miércoles, 29 de noviembre de 2017

La dieta atlántica de Galicia

     

                              A Dieta Atlántica de Galicia


Por: Xavier Castro (Autor do libro: Yantares gallegos. Historia de la dieta atlántica, Universidad de Santiago / Fundación Dieta Atlántica, 2010)

A dieta atlántica, é unha forma relativamente específica de alimentación extrapolada dunha grande área xeográfica conformada pola franxa de poñente dos países europeos ribeiregos do Océano Atlántico: o litoral de Portugal ata o río Douro, Galicia e toda a costa norte de España (bañada polo mar Cantábrico), a costa atlántica francesa, Irlanda, Escocia, Gales e Inglaterra. Na súa conceptualización é preciso considerar non só uns produtos alimenticios peculiares, senón tamén uns procedementos culinarios, uns valores, un xeito de comer e unha maneira de compartir os alimentos e, ao cabo, unhas formas de sociabilidade expresadas nas comidas familiares (en especial nas festas do patrón da parroquia) e nas invitacións a persoas achegadas, nas cálidas e demoradas sobremesas nas que se cultiva o pracer da conversación distendida e cordial, e tamén nas romaxes e festas gastronómicas.
A dieta Atlántica caracterízase polo consumo de produtos frescos e saudables: abondoso peixe e outros produtos marítimos (mariscos, moluscos e máis recentemente algas), tenreira, porco, lácteos e ovos. Comporta un alto consumo de alimentos vexetais: legumes, hortalizas, cereais e, en menor medida, froitas. Polo demais, aínda que contempla a inxesta de viño (en épocas remotas, tinto, que segue sendo o máis consumido a pesar do auxe experimentado nas últimas décadas polo branco), a bebida suprema na dieta atlántica é a auga. Moitas augas posúen, por certo, excelente calidade, destacando as mineromedicinais, en tanto que os viños atlánticos están dotados de personalidade e graza, logrando a moderna enoloxía corrixir o seu punto de acidez ás veces excesivo; sobresaen nos tipos brancos: albariño, torrontés, treixadura, godello, lado e caíño; e nos tintos: mencía, brencellao, sousón e ferrón.
No que concirne aos procedementos culinarios salienta o recurso á cocción (do que constitúe un elocuente testemuño o pote típico do país) que resulta máis saudable que a fritura. En efecto, boa parte dos pratos típicos son cocidos: caldo, polbo á feira, lacón con grelos, carne ao caldeiro, cocido, caldeirada de peixe e, finalmente, o marisco. Ademais, a maioría dos preparados característicos da gastronomía tradicional emprega o aceite de oliva (en cru ou en allada) como aderezo habitual. Polo demais, os produtos feitos ao forno, como a empanada, cóntanse entre as peculiaridades galaicas.



VERSIÓN EN ESPAÑOL

    LA Dieta Atlántica de Galicia

 La dieta atlántica es una forma relativamente específica de alimentación extrapolada de una gran área geográfica conformada por la franja de poniente de los países europeos ribereños del Océano Atlántico, de raíces célticas: el litoral de Portugal hasta el río Duero, Galicia y toda la costa norte de España (bañada por el mar Cantábrico), la costa atlántica francesa (Aquitania, fundamentalmente), Irlanda, Escocia, Gales e Inglaterra. En su conceptualización es preciso considerar no sólo unos productos alimenticios peculiares, sino también unos procedimientos culinarios, una manera de comer (“a modiño”) y un modo de compartir los alimentos y, a la postre, unas formas de sociabilidad expresadas en las comidas familiares (en especial en las festividades patronales) y en las invitaciones a personas allegadas, en las cordiales y demoradas sobremesas en las que se cultiva el placer social de la conversación distendida, y también en la costumbre de celebrar romerías y fiestas gastronómicas.

