referencia e fonte de inspiración as expresións enolóxicas populares e asemade tamén as literarias.

(Para máis información Teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122 / 609 653 228. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / franciscojavier.castro.perez@usc.es/ Páxina Web: www.lardasmeigas.com)

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *

PROGRAMA XERAL DOS CURSOS DE:

CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

Lar das Meigas: Espazo para a convivialidade cordial. Un ámbito para a cultura e o goce do viño.

O propósito destes cursos consiste na realización dun achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce do viño.

Estes cursos teñen unha orientación transversal, que pretende integrar a cultura do viño coa creación literaria e a musical. En cada sesión se degustaran viños de adegueiros galegos (nomeadamente artesáns, que tamén tomarán parte no acto) que polas súas propiedades garden relación coa obra (e, por veces, tamén coa vida) dun determinado escritor. Explicitarase o vencello que existe entre ambos, comentaranse os apartados da obra literaria nos que se fai mención ao viño, e mesmo se fará un recitado de poemas e fragmentos en prosa.

Os dous cursos de Cultura do Viño, Literatura e Música consistirán en sendos ciclos de cinco sesións cada un deles. O curso 1º está plantexado para os novos alumnos, en tanto que o 2º está concibido para os veteranos. De tódolos xeitos, admítese tanto a inscrición completa no primeiro dos cursos unicamente, como só no segundo, ou ben en ambos os dous, e tamén dun xeito independente nas sesións que o interesado prefira, facendo coa súa libre escolla un menú persoal que combine determinadas sesións dos dous cursos.

Este son os escritores aos que está dedicado o 1º CURSO: Charles Baudelaire, Álvaro Cunqueiro, Miguel de Cervantes, Ramón María del Valle-Inclán e Aymeric Picaud (autor da primeira guía de peregrinos, incluída no Códice Calixtino, onde alude ao viño no Camiño de Santiago).

Polo demais, os escritores aos que está dedicado o 2º CURSO son os seguintes: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Federico García Lorca, Pablo Neruda e Ernest Hemingway.

As explicacións do condutor do curso farán referencia ao escritor que centre o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura do viño, a temática gastronómica relacionada con ela (nomeadamente, as maridaxes entre o viño e a gastronomía) e estarán entrefrebadas coas intervencións dos participantes (aléntase a participación e son benvidos os comentarios e as preguntas dos alumnos) e con momentos de goce e padaleo do viño.

Haberá, asimesmo, interludios musicais nos que se escoitaran pezas alusivas á cultura do viño (visualizadas nunha pantalla dixital) e que garden algún tipo de vínculo co escritor que protagoniza cada sesión, tanto fragmentos de óperas ou obras clásicas de diferente xaez, como tamén jazz e música popular tradicional.

O viño reclama algún compango e, deste xeito, servíranse pinchos compostos por bos pans campesiños, de millo e centeo, amén de friames de porco celta e algún petisco de queixo (a todo isto da dereito a inscrición).

Non se exclúe que a sesión poida rematar, se o ambiente creado polas persoas asistentes o fai pertinente, cun canto coral no que participemos tod@s. O esencial é que cada sesión constitúa unha experiencia de goce da convivialidade arredor do viño –que foi decote un pracer social-, dun xeito lúdico, pracenteiro e cultural. Preténdese que resulte interesante, motivador, que induza a máis amplas lecturas e a sabios padaleos de estimables viños. Nestas sesións teórico-prácticas e lúdico-serias (ou jocoserias, que dirían os nosos devanceiros composteláns) importa moito desenvolver o espírito e difundir unha cultura da bebida acougada, de calidade e compartida.

Como complemento dos cursos prevese realizar excursións a adegas emprazadas nas rutas dos viños que se anunciaran oportunamente e terán un custe suplementario.

Fará de condutor dos cursos o amateur da cultura do viño, Xavier Castro, profesor de Hª Contemporánea na USC e autor dos libros: A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea), A rosa do viño (Galaxia) e A mesa e manteis (Biblos, Col. Mandaio; Yantares gallegos, na versión en castelán da USC).

CURSO VIÑO 1, SESIÓNS:

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

1ª Sesión (Novembro. 3 Mércores): Charles Baudelaire.

2ª Sesión (Novembro. 17 Mércores): Álvaro Cunqueiro.

