viernes, 6 de septiembre de 2019
Entrevista a Xavier Castro en revista Cepas y Vinos. Agosto 2019
martes, 8 de mayo de 2018
ine, Viño, Cultura. Julio Camba. Ateneo. CGAC. Son de Arrieiro
XORNADAS DE CINEMA, VIÑO E
CULTURA GALEGA. 3ª SESIÓN
JULIO CAMBA. TALENTO, HUMOR E GASTRONOMÍA. DOCUMENTAIS:
BARCELONA 1900. MADRID 1910
Colabora: Ateneo de Santiago
Condutor da Sesión: Xavier Castro
Lugar: Cafetería do CGAC. Rúa Valle-Inclán, 2. Santiago de
Compostela.
Data:
Mércores, 9 de Maio, de 20 a 22 horas.
ADEGA: Son de Arrieiro (Leiro. D.O. Ribeiro)
Intervirá a adegueira Xulia Mar Bande.
PRESENTACIÓN
A
terceira sesión das Xornadas de Cinema, Viño e Cultura
Galega, realizadas en colaboración co Ateneo de Santiago, está
dedicada a glosar a traxectoria vital e a obra
de Julio Camba, nado nunha terra fértil en creadores, Vilanova de
Arousa, cando corría o ano 1882. Desempeñouse como corresponsal de prensa en
varias capitais estranxeiras, cultivando con extraordinario talento a crónica e
a literatura xornalística. Pergueñou os seus artigos cun inconfundible estilo,
xalonado con celebrados rasgos de ironía e humor intelixente, que induciu a Ortega
y Gasset –de ordinario pouco propenso a eloxiar os merecementos dos demais
intelectuais-, a consideralo como “la más pura y elegante inteligencia de
España”.
Os
comentarios do condutor do evento, Xavier
Castro, darán conta das características esencias da súa obra literaria, moi
vencellada a súa peripecia vital, e aludirán ás referencias que o escritor de
Vilanova fai á cultura do viño e a gastronomía, nomeadamente no seu libro La casa de Lúculo. Mais convén tamén
mollar a palabra, e deste xeito as glosas e achegas documentais iranse
entreverando co goce hedonista dos viños do Ribeiro, e o recitado dunha escolma
de textos senlleiros de Camba. Mesturado con isto, exhibiranse documentais e videoclips
musicais representativos da época na que desenvolveu a obra este magnífico
escritor, primordialmente a propia dos cabarés e cafés cantantes, nos que as cupletistas de
moda regocixaban ao público. Este
conversador infatigable foi asiduo ás tertulias dos cafés, aos que se
desprazaba dende a habitación sinxela do hotel Palace, que ocupaba en graza da
amizade, por carecer de domicilio propio. De feito, rexeitou a proposta de
incorporación á Real Academia Española, aducindo, con retranqueira modestia,
que aquelo non podía ser posto que o que se lle ofrecía era un sillón cando o
que el necesitaba era un piso.
Para mollar cumpridamente a palabra, haberá ocasión de
catar os excelentes viños, branco e tinto, elaborados
ambos con castes autóctonas, da
recoñecida adega de Leiro, Son de Arrieiro, que goberna con acerto
unha das mulleres que están a romper a pana no mundo da viticultura,
considerado tradicionalmente como un reducto masculino, Xulia Mar Bande.
Agora ben, como sinalaba Otero Pedrayo, non é posible entender a
Galicia do viño sen a Galicia do pan. Consecuentemente, serviranse petiscos de pans de calidade, friames,
queixo galego e un gastropetisco inspirado en Julio Camba, que a todo isto da
dereito a inscrición que se efectuará con antelación na cafetería do CGAC ou
ben por mediación do Ateneo, opción reservada para os seus socios.
LUGAR DE REALIZACIÓN
Cafetería do Centro Galego de
Arte Contemporáneo (CGAC). Rúa Valle-Inclán, 2. Santiago de Compostela.
DATA
Mércores, 9
de Maio.
HORARIO
De 20 a 22 horas.
PREZO
-12 euros (con dereito a varios viños e petiscos).
