viernes, 19 de mayo de 2017

Xornadas de Cinema, Viño e Cultura: NERUDA, Poesía, Cinema e Viño


CHILE  DE  NERUDA,  ALLENDE  E  VÍCTOR JARA FILME: EL CARTERO (Y PABLO NERUDA)

               Organiza: ATENEO DE PONTEVEDRA
Condutor da Sesión: Xavier Castro
Lugar: NEMONON & MAURO LOMBA
(Villa Pilar. Rúa Marqués de Riestra, 11, Pontevedra)
Data: Xoves, 25 de Maio, de 20 a 22 horas.
ADEGA: AUREA LUX (Cenlle. D.O. Ribeiro). Manuel Docampo

PRESENTACIÓN
                                                                El vino mueve la primavera.

Pablo Neruda, premio Nóbel pola excelencia da súa obra, é o poeta maior da república das letras contemporáneas, segundo o canon occidental establecido por Harold Bloom. Ninguén cantou como el as glorias do viño. Os comentarios de Xavier Castro darán conta das características máis salientables da súa obra literaria e tamén da súa peripecia vital, en particular no período en que resideu en España, nos anos da República, e mantivo cordial relación cos poetas da xeración do 27 e coa súa compatriota e amiga Gabriela Mistral. Tamén interesa deterse na súa vinculación coa Unidade Popular, que liderada por Salvador Allende e cantada por Víctor Jara, levou un vento de esperanza a Chile. Combinarase este achegamento coa audición de obras musicais relacionadas con universo nerudiano, ilustradas con vídeos exhibidos nunha pantalla, e así mesmo con fragmentos do filme El cartero de Neruda.
Nesta ocasión poderemos apreciar os excelentes caldos da prestixiosa Adega Aurea Lux, situada en Cenlle (D.O. Ribeiro), ben representada polo seu promotor, o profesor de socioloxía Manuel Docampo. Esta adega elabora, cun feitío artesanal e depurada calidade técnica, uns viños de probada calidade: Leive Paradigma, elaborado con uva treixadura, albariña e loureira, e a outra marca de seu, Leive Treixadura, que presenta un carácter monovarietal. Haberá ocasión de gozar asemade do branco reserva Leive Reliquia e dun tinto de crianza, con certificación ecolóxica, Preto de Leive.
          Agora ben, como sinalaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Consecuentemente, serviranse petiscos de pan artesán con friames de porco celta e queixo galego de calidade, que a todo isto da dereito a inscrición que se efectuará en Nemonon, en días previos ou ben media hora antes da sesión (prezo da entrada: 12 euros).

LUGAR DE REALIZACIÓN:
Nemonon & Mauro Lomba (Villa Pilar. Rúa Marqués de Riestra, 11, Pontevedra)

DATA:
Xoves, 25 de Maio.

HORARIO:
De 20 a 22 horas.

PREZO:
-12 euros (con dereito a varios viños e petiscos).
-Prazas limitadas, polo que convén reservar. Pódese adquirir a entrada en
Nemonon & Mauro Lomba (Villa Pilar. Rúa Marqués de Riestra, 11) preferentemente nos días previos, ou ben media hora antes da celebración da sesión.

Para máis información e reservas:
Nemonon & Mauro Lomba (E-mail: contacto@nemonon.com / Teléfono: 986 89 67 25)

Xavier Castro: Especialista na historia do viño e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015. Libros do autor: A rosa do viño (Galaxia), A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea) e A mesa e manteis (USC)
E-mail: f.x.cp@hotmail.com / Móbil: 609 65 32 28