3ª Sesión (Decembro. 1 Mércores): Miguel de Cervantes.

4ª Sesión (Decembro. 22 Mércores): Ramón María del Valle-Inclán.

5ª Sesión (Xaneiro. 19 Mércores): Aymeric Picaud (Códice Calixtino). Viño no Camiño de Santiago.

CURSO VIÑO 2, SESIÓNS:

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

1ª Sesión (Novembro. 9 Martes): Rosalía de Castro.

2ª Sesión (Novembro. 23 Martes): Emilia Pardo Bazán.

3ª Sesión (Decembro. 15 Mércores): Federico García Lorca.

4ª Sesión (Xaneiro. 12 Mércores): Pablo Neruda.

5ª Sesión (Xaneiro. 26 Mércores): Ernest Hemingway.

HORARIO: de 20 a 22 horas.

LUGAR DE REALIZACIÓN

As sesións terán lugar no local Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago)

INSCRICIÓN

A inscrición realizarase no local de Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. 15705 Santiago). Horario: 10’30 a 14, 16’30 a 20’30. Sábados e Domingos aberto ao medio día). Pódese efectuar tamén a matrícula cubrindo a ficha de inscrición adxunta (na páxina web) e reenviandoa a: lardasmeigas@gmail.com. Tamén é posible realizar tamén o pagamento da matrícula en Ibercaja, nº de conta: 20858265160330075713, indicando que en que curso se inscribe ou en que sesión concreta (ou sesións), e presentando logo o resgardo en Lar das Meigas, o día da actividade.

Para máis información Teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122 / 609 653 228. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / franciscojavier.castro.perez@usc.es/ Páxina Web: www.lardasmeigas.com)

Admítese a inscrición nun curso completo, en ambos os dous, ou ben en determinadas sesións concretas (que poden pertencer aos dous cursos). Recoméndase efectuar o pagamento no momento de cubrir a ficha de inscrición. Prezos: Curso Completo de 5 sesións: 45 €. 2 Cursos Completos: 90 € (neste caso o alumno recibirá unha botella de viño como agasallo). Sesións independentes: 10 € cada una delas.

domingo, 14 de noviembre de 2010

Sesión Álvaro Cunqueiro, Curso Cultura do Viño / Lar das Meigas

CURSO 1º DE CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

2ª Sesión: Álvaro Cunqueiro

Lugar: Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago).

Data: Novembro, 17 mércores, ás 20 horas.

Condutor da sesión: Xavier Castro

Adega invitada: Cabaleiro do Val

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

A segunda sesión do 1º Curso de Cultura do Viño, Literatura e Música está dedicada a un dos escritores más imaxinativos das nosas letras e forxador ademais dunha peculiar sensibilidade en relación cos viños e a gastronomía de Galicia: Álvaro Cunqueiro.

Os comentarios do condutor do acto, Xavier Castro, e as intervencións da profesora María Outes, darán conta das características esencias da súa obra literaria e da súa decisiva achega ao estudo e enaltecemento dos viños galegos.

Nesta ocasión servirase un tipo de viño moi apreciado por Cunqueiro, procedente dunha acreditada adega da Terra do Salnés, Cabaleiro do Val, situada en Dena (Meaño) que elabora un viño albariño de gran calidade e feitío artesán. Poderemos coñecer así a prestancia e autenticidade das adegas artesáns da D.O. Rías Baixas, cuxa asociación preside o propietario da devandita adega, Paco Dovalo, a quen teremos ocasión de escoitar nesta sesión.

Mais convén tamén mollar a palabra e, deste xeito, as glosas e comentarios iranse entreverando co paladeo do viño albariño, e o recitado dalgúns textos senlleiros de Álvaro Cunqueiro, mesturado todo coa audición de poemas musicados e cancións (ilustradas con vídeos exhibidos nunha pantalla) de Amancio Prada, Luís Emilio Batallán, cantigas populares e algunhas obras clásicas.

Como apuntaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Con ámbalas dúas especies nutríronse os galegos e, consonte con isto, serviranse pinchos compostos por bo pan de molete de Compostela, cocido en forno de leña, loado por Cunqueiro como un dos máis sabedeiros do país, e máis un compango de queixo e castañas asadas, que a todo isto da dereito a inscrición.

Farase asimesmo un concurso de apreciación literaria do viño, tomando como referencia e fonte de inspiración as expresións enolóxicas do escritor de Mondoñedo.

