lunes, 18 de abril de 2016

X. Castro: Xornadas de Cinema, Viño e Cultura.1ª Sesión: Bos Aires de Borges, Seoane, Castelao e Gardel. Filme: Fronteira Sur

Xornadas de Cinema, Viño e Cultura
1ª Sesión: Bos Aires de Borges, Seoane, Castelao e Gardel. Filme: Fronteira Sur

VIDE, VIDE!
UN ESPAZO ENOCULTURAL PARA O GOCE DO VIÑO
  

Condutor da Sesión: Xavier Castro
Lugar: Espazo enocultural Vide, Vide! (Rúa Fonte de Santo Domingo, nº 10. Baixo)
Data: Mércores, 20 de Abril, de 20’30 a 22’30 horas.
ADEGA: Terra de Asorei (O Salnés. D.O. Rías Baixas) 


PRESENTACIÓN
Na primeira sesión das Xornadas sobre Cinema, Viño e Cultura tentarase de  subliñar o elevado poder de evocación que ten un bo viño, posto que como apuntaba certeiramente Álvaro Cunqueiro, non se bebe para olvidar -como adoita rezar o tópico da desventura- senón para recordar. Para entregarse as lembranzas da propia vida, como facía o protagonista da novela Señas de identidade, de Juan Goytisolo, valéndose para tal mester dunha copa de albariño, ou ben para remontarse a épocas históricas pretéritas. Idéntico criterio sostiña o detective e refinado gourmet, Pepe Carbalho (inesquecible sosias de Vázquez Montalbán) para quen o razoable e cabal é beber para recordar e comer para olvidar. E haberá que lembrar a invocación de Borges expresada nun soneto consagrado ao viño: “Vino, enséñame el arte de ver mi propia historia / como si ésta ya fuera ceniza en la memoria.
Os comentarios do condutor da sesión, Xavier Castro, darán conta dos gustos predominantes en materia de viños e das claves esenciais dos creadores que se deron cita naquel Bos Aires da primeira metade do século XX, e haberanse de mesturar coas achegas do adegueiro de Terra de Asorei que presentará os excelentes viños que se terán de catar nesta ocasión, xa que o asisado neste evento é mollar cumpridamente a palabra. E, deste xeito, as glosas e achegas documentais iranse entreverando co goce destes reputados caldos, dotados de capacidade evocadora, combinado todo coa audición de pezas musicais arxentinas (ilustradas con vídeos) que contribuirán a perfilar a atmosfera e o ambiente cultural porteño naquela época. Teremos así a oportunidade de albiscar a proxección do mundo do viño nun filme de culto: Fronteira Sur (1998), dirixida por Fernando Herrera e interpretada por José Coronado, Maribel Verdú, Federico Luppi, Laura Novoa e Manuel Manquiña, que a rentes da novela testemuñal de Horacio Vázquez Rial relata a peripecia da emigración galega na cidade de Bos Aires. Nela, seguiremos os pasos, que non sempre se bifurcan, de Borges, Cortazar, Seoane, Castelao, Blanco Amor e Dieste, namentres entre grolo e grolo de viño as cancións de Gardel, Cafrune e Mercedes Sosa, compoñerán a banda sonora.
Poderemos apreciar nesta ocasión os gorentosos caldos da prestixiosa Adega Terra de Asorei, produto da comandita duns animosos colleiteiros da comarca do Salnés, pertencente á Denominación de Orixe Rías Baixas. A empresa está radicada en San Martiño de Meis, capital do Albariño, e ten como nota distintiva o feito de dispoñer de viñedos cunha idade media superior aos 20 anos. Presentara dous albariños propios, de influencia atlántica, merecentes ambos os dous de notables recoñecementos e galardóns internacionais: Nai e Señora e Terra de Asorei. O primeiro concíbese como unha homenaxe á terra que da orixe ao albariño e así mesmo como símbolo da muller galega, a “Naiciña” do escultor Asorei, non poucas veces “viúva de vivo”, por ter ao seu home na emigración en América, e por extensión a Galicia como a ”nai e señora” cantada polos poetas. Polo demais, teremos de catar tamén o albariño Terra de Asorei, un viño de selección e querenza artística, elaborado sobre lías.
            Agora ben, como sinalaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Consecuentemente, serviranse petiscos de pan artesán, queixo e friames galegos de calidade, que a todo isto da dereito a inscrición que se efectuará na propia vinoteca Vide, Vide. (Prezo: 12 euros)

LUGAR DE REALIZACIÓN:
Espazo enocultural Vide, Vide! (Rúa Fonte de Santo Domingo, nº 10. Baixo)

DATA:
-20 Abril, Mércores.