-Aforo limitado polo que é imprescindible reservar. Venda de entradas en Cafetería do CGAC (Luns pechada): cafeteriacgac@gmail.com / Teléfono: 981 546 624.
martes, 1 de mayo de 2018
Xornadas de Cinema, Viño e Cultura Galega. 2ª Sesión: ROSALÍA DE CASTRO TRIBULACIÓNS DUNHA LITERATA. FILME: historia de ser muller
Colabora: Ateneo de Santiago
Condutor da Sesión: Xavier
Castro
Lugar: Cafetería do CGAC.
Rúa Valle-Inclán, 2. Santiago de Compostela.
Data: Mércores, 2 de
Maio, de 20 a 22 horas.
ADEGA: PACO & LOLA (D.O.
Rías Baixas)
PRESENTACIÓN
A segunda sesión das Xornadas
de Cinema, Viño e Cultura Galega, realizadas en colaboración co
Ateneo de Santiago, está dedicada a glosar a
traxectoria vital e a obra de Rosalía de Castro, unha das grandes
creadoras da cultura europea oitocentista. Como é ben patente, aínda gozan os
seus versos de louzanía e resultan vibrantes e emotivos para os lectores do
noso tempo. A súa obra ten ademais un grande interese etnolóxico e contén unha
fecunda canteira de referencias aos viños e xantares de nós, que haberá que
salientar. Deste xeito, os comentarios do
condutor deste evento, Xavier Castro,
darán conta das características esencias da súa obra literaria, moi vencellada
a súa peripecia vital, e dos atrancos e discriminacións que afectaban de xeito
indefectible ás mulleres escritoras para ver recoñecido o seu talento.
As glosas e achegas documentais iranse
entreverando co goce de excelentes viños e a recitación de textos senlleiros de
Rosalía, intercalados con cantigas populares, poemas musicados e cancións en videoclips,
nomeadamente de Amancio Prada, Luís Emilio Batallan e Luz Casal.
Para mollar cumpridamente a palabra,
haberá ocasión de catar os excelentes viños da adega Paco & Lola, unha das máis prestixiosas de Galicia (Denominación de Orixe Rías Baixas) que presentará as súas recoñecidas
referencias, unha das cales denominada Follas Novas, en homaxe
á poetisa galega. Agora ben,
como sinalaba Otero Pedrayo, non é posible
entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Consecuentemente, serviranse
petiscos de pans de calidade,
friames, queixo galego e un gastropetisco rosaliano (creación do chef Diego Marzoa), que a todo isto da dereito a inscrición que se
efectuará con antelación na cafetería do CGAC ou ben por mediación do Ateneo,
opción reservada para os seus socios.
LUGAR DE REALIZACIÓN
Cafetería do CGAC. Rúa
Valle-Inclán, 2. Santiago de Compostela.
DATA
Mércores, 2
de Maio.
HORARIO
De 20 a 22 horas.
PREZO
-12 euros (con dereito a varios viños e petiscos).
-Aforo limitado polo que é imprescindible reservar. Venda de entradas en
Cafetería do CGAC (Luns
pechada): cafeteriacgac@gmail.com / Teléfono: 981 546 624.
Xavier Castro: Especialista
na historia da cultura do viño e a alimentación, director de varios proxectos
de investigación e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015. Libros do
autor: A rosa do viño (Galaxia), A
lume manso (Galaxia), A la sombra
ejemplar de los parrales (Trea) e A
mesa e manteis (Biblos) / E-mail: f.x.cp@hotmail.com / Móbil: 609 653
228
lunes, 9 de abril de 2018
Emilia Pardo Bazán e Feminismo / Xavier Castro/cafet.CGAC
XORNADAS DE CINEMA, VIÑO E CULTURA GALEGA
1ª SESIÓN: EMILIA PARDO
BAZÁN: CRÍTICA DO CACIQUISMO E GABANZA DO FEMINISMO. FILMES: LA CONDESA REBELDE; LOS
PAZOS DE ULLOA
Colabora: Ateneo
de Santiago
Condutor da
Sesión: Xavier Castro
Lugar: Cafetería do
CGAC. Rúa Valle-Inclán, 2. Santiago de Compostela.
Data: Mércores, 11
de Abril, de 20 a 22 horas.