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *

PROGRAMA XERAL DOS CURSOS DE:

CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

Lar das Meigas: Espazo para a convivialidade cordial. Un ámbito para a cultura e o goce do viño.

O propósito destes cursos consiste na realización dun achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce do viño.

Estes cursos teñen unha orientación transversal, que pretende integrar a cultura do viño coa creación literaria e a musical. En cada sesión se degustaran viños de adegueiros galegos (nomeadamente artesáns, que tamén tomarán parte no acto) que polas súas propiedades garden relación coa obra (e, por veces, tamén coa vida) dun determinado escritor. Explicitarase o vencello que existe entre ambos, comentaranse os apartados da obra literaria nos que se fai mención ao viño, e mesmo se fará un recitado de poemas e fragmentos en prosa.

Os dous cursos de Cultura do Viño, Literatura e Música consistirán en sendos ciclos de cinco sesións cada un deles. O curso 1º está plantexado para os novos alumnos, en tanto que o 2º está concibido para os veteranos. De tódolos xeitos, admítese tanto a inscrición completa no primeiro dos cursos unicamente, como só no segundo, ou ben en ambos os dous, e tamén dun xeito independente nas sesións que o interesado prefira, facendo coa súa libre escolla un menú persoal que combine determinadas sesións dos dous cursos.

Este son os escritores aos que está dedicado o 1º CURSO: Charles Baudelaire, Álvaro Cunqueiro, Miguel de Cervantes, Ramón María del Valle-Inclán e Aymeric Picaud (autor da primeira guía de peregrinos, incluída no Códice Calixtino, onde alude ao viño no Camiño de Santiago).

Polo demais, os escritores aos que está dedicado o 2º CURSO son os seguintes: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Federico García Lorca, Pablo Neruda e Ernest Hemingway.

As explicacións do condutor do curso farán referencia ao escritor que centre o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura do viño, a temática gastronómica relacionada con ela (nomeadamente, as maridaxes entre o viño e a gastronomía) e estarán entrefrebadas coas intervencións dos participantes (aléntase a participación e son benvidos os comentarios e as preguntas dos alumnos) e con momentos de goce e padaleo do viño.

Haberá, asimesmo, interludios musicais nos que se escoitaran pezas alusivas á cultura do viño (visualizadas nunha pantalla dixital) e que garden algún tipo de vínculo co escritor que protagoniza cada sesión, tanto fragmentos de óperas ou obras clásicas de diferente xaez, como tamén jazz e música popular tradicional.

O viño reclama algún compango e, deste xeito, servíranse pinchos compostos por bos pans campesiños, de millo e centeo, amén de friames de porco celta e algún petisco de queixo (a todo isto da dereito a inscrición).

Non se exclúe que a sesión poida rematar, se o ambiente creado polas persoas asistentes o fai pertinente, cun canto coral no que participemos tod@s. O esencial é que cada sesión constitúa unha experiencia de goce da convivialidade arredor do viño –que foi decote un pracer social-, dun xeito lúdico, pracenteiro e cultural. Preténdese que resulte interesante, motivador, que induza a máis amplas lecturas e a sabios padaleos de estimables viños. Nestas sesións teórico-prácticas e lúdico-serias (ou jocoserias, que dirían os nosos devanceiros composteláns) importa moito desenvolver o espírito e difundir unha cultura da bebida acougada, de calidade e compartida.

Como complemento dos cursos prevese realizar excursións a adegas emprazadas nas rutas dos viños que se anunciaran oportunamente e terán un custe suplementario.

Fará de condutor dos cursos o amateur da cultura do viño, Xavier Castro, profesor de Hª Contemporánea na USC e autor dos libros: A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea), A rosa do viño (Galaxia) e A mesa e manteis (Biblos, Col. Mandaio; Yantares gallegos, na versión en castelán da USC).

CURSO VIÑO 1, SESIÓNS:

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

1ª Sesión (Novembro. 3 Mércores): Charles Baudelaire.

2ª Sesión (Novembro. 17 Mércores): Álvaro Cunqueiro.

3ª Sesión (Decembro. 1 Mércores): Miguel de Cervantes.

4ª Sesión (Decembro. 22 Mércores): Ramón María del Valle-Inclán.