HORARIO: de 20’30 a 22’30 horas.

PREZO:
-12 euros (con dereito a varios viños e petiscos).
-Pódese adquirir a entrada no espazo enocultural Vide, Vide! (Rúa Fonte de Santo Domingo, nº 10) preferentemente nos días previos, ou ben media hora antes da celebración da sesión.

Para máis información e reservas:
Espazo Enocultural Vide, Vide! (E-mail: info@videvide.net / Teléfonos: 981 582 911 / 606 558 640 / 676 467 805)
  
           
Xavier Castro: Especialista na historia do viño e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015. Libros do autor: A rosa do viño (Galaxia), A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea) e A mesa e manteis (USC)

E-mail: f.x.cp@hotmail.com / Móbil: 609 653 228

domingo, 17 de abril de 2016

Xornadas de Cinema, Viño e Cultura (SANTIAGO)

Xornadas de Cinema, Viño e Cultura (SANTIAGO)

VIDE, VIDE!
UN ESPAZO ENOCULTURAL PARA O GOCE DO VIÑO


adelacasado_2266697_COPA_DE_VINO_BORRACHA_smal  http://www.compostelanethotels.com/files/full/videvide.jpg


                                        PROGRAMA


Xornadas de Cinema, Viño e Cultura.
Un patchwork interdisciplinar entretecido con fíos que levan a cor de cinema, historia, música, literatura, cultura do viño e gastronomía, nun ambiente de interese polo saber, pracer e amenidade.