ADEGA: AUREA LUX (Cenlle. D.O. Ribeiro). Manuel Docampo
PRESENTACIÓN
A primeira sesión das Xornadas de Cinema, Viño e Cultura Galega,
está dedicada a figura de Emilia Pardo Bazán, que salientou
extraordinariamente como literata. Ademais, a súa obra reviste un notable
interese como testemuña da sociedade do seu tempo. Reparemos en especial nas
referencias á cultura do viño, na súa crítica do caciquismo, contida en Los
pazos de Ulloa, nas duras condicións de traballo das operarias da fábrica
de tabacos da Coruña, expostas en La tribuna, e no seu labor a prol
dos dereitos da muller, para a que postulaba un proxecto de vida autónoma.
Levarase a termo este achegamento con recursos multimedia: textos, anacos de
filmes e documentais testemuñais, e así mesmo pezas musicais que garden
relación tanto coa ilustre escritora como coa cultura do viño
Mais convén tamén mollar a palabra e,
deste xeito, as glosas e comentarios do director das Xornadas, Xavier
Castro, iranse entreverando coa degustación dos viños da recoñecida Adega Aurea Lux, situada en Cenlle (D.O. Ribeiro), pioneira na orientación ecolóxica e ben representada por Manuel
Docampo. Esta adega elabora, cun feitío artesanal e depurada calidade
técnica, uns viños de probada calidade: Leive Paradigma, elaborado con
uva treixadura, albariña e loureira, e a outra marca de seu, Leive
Treixadura, que presenta un carácter monovarietal. Haberá ocasión de gozar
asemade do branco reserva Leive Reliquia e
dun tinto de crianza, con certificación ecolóxica, Preto de Leive.
Agora ben, como sinalaba Otero
Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan.
Consecuentemente, serviranse petiscos de pan de calidade,
friames, queixo galego e un gastropetisco, que a todo isto da dereito a
inscrición que se efectuará con antelación na cafetería do CGAC ou ben por
medio do Ateneo, opción que teñen os seus socios cun desconto de 2 euros.
LUGAR DE REALIZACIÓN
Cafetería do CGAC. Rúa Valle-Inclán, 2. Santiago de Compostela.
DATA
Mércores, 11 de Abril.
HORARIO
De 20 a 22 horas.
PREZO
-12 euros (con dereito a varios viños e petiscos).
-Aforo limitado polo que é imprescindible
reservar. Venda de entradas en Cafetería do
CGAC: cafeteriacgac@gmail.com / Teléfono: 981
546 624.
viernes, 9 de marzo de 2018
Viño, Cinema e Cultura. Berlín de B. Brecht e Cabaret. Riquela (Santiago). Viño Aurea Lux
XORNADAS DE CINEMA, VIÑO E CULTURA
(EN SANTIAGO)
BERLÍN, ANOS 1920-30: BERTOLT BRECHT, ALFRED
DÖBLIN (Berlín Alexanderplatz). FILMES: CABARET & METRÓPOLIS
SALA RIQUELA (BAR)
UN ESPAZO PARA A CULTURA E O
GOCE DO VIÑO
Condutor da Sesión: Xavier
Castro
Intervirá: Xoán Luaces-Fandiño
Lugar: Sala
Riquela (Bar). Rúa do Preguntoiro, 35. Santiago
Data: Mércores, 14 de Marzo, de 20 a 22’15 horas.
ADEGA: AUREA LUX (Cenlle.
D.O. Ribeiro). Manuel Docampo
PRESENTACIÓN
Pensamos que non é unha mala opción
rematar o día cunha boa copa de viño, que non o reclama a sede senón a
gratitude á vida, atendendo o dito de Álvaro Cunqueiro, de
que non só se bebe para olvidar, senón tamén para recordar.
Nesta sesión, nas Xornadas de Cinema, Viño e Cultura evocarase
ao Berlín da época da República de
Weimar, entre 1918 e 1933, en que foi o epicentro da cultura occidental e
un laboratorio no que se experimentaron novas formas de arte, de liberdade de
costumes e de maneiras de entender a vida e a relación entre os sexos. Un
dato elocuente do seu apoxeo: daquela, a capital alemaña contaba con cento vinte xornais diarios e con
corenta teatros.