5ª Sesión (Xaneiro. 19 Mércores): Aymeric Picaud (Códice Calixtino). Viño no Camiño de Santiago.

CURSO VIÑO 2, SESIÓNS:

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

1ª Sesión (Novembro. 9 Martes): Rosalía de Castro.

2ª Sesión (Novembro. 23 Martes): Emilia Pardo Bazán.

3ª Sesión (Decembro. 15 Mércores): Federico García Lorca.

4ª Sesión (Xaneiro. 12 Mércores): Pablo Neruda.

5ª Sesión (Xaneiro. 26 Mércores): Ernest Hemingway.

HORARIO: de 20 a 22 horas.

LUGAR DE REALIZACIÓN

As sesións terán lugar no local Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago)

INSCRICIÓN

A inscrición realizarase no local de Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. 15705 Santiago). Horario: 10’30 a 14, 16’30 a 20’30. Sábados e Domingos aberto ao medio día). Pódese efectuar tamén a matrícula cubrindo a ficha de inscrición adxunta (na páxina web) e reenviandoa a: lardasmeigas@gmail.com. Tamén é posible realizar tamén o pagamento da matrícula en Ibercaja, nº de conta: 20858265160330075713, indicando que en que curso se inscribe ou en que sesión concreta (ou sesións), e presentando logo o resgardo en Lar das Meigas, o día da actividade.

Para máis información Teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / Páxina Web: www.lardasmeigas.com)

Admítese a inscrición nun curso completo, en ambos os dous, ou ben en determinadas sesións concretas (que poden pertencer aos dous cursos). Recoméndase efectuar o pagamento no momento de cubrir a ficha de inscrición. Prezos: Curso Completo de 5 sesións: 45 €. 2 Cursos Completos: 90 € (neste caso o alumno recibirá unha botella de viño como agasallo). Sesións independentes: 10 € cada una delas.

Falar do Viño

Ninguén falou dos viños galegos –e, en verdade, das cousas todas do país- con tanta graza e xeito como Cunqueiro. No seu criterio, eran os galegos uns viños de “tirarlles a pucha”. Aprezaba ademais determinadas concomitancias entre os o feitío dos caldos galegos e o carácter, o ethos das xentes do país; opinaba, deste xeito, que os nosos viños son: “como somos nós, humildes e mansos, honestos, suaves e remisos”. Por certo, que non dista moito esta percepción da que pergueñou Miguel Hernández: “gallegos de lluvia y calma”. Todo un programa de goberno en tempos de desertización e seca na Hispania e mesmo en boa parte do planeta e, nin que decir ten, de estrés globalizado tamén.

Cunqueiro tivo sempre a orella moi fina para a escoita da fala viva da xente, que logo recreou nas súas obras. No xeito popular de expresar o aprezo das cualidades dos viños desempeñaba un relevante papel o aspecto visual: o viño novo tiña que presentar un aspecto satisfactorio para que se considerase que estaba xa feito e, por conseguinte, apto para a bebida. Adoitábase empregar comunmente a expresión, que recolle tamén Otero Pedrayo nunha peza teatral, de que o viño tiña que “dar a cara”. Mais esta maneira de referirse a tal requisito podía dar pé a certo equívoco. Un trazo que lle confería prestancia e valor a un caldo era que fose “chispeiro”. Un refrán sentenciaba que: “O viño que é chispeiro non precisa de pregoeiro”. O diccionario de Eladio Rodríguez ofrece unha definición moi axeitada do “viño chispeiro”, ou ben “viño con chispa”, inferida da acepción que reviste na comarca do Ribeiro; sinala que chispeiro é o viño: “que salta y burbujea al echarlo en el vaso o en la taza, demostrando buena calidad”. Valorábase pois o viño que salta ou chispelea. Un proverbio consignado nos refraneiros galego e castelán establecía toda unha regra de cálculo do gosto alimentario popular, referido ás calidades de tres productos básicos: “Viño, que salte; queixo, que chore; pan, que cante”. Semella evidente que se postula un tipo de queixo fresco e rezumante, que metaforicamente “chore”; o pan debía “cantar”, por estar trísquente; e o propio do viño é que “salte”, pola súa graza e animación. Nun furancho dos arredores de Vigo, Eliseo Alonso recolleu unha variante do citado refrán: “O pan con ollos; o queixo, sen ollos; o viño que salte os ollos. Teimase na idea de que o viño sexa vivaz, ledo e brillante.