     Por: Xavier Castro (Autor do libro: Yantares gallegos. Historia de la dieta atlántica, Universidad de Santiago / Fundación Dieta Atlántica, 2010)

sábado, 4 de noviembre de 2017

Cultura do Viño e Literatura, Carlos Casares, Otero Pedrayo e o viño do Ribeiro

  RIBEIRO
PALABRA DE CARLOS CASARES E OTERO PEDRAYO
II XORNADAS DE OUTONO: CULTURA DO VIÑO E LITERATURA (VIGO)
CARLOS CASARES, OTERO PEDRAYO E O VIÑO DO RIBEIRO
  
                              CAFÉ VITRUVIA
Café Vitruvia ocupa un espazo da memoria de Vigo: aquí estaba o café Alameda, onde Carlos Casares facía tertulia coa xente da Editorial Galaxia.


CAFÉ VITRUVIA
UN ÁMBITO PARA A CULTURA E O GOCE DO VIÑO
Condutor da Sesión: Xavier Castro
Intervirá: Cristina AlcaláLugarVitruvia Café (Praza de Compostela, 5. Vigo)
Data: Mércores, 8 de Novembro, ás 20'30 horas.
Cata e degustación: Viños branco e tinto do Ribeiro, especialmente etiquetados en homenaxe a Carlos Casares e Otero Pedrayo (D.O. Ribeiro)
  

PRESENTACIÓN
   
     Esta sesión das II Xornadas de Cultura do Viño e Literatura, promovidas polo Consello Regulador da D.O. Ribeiro, coordinadas polo profesor Xavier Castro, pretenden homenaxear en Vigo, a Carlos Casares e Otero Pedrayo, ilustres escritores galegos que tiveron vencellos na súa vida e na súa obra coa comarca do Ribeiro. A súa Denominación de Orixe, que preside Juan Casares, que participará no evento, é unha das máis antigas e prestixiosas de España, e o seu viño é, sen dúbida, unha das marcas que máis acaidamente encarnan a representación da identidade simbólica de Galicia.
     O profesor Xavier Castro, historiador especialista na historia do viño, expoñerá a relevancia do viño do Ribeiro na andaina vital e na obra dos escritores Carlos Casares e Otero Pedrayo, intercalando as súas intevencións coa visualización de fragmentos de documentais e tamén cancións relacionadas con ambos escritores. Asi mesmo, comentará aspectos históricos da cultura do viño do Ribeiro, ilustrados cunha cantiga e un documental. Por parte, Cristina Alcalá, xerente do Consello Regulador e considerada como unha das trece mulleres máis relevantes do mundo do viño en España, referirase a situación actual e perspectivas de futuro do viño do Ribeiro, marcadas polo seu Consello Regulador, e  fará tamén o comentario de cata dos viños etiquetados especialmente para este evento eno-cultural que haberá ocasión de degustar. Serviránse ademais petiscos de pan artesán, queixo e friames galegos de calidade para acompañar ós viños, pois, como sinalaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. A todo isto da dereito a inscrición que se efectuará no propio Café Vitruvia (Prezo: 9 euros) que ocupa, por certo, un espazo da memoria de Vigo, pois aquí se encontraba o vello café Alameda, onde Carlos Casares facía tertulia coa xente da Editorial Galaxia.

LUGAR DE REALIZACIÓN
Vitruvia Café (Praza de Compostela, 5. Vigo)

DATA:
8 de Novembro.

HORARIO
20’30 horas.

PREZO:
-9 euros (con dereito a varios viños e petiscos).
-Aforo limitado. Imprescindible reservar: info@vitruviacafe.com / 680 203 587.



Xavier Castro: Especialista na historia do viño e a alimentación, director de varios proxectos de investigación e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015. Libros do autor: A rosa do viño (Galaxia), A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea) e A mesa e manteis (Biblos) (En castelán: Yantares Gallegos, USC)
E-mailf.x.cp@hotmail.com / Móbil: 609 653 228

Cristina Alcalá, Socióloga e xerente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro. Foi directora  5 Senses Wine e Vinum-MiVino); divulgadora en Radio Nacional de España, El País e revistas internacionais. Xurado de cata profesional nacional e internacional, Decanter, Concours Mondial de Bruxelles, Grenaches du Monde, Bacchus… Recibiu o Premio Mirador do Viño 2015 á mellor traxectoria profesional. Libros: El mundo del vino contado con sencillez (Editorial Maeva) e Eligen Ellas (Ed. Ex-Libris).