No medio dunha forte crise económica, co
seu corolario de inflación e carestía da vida, a sociedade berlinesa viviu
cunha intensa axitación de conciencia, pero tamén con grande vitalidade, as
transformacións que se produciron no eido da cultura, das artes e dunha
situación política marcada polo espírito revolucionario e o auxe dos
totalitarismos. A explosiva riqueza cultural dos años
de Weimar concrétase na vibrante pintura expresionista de Kirchner, Schilchter e Grosz, na poesía e o teatro épico de Bertolt
Brecht, sen esquecer o de Piscator, nos planteamentos da moderna
arquitectura racionalista de Gropius, na Bauhaus, e
na filosofía da existencia de Heidegger. Pero tamén no
cinema artístico da UFA, que impresionaba a Hollywood con filmes artísticos tan desacougantes como Metrópolis, Nosferatu, M.
o vampiro de Düsseldorf e O gabinete do doutor Caligari.
Contribuíu a este esplendor o talento de
literatos como Thomas Man e Alfred Döblin, un grande renovador as letras que, en Berlín Alexanderplatz,
serviuse de procedementos
narrativos semellantes aos empregados por Joyce no Ulises. Houbo
outros que deixaron un valioso testemuño da capital prusiana: Arthur R. G. Solmssen,
con Unha princesa en Berlín, e Christopher
Isherwood, co engaiolante relato Adeus a Berlín,
traducida ao español por Jaime Gil de Biedma. Esta última novela inspirou os
filmes I am a camera, dirixida por Henry Cornelius, en
1955, e posteriormente a glamurosa Cabaret,
de Bob Foss.
No espazo compostelán Riquela,
os profesores Xavier Castro e Xoán Luaces-Fandiño adentaranse, cun enfoque multimedia, no
ambiente cultural berlinés coa axuda de documentais de excepcional
calidade, como Berlín, sinfonía de una gran ciudad (1927). Haberá, así mesmo,
interludios musicais nos que se escoitaran algunhas das míticas cancións que conformaron a banda sonora daquel tempo:
o do cabaré. político o transgresor (Kurt Weill), o jazz, a Ópera
dos tres peniques, Woyzeck, Lulú e as
operetas de Franz Léhar. Escoitaránse as lendarias divas Lotte Lenya,
Marlene Dietrich (Lili Marleen) e a máis nova Lizza Minnelli.
E non podemos esquecer tampouco os aires da nova música
de Schoenberg e Berg que puxeron de actualidade a
atonalidade e a técnica dodecafónica.
Deste xeito, levarase a cabo, dun
xeito ameno, un achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata que ao
propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce hedonista do
viño. Nesta ocasión
poderemos apreciar os excelentes caldos da prestixiosa Adega Aurea Lux, situada
en Cenlle (D.O. Ribeiro), ben representada
por Manuel Docampo. Esta adega elabora, cun feitío artesanal e
depurada calidade técnica, uns viños de probada calidade: Leive
Paradigma, elaborado con uva treixadura, albariña e loureira, e a outra
marca de seu, Leive Treixadura, que presenta un carácter
monovarietal. Haberá ocasión de gozar asemade do branco reserva Leive Reliquia e dun tinto de
crianza, con certificación ecolóxica, Preto de Leive.
Agora ben, como sinalaba Otero Pedrayo, non é
posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan.
Consecuentemente, serviranse petiscos de pan de
calidade, friames, salchichas de Frankfurt e queixo galego, que a todo isto da
dereito a inscrición que se efectuará na propio Riquela, en días
previos á sesión (prezo da entrada: 12 euros). Ao cabo, como se
recibía ao público na película Cabaret: Willkommen,
Bienvenue, Welcome!
LUGAR DE REALIZACIÓN
Sala Riquela (Bar). Rúa do Preguntoiro, 35. Santiago.
DATA
Mércores, 14 de Marzo.
HORARIO
De 20 a 22’15 horas.
PREZO
-12 euros (con dereito a varios viños e petiscos).
-Aforo limitado. Venda de entradas en Riquela: eventos@riquela.com Teléfono: 648
47 81 09.