Era costume reparar tamén na escuma que se tivese formado ó caer o chorro de viño. Cando se escanciaba un bo viño reparábase en se as burbullas eran abondosas e se formaban unha estrela; deste xeito, era común a expresión ponderatoria: “qué estrela ten este viño!”. Se o viño formaba burbullas, xa inicialmente, a xeito dun rosario de escumas nos arredores do chorro, segundo este ía caendo, para apousentárense despois nas marxes da cunca, declaraban que era “rezador”- calificativo que tamén servía para apreciar a augardente-, sinal incontestable de que o que tiñan diante era un viño apto para santos bebedores.

(Publicado en Galicia Hoxe, 12/11/2010)

lunes, 8 de noviembre de 2010

Curso sobre Cultura do Viño: Rosalía de Castro

CURSO 2º DE CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

1ª Sesión: Rosalía de Castro

Condutor da sesión: Xavier Castro

Adega invitada: Aurea Lux (D.O. Ribeiro)

Data: Novembro, 9 martes, ás 20 horas.

Lugar: Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47. Santiago).

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

A primeira sesión do 2º Curso de Cultura do Viño, Literatura e Música está dedicada a Rosalía de Castro, que non é só unha das grandes creadoras da cultura europea oitocentista, senón que, dende a sensibilidade actual, aínda os seus versos gozan de louzanía e resultan connotativos e portadores de emocións para moitas persoas da nosa época. A súa obra ten ademais un grande interese etnolóxico e contén unha fecunda canteira de referencias aos viños de nós, e singularmente do Ribeiro, o viño máis nobre ao traveso da historia toda de Galicia, sendo merecente da gabanza de Cervantes e Tirso de Molina.

Os comentarios do condutor do acto, Xavier Castro, darán conta das características esencias da súa obra literaria, moi vencellada a súa peripecia vital, e aludirán ás referencias que a poetisa fai á cultura do viño. Ademais, a profesora María Outes fará a recitación dalgúns poemas. Mais convén tamén mollar a palabra, e deste xeito as glosas iranse entreverando co paladeo dos viños do Ribeiro, e o recitado dalgúns textos senlleiros de Rosalía, mesturado todo coa audición de poemas musicados e cancións (ilustradas con vídeos exhibidos nunha pantalla) de Amancio Prada, Luís Emilio Batallan, cantigas populares e algunhas obras clásicas.

Nesta ocasión serviranse -ça va de soi- viños do Ribeiro. A adega invitada, Aurea Lux, ben representada polo seu promotor, o profesor de socioloxía Manuel Docampo, constitúe un obradoiro artesanal que elabora uns caldos de probada calidade: Leive Paradigma, elaborado con uva treixadura, albariña e loureira, e a outra marca de seu, Leive Treixadura, que presenta un carácter monovarietal, e ademais tamén o tinto Preto, mosto polisémico de nome e de substancia, evocador en todo caso da calidez do achegamento humano.

Como sinalaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Conformes con isto, serviranse pinchos compostos por bos pans campesiños, de millo e centeo, e tamén algún compango de friames de porco celta e petiscos de queixo, que a todo isto da dereito a inscrición.

Para rematar, farase asimesmo un concurso de “A rosa do viño” que permitirá ao gañador obter un premio no que se concitan a excelencia do viño co beneficio da cultura.

Agardo que a sesión a todos preste.

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *

PROGRAMA XERAL DOS CURSOS DE:

CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

Lar das Meigas: Espazo para a convivialidade cordial. Un ámbito para a cultura e o goce do viño.

O propósito destes cursos consiste na realización dun achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce do viño.

Estes cursos teñen unha orientación transversal, que pretende integrar a cultura do viño coa creación literaria e a musical. En cada sesión se degustaran viños de adegueiros galegos (nomeadamente artesáns, que tamén tomarán parte no acto) que polas súas propiedades garden relación coa obra (e, por veces, tamén coa vida) dun determinado escritor. Explicitarase o vencello que existe entre ambos, comentaranse os apartados da obra literaria nos que se fai mención ao viño, e mesmo se fará un recitado de poemas e fragmentos en prosa.