     As Xornadas de Cinema, Viño e Cultura terán lugar no Espazo enocultural Vide, Vide!,  nos días 20 de Abril, 3, 18 e 25 de Maio (ás 20’30 h.). Levarase a cabo nelas un achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e máis tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce hedonista do viño.
     Os comentarios do condutor das Xornadas, o profesor Xavier Castro, farán referencia á temática que centre en particular o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura do viño e a temática gastronómica vinculada con ela, e se intercalaran coas achegas de distinguidos adegueiros. Aléntase tamén a participación dos asistentes que disporán de momentos de vagar dedicados ao goce pracenteiro e ilustrado do viño, que, como é mester, servirase na compaña dalgúns petiscos de pan artesán, queixo, friames e outros produtos galegos de calidade. Haberá, así mesmo, interludios musicais nos que se escoitaran pezas alusivas á cultura do viño (visualizadas nunha pantalla dixital) e que garden algún tipo de vínculo coa cuestión que se aborda en cada sesión, tanto fragmentos de óperas ou obras clásicas, como tamén jazz e música galega tradicional. Faranse tamén recitacións de poemas e lecturas de textos en prosa e proxectaranse ademais fragmentos curtos de filmes e documentais culturais. E preténdese que toda esta actividade resulte amena e discorra nun ambiente de cordialidade.
A maior abundamento, caraterízanse estas Xornadas por teren unha orientación transversal que pretende inserir a cultura do viño naqueles espazos metropolitanos de referencia en etapas históricas particularmente remarcables, cos que nos fixeron soñar o cinema, a literatura, a música e máis a arte. En cada sesión degustaranse viños de excelente calidade elaborados por reputadas adegas galegas (... e ... e..), e poñerase de manifesto a proxección do mundo do viño en películas de culto: Fronteira Sur, que a rentes da novela testemuñal de Horacio Vázquez Rial relata a peripecia da emigración galega na cidade de Bos Aires, na que seguiremos os pasos, que non sempre se bifurcan, de Borges, Seoane, Castelao e Gardel, namentres entre grolo e grolo de viño as cancións de Gardel compoñen a banda sonora. Noutra sesión, faremos unha incursión na cidade de Nova Iork -e nomeadamente no Greenwhich Village- na axitada hora en que se deixou sentir o latexo da Xeración Beat. A proxección dalgúns pasaxes do filme On the Road axudarannos a respirar a particular atmosfera punteada polo jazz que impregnou a inqueda vagabundaxe de Ginsberg e Kerouac na procura do dharma. Polo demais, viaxaremos a Lisboa, a ville blanche de Fernando Pessoa, nunha época de desasosego, animados pola cálida compaña de Marcello Mastroianni en Sostiene Pereira. Ao cabo, a terceira tenida destas Xornadas, está dedicada a evocar o ambiente cultural de París na década de 1920. Como lle acontece ao protagonista da película de Woody Allen Midnight in Paris, adentrarémonos no pasado da cidade luz, considerada o epicentro das novas tendencias creativas. Achegarémonos así ao friso composto polos literatos e artistas de vangarda que viviron nesta cidade. Coñeceremos a súa procura de novos vieiros para a creación, que levaban a cabo entre discusións nas tertulias dos cafés emprazados nos bulevares (non faltaría quen se referise nalgunha delas á música de Cole Porter e as escandalosas farras celebradas no seu apartamento parisino) namentres tomaban copas de absenta, pastis ou de viño Burdeos. Entretanto, resoaban aquí tamén no ambiente os electrizantes acordes dos novidosos ritmos jazzísticos.
O protagonismo do viño nestas Xornadas ten tamén outra vertente. Trátase de subliñar o elevado poder de evocación que ten un bo viño, posto que como apuntaba certeiramente Álvaro Cunqueiro, non se bebe para olvidar -como adoita rezar o tópico da desventura- senón para recordar. Para entregarse as lembranzas da propia vida, como facía o protagonista da novela Señas de identidade, de Juan Goytisolo, valéndose para tal mester dunha copa de albariño, ou ben para remontarse a épocas históricas pretéritas. Idéntico criterio sostiña o detective e refinado gourmet, Pepe Carbalho (inesquecible sosias de Vázquez Montalbán) para quen o razoable e cabal é beber para recordar e comer para olvidar. E lembremos a invocación de Borges expresada nun soneto consagrado ao viño: “Vino, enséñame el arte de ver mi propia historia / como si ésta ya fuera ceniza en la memoria.
Así faremos neste encontro cordial coa cultura e o lecer. Comprobaremos que unha copa de nobre viño nos beizos é quen de facer agromar a faísca no cerebro, ese resorte capaz de espertar a memoria para percorrer entre todos o camiño da evocación dun mundo que resultará de certo subxugante.

LUGAR DE REALIZACIÓN:
Espazo enocultural Vide, Vide! (Rúa Fonte de Santo Domingo, nº 10. Baixo)

DATAS:
-20 Abril, Mércores: Bos Aires de Borges, Seoane, Castelao e Gardel. Fronteira Sur.
-3 Maio, Martes: Nova Iork (Greenwhich Village) e a Xeración Beat: On the Road.
-18 Maio, Mércores: Lisboa a ville blanche e Fernando Pessoa. Marcello Mastroianni: Sostiene Pereira.
-25 Maio, Mércores: París nos Anos Vinte, era unha festa. Woody Allen: Midnight in Paris.

HORARIO: de 20’30 a 22’30 horas.

PREZO:
-12 euros (con dereito a varios viños e petiscos).
-Pódese adquirir a entrada no espazo enocultural Vide, Vide! (Rúa Fonte de Santo Domingo, nº 10) preferentemente nos días previos, ou ben media hora antes da celebración da sesión. Para efectuar reservas: Teléfono 986 136 580. E-mail info@videvide.net

Para máis información:
Espazo Enocultural Vide, Vide! (para información e efectuar reservas: E-mail: info@videvide.net / Teléfonos: 981 582 911 / 606 558 640 / 676 467 805)

http://www.benbo.eu/wp-content/uploads/2014/01/vide-vide.jpg http://www.santiagoturismo.com/files/full/VideVide.jpg
           
Xavier Castro: Especialista na historia do viño e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015. Libros do autor: A rosa do viño (Galaxia), A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea) e A mesa e manteis (USC)
E-mail: f.x.cp@hotmail.com / Móbil: 609 653 228
                               

http://media2.picsearch.com/is?KwcKCdDSwy4NqIXnmkWk74QE5DFg0Wzr-HY_fKo3_x8&height=240