Xavier
Castro: Especialista na historia do
viño e a alimentación, director de varios proxectos de investigación e Premio
Picadillo do Fórum Gastronómico 2015. Libros do autor: A rosa do
viño (Galaxia), A lume manso (Galaxia), A
la sombra ejemplar de los parrales (Trea) e A mesa e
manteis (Biblos) (En castelán: Yantares Gallegos,
USC)
Xoán Luaces-Fandiño: Periodista radiofónico, ha
venido realizando diversos programas para Radio Clásica, Radio Nacional de
España, desde 2011. En prensa escrita, trabajó en Diario 16, y ha sido
colaborador en el suplemento El Dominical, el Grupo Zeta, la revista Consejos de
tu Farmacéutico, Elle Magazine, la revista Gramophone, Ritmos del Mundo y
diversas revistas musicales españolas. Es profesor de Medios Audiovisuales,
Periodismo, y educación de la voz, y ha participado en numerosas producciones
discográficas como director de comunicación, asesor de imagen y escritor de
textos musicales para Altafonte, Boa Música o Fol Música (disco oficial Xacobeo
2010 Cantigas do Camiño, Discopólis Radio 3. Alfredo Kraus Inédito, Cantares
Gallegos de Joaquín Pixán, entre otros).
lunes, 19 de febrero de 2018
EL VINO DE LOS PAZOS GALLEGOS (FARO DE VIGO)
EL VINO DE LOS PAZOS GALLEGOS
http://www.galiciaenvinos.es/noticias/el-vino-de-los-pazos.html
(Artículo publicado en FARO DE VIGO, 18/02/2018)
El tostado es el gran aristócrata de los vinos gallegos: Ha sido el vino de los pazos señoriales en los que residía la hidalguía gallega y también de los propietarios acomodados.
En Galicia hay dos productos, el tostado del Ribeiro y el pulpo a la feria (a la gallega, como se le conoce fuera) que encarnan la memoria simbólica del paladar, de igual modo que el vino dulce de Tokay y el goulash plasman la identidad gastrocultural de Hungría.
El tostado es el gran aristócrata de los vinos gallegos: Ha sido el vino de los pazos señoriales en los que residía la hidalguía gallega y también de los propietarios acomodados.
El “vino color topacio”, como lo calificó encomiásticamente Emilia Pardo Bazán, el tostado del Ribeiro, gozó históricamente de un gran prestigio. Relevantes escritores se sumaron a su celebración. Álvaro Cunqueiro hacía su elogio en cuanta ocasión se le presentaba. En La cocina cristiana de Occidente, ponderó las excelencias del vino tostado del Ribeiro, exaltándolo como “ambrosía, madre de levitaciones”, haciendo suya una frase ya celebrada. Y se dejó llevar por esta pasión en su obra de creación, como se puede apareciar en el mosaico narrativo que se verá a continuación: El maestro Flute, personaje que tenía un roncar muy acompasado y suspiraba por las esfaragulladas con torrezmos, estaba últimamente un poco desmejorado. Cuando Merlín se percató de que se encontraba perjudicado, le recomendó que bebiera un chiquito de tostado para que se le pasara. Parece que siguió esta recomendación, puesto que según apuntaba el paje: “Se consoló el maestro Flute dos veces con el tostado que le serví”. Y así se animó, afinó la flauta y tocó una pieza muy galana: una danza que se denominaba, con resonancias proustianas, “swan’s pavane”, pavana de los cisnes. Por lo demás, un enano salido de un castillo le pidió al paje de Merlín que le trajese unas roscas y una copita de tostado. Un poco más tarde, el mago Merlín leía muy entonado, como cura de epístola, al principe y a toda la hueste menuda, en tanto que los pequeños de la familia picoteaban en las roscas, después de remojarlas en el tostado.
También Ramón Otero Pedrayo le otorgó al tostado, joya de la corona del Ribeiro, un alto prestigio literario. En su obra, El desengaño del prior, Don Guindo, en veta de galante cantor, hace esta bella comparación: “Un traguito de tostado... Es sol en los sauces y en los parrales de tus ojos...”. Una bella imagen a consignar en los anales de la poética amatoria. A mayor abundamiento, el poeta Eladio Rodríguez González ensalzó la milagrosa dulzura y melosidad del tostado ribeirano y Valentín Lamas Carvajal se erigió en su entusiasta enaltecedor.