Os dous cursos de Cultura do Viño, Literatura e Música consistirán en sendos ciclos de cinco sesións cada un deles. O curso 1º está plantexado para os novos alumnos, en tanto que o 2º está concibido para os veteranos. De tódolos xeitos, admítese tanto a inscrición completa no primeiro dos cursos unicamente, como só no segundo, ou ben en ambos os dous, e tamén dun xeito independente nas sesións que o interesado prefira, facendo coa súa libre escolla un menú persoal que combine determinadas sesións dos dous cursos.

Este son os escritores aos que está dedicado o 1º CURSO: Charles Baudelaire, Álvaro Cunqueiro, Miguel de Cervantes, Ramón María del Valle-Inclán e Aymeric Picaud (autor da primeira guía de peregrinos, incluída no Códice Calixtino, onde alude ao viño no Camiño de Santiago).

Polo demais, os escritores aos que está dedicado o 2º CURSO son os seguintes: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Federico García Lorca, Pablo Neruda e Ernest Hemingway.

As explicacións do condutor do curso farán referencia ao escritor que centre o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura do viño, a temática gastronómica relacionada con ela (nomeadamente, as maridaxes entre o viño e a gastronomía) e estarán entrefrebadas coas intervencións dos participantes (aléntase a participación e son benvidos os comentarios e as preguntas dos alumnos) e con momentos de goce e padaleo do viño.

Haberá, asimesmo, interludios musicais nos que se escoitaran pezas alusivas á cultura do viño (visualizadas nunha pantalla dixital) e que garden algún tipo de vínculo co escritor que protagoniza cada sesión, tanto fragmentos de óperas ou obras clásicas de diferente xaez, como tamén jazz e música popular tradicional.

O viño reclama algún compango e, deste xeito, servíranse pinchos compostos por bos pans campesiños, de millo e centeo, amén de friames de porco celta e algún petisco de queixo (a todo isto da dereito a inscrición).

Non se exclúe que a sesión poida rematar, se o ambiente creado polas persoas asistentes o fai pertinente, cun canto coral no que participemos tod@s. O esencial é que cada sesión constitúa unha experiencia de goce da convivialidade arredor do viño –que foi decote un pracer social-, dun xeito lúdico, pracenteiro e cultural. Preténdese que resulte interesante, motivador, que induza a máis amplas lecturas e a sabios padaleos de estimables viños. Nestas sesións teórico-prácticas e lúdico-serias (ou jocoserias, que dirían os nosos devanceiros composteláns) importa moito desenvolver o espírito e difundir unha cultura da bebida acougada, de calidade e compartida.

Como complemento dos cursos prevese realizar excursións a adegas emprazadas nas rutas dos viños que se anunciaran oportunamente e terán un custe suplementario.

Fará de condutor dos cursos o amateur da cultura do viño, Xavier Castro, profesor de Hª Contemporánea na USC e autor dos libros: A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea), A rosa do viño (Galaxia) e A mesa e manteis (Biblos, Col. Mandaio; Yantares gallegos, na versión en castelán da USC).

CURSO VIÑO 1, SESIÓNS:

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

1ª Sesión (Novembro. 3 Mércores): Charles Baudelaire.

2ª Sesión (Novembro. 17 Mércores): Álvaro Cunqueiro.

3ª Sesión (Decembro. 1 Mércores): Miguel de Cervantes.

4ª Sesión (Decembro. 22 Mércores): Ramón María del Valle-Inclán.

5ª Sesión (Xaneiro. 19 Mércores): Aymeric Picaud (Códice Calixtino). Viño no Camiño de Santiago.

CURSO VIÑO 2, SESIÓNS:

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

1ª Sesión (Novembro. 9 Martes): Rosalía de Castro.

2ª Sesión (Novembro. 23 Martes): Emilia Pardo Bazán.

3ª Sesión (Decembro. 15 Mércores): Federico García Lorca.

4ª Sesión (Xaneiro. 12 Mércores): Pablo Neruda.

5ª Sesión (Xaneiro. 26 Mércores): Ernest Hemingway.

HORARIO: de 20 a 22 horas.

LUGAR DE REALIZACIÓN

As sesións terán lugar no local Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago)

INSCRICIÓN

A inscrición realizarase no local de Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. 15705 Santiago). Horario: 10’30 a 14, 16’30 a 20’30. Sábados e Domingos aberto ao medio día). Pódese efectuar tamén a matrícula cubrindo a ficha de inscrición adxunta (na páxina web) e reenviandoa a: lardasmeigas@gmail.com. Tamén é posible realizar tamén o pagamento da matrícula en Ibercaja, nº de conta: 20858265160330075713, indicando que en que curso se inscribe ou en que sesión concreta (ou sesións), e presentando logo o resgardo en Lar das Meigas, o día da actividade.

Para máis información Teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / Páxina Web: www.lardasmeigas.com)

Admítese a inscrición nun curso completo, en ambos os dous, ou ben en determinadas sesións concretas (que poden pertencer aos dous cursos). Recoméndase efectuar o pagamento no momento de cubrir a ficha de inscrición. Prezos: Curso Completo de 5 sesións: 45 €. 2 Cursos Completos: 90 € (neste caso o alumno recibirá unha botella de viño como agasallo). Sesións independentes: 10 € cada una delas.

Rosalía de Castro e a Marxinación da Muller (II)

Méndez Ferrín ten salientado que a pluma de Rosalía Castro foi unha das moi contadas que salientaron as diferenzas sociais que dividían á comunidade aldeá, ollada como un todo indistinto e compacto polos máis dos creadores galegos. Na obra da escritora padronesa existen os pobres e tamén quedan patentes os riscos de insolidaridade que se producían entre os veciños, aos que unha imaxe tópica e idealizadora teima en presentar por veces como un agregado entregado sen apenas fendas ás prácticas de cooperación comunitaria. Porén, Rosalía, alude en “Miña casiña, meu lar”, de Follas novas, aos desentendementos e mesmo desavenencias que por suposto tamén se producían: “Fun á porta dun veciño / que tiña todo a fartar; / pedín-lle unha pouca broa / e non ma quixo emprestar”.

Pero aínda ademais tivo Rosalía a perspicacia para reparar nas diferencias de xénero que se rexistraban no seu tempo. Chamou, deste xeito, a atención sobre os atrancos e graves incomprensións que encontraban as “literatas” para seren aceptadas nunha Galicia decimonónica marcadamente andrárquica. E tamén puxo en evidencia a marxinación da muller galega de toda condición, e a súa supeditación con respeito ao home. E aludiu así mesmo á desigualdade que se rexistraba no matrimonio que o convertía una pésimo negocio para a muller, sen esquecer tampouco a discriminación laboral que existía daquela e que conlevaba unha notable sobrecarga de tarefas para as mulleres, reparando no feito de que a muller campesiña traballaba nos eidos, ía por auga, leña, e fariña ao muíño, e aínda por riba cargaba en exclusiva coa limpeza e arranxo da fogar. Polo demais, a poetisa puña de relevo algúns aspectos da condición feminina en relación coa alimentación. As mulleres comían menos e tamén cataban unha ración de viño inferior. Beber viño constituía non poucas veces un problema para a súa valoración social, e a muller víase obrigada a beber “de ocultis” para non quedar exposta á censura. Así, no poema “Xan”, pertencente a Follas novas, alude a Pepa, unha muller labrega que ““si pode bota un neto / ca comadre, qu'agachado / trai-llo embaixo do mantelo”.

Tamén as fontes orais sinalan que este tipo de situacións eran máis correntes nas mulleres anciás, que se encontraban soas, abandonadas, ou –como dicía unha informante- “aburridas” (o que podería traducirse por: deprimidas). Pero, non deixa de ser certo que conseguir viño para beber era un problema para todas as mulleres, fora cal fora a súa idade. Ben de maneira regular, ou ben nalgunha etapa da súa vida, a muller que sentise desexos de beber tiña que deseñar algunha estratexia para obter o viño. Dende logo, hai informacións que suxiren que as mulleres xoves tamén recurrían ó expedente do desemulo. Existe no cancioneiro popular unha cantiga, de intención denunciatoria, alusiva ó ocultamento de que se valían as mozas celosas de preservar o seu creto público para efectuar a compra de viño. Velaí: "As mozas de Vilanova / dicen que non beben viño / e debaixo do mantelo / levan o xerro escondido". Existe tamén unha versión moi semellante no cancioneiro popular español: “Las señoritas de ahora / dicen que non beben vino; / debajo del polisón / llevan el jarro escondido”.

(Publicado en Galicia Hoxe, 05/11/2010)