A pesar de ser el vino noble de Galicia, el tostado no consiguió una buena difusión comercial en el propio mercado gallego. No se solía ofrecer en los menús de los restaurantes distinguidos, ni tampoco en los de los cafés y hoteles, como acontecía, por vía de ejemplo, en el Hotel Compostela, de la ciudad del Apóstol. El Jerez era la bebida dulce que se solía sevir es estos establecimientos. En efecto, Álvaro de las Casas puso de relieve en 1936, el hecho de que no era posible encontrar el vino tostado gallego en la mayor parte de los cafés de las ciudades y pueblos de Galicia. Contra esta situación clamaba el arredista orensano así: “Exigid en todos los cafés, por suntuosos y encopetados que sean, vino, tostado y augardiente del Ribeiro, estimulad su consumo. En todos los cafés del mundo se encuentran productos semejantes, de los respectivos paises. Solamentes en nuestras pobres ciudades gallegas una ola de nefasta cursilería ha conseguido desterrar nuestros productos para imponer en su lugar otros extranjeros peores, más caros, menos sanos y de consumo menos elegante”.
El empuje de la producción de tostado con vistas a la comercialización fue siempre francamente modesto y llegó un momento en que se detuvo este impulso productivo. Afortunadamente, desde hace poco más de una década se recuperó felizmente la tradición. En nuestros días se elabora vino tostado del Ribeiro en dos bodegas de notable fuste, Viña Costeira (Tostado de Costeira) y Campante (Alma de Reboreda). Hay una tercera bodega que se atreve con el vino patricio, lo cual es muy meritorio tanto por su menor envergadura como por la dificultad que comporta la tarea. Se trata de la firma Teira, de Manuel Formigo, quien continúa la tradición familiar de sabio cultivo del viñedo.
miércoles, 29 de noviembre de 2017
La dieta atlántica de Galicia
A Dieta Atlántica de Galicia
Por: Xavier
Castro (Autor do libro: Yantares
gallegos. Historia de la dieta atlántica, Universidad de Santiago / Fundación
Dieta Atlántica, 2010)
A dieta atlántica, é unha forma relativamente
específica de alimentación extrapolada dunha grande área xeográfica conformada
pola franxa de poñente dos países europeos ribeiregos do Océano Atlántico: o litoral
de Portugal ata o río Douro, Galicia e toda a costa norte de España (bañada
polo mar Cantábrico), a costa atlántica francesa, Irlanda, Escocia, Gales e
Inglaterra. Na súa conceptualización é preciso
considerar non só uns produtos alimenticios peculiares, senón tamén uns
procedementos culinarios, uns valores, un xeito de comer e unha maneira de
compartir os alimentos e, ao cabo, unhas formas de sociabilidade expresadas nas
comidas familiares (en especial nas festas do patrón
da parroquia) e nas invitacións
a persoas achegadas, nas cálidas e demoradas sobremesas nas que se cultiva o
pracer da conversación distendida e cordial, e tamén nas romaxes e festas
gastronómicas.
A dieta Atlántica caracterízase polo consumo de produtos frescos e
saudables: abondoso peixe e outros produtos marítimos (mariscos, moluscos e
máis recentemente algas), tenreira, porco, lácteos e ovos. Comporta un alto
consumo de alimentos vexetais: legumes, hortalizas, cereais e, en menor medida,
froitas. Polo demais, aínda que contempla a inxesta de viño (en épocas remotas,
tinto, que segue sendo o máis consumido a pesar do auxe experimentado nas
últimas décadas polo branco), a bebida suprema na dieta atlántica é a auga.
Moitas augas posúen, por certo, excelente calidade, destacando as
mineromedicinais, en tanto que os viños atlánticos están dotados de
personalidade e graza, logrando a moderna enoloxía corrixir o seu punto de
acidez ás veces excesivo; sobresaen nos tipos brancos: albariño, torrontés,
treixadura, godello, lado e caíño; e nos tintos: mencía, brencellao, sousón e ferrón.
No que
concirne aos procedementos culinarios salienta o recurso á cocción (do que
constitúe un elocuente testemuño o pote típico do país) que resulta máis
saudable que a fritura. En efecto, boa parte dos pratos típicos son cocidos:
caldo, polbo á feira, lacón con grelos, carne ao caldeiro, cocido, caldeirada
de peixe e, finalmente, o marisco. Ademais, a maioría dos preparados
característicos da gastronomía tradicional emprega o aceite de oliva (en cru ou
en allada) como aderezo habitual. Polo demais, os produtos feitos ao forno,
como a empanada, cóntanse entre as peculiaridades galaicas.
VERSIÓN EN ESPAÑOL
LA Dieta Atlántica de
Galicia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)