XORNADAS DE CINEMA, VIÑO E CULTURA GALEGA
1ª SESIÓN: EMILIA PARDO
BAZÁN: CRÍTICA DO CACIQUISMO E GABANZA DO FEMINISMO. FILMES: LA CONDESA REBELDE; LOS
PAZOS DE ULLOA
Colabora: Ateneo
de Santiago
Condutor da
Sesión: Xavier Castro
Lugar: Cafetería do
CGAC. Rúa Valle-Inclán, 2. Santiago de Compostela.
Data: Mércores, 11
de Abril, de 20 a 22 horas.
ADEGA: AUREA LUX (Cenlle. D.O. Ribeiro). Manuel Docampo
PRESENTACIÓN
A primeira sesión das Xornadas de Cinema, Viño e Cultura Galega,
está dedicada a figura de Emilia Pardo Bazán, que salientou
extraordinariamente como literata. Ademais, a súa obra reviste un notable
interese como testemuña da sociedade do seu tempo. Reparemos en especial nas
referencias á cultura do viño, na súa crítica do caciquismo, contida en Los
pazos de Ulloa, nas duras condicións de traballo das operarias da fábrica
de tabacos da Coruña, expostas en La tribuna, e no seu labor a prol
dos dereitos da muller, para a que postulaba un proxecto de vida autónoma.
Levarase a termo este achegamento con recursos multimedia: textos, anacos de
filmes e documentais testemuñais, e así mesmo pezas musicais que garden
relación tanto coa ilustre escritora como coa cultura do viño
Mais convén tamén mollar a palabra e,
deste xeito, as glosas e comentarios do director das Xornadas, Xavier
Castro, iranse entreverando coa degustación dos viños da recoñecida Adega Aurea Lux, situada en Cenlle (D.O. Ribeiro), pioneira na orientación ecolóxica e ben representada por Manuel
Docampo. Esta adega elabora, cun feitío artesanal e depurada calidade
técnica, uns viños de probada calidade: Leive Paradigma, elaborado con
uva treixadura, albariña e loureira, e a outra marca de seu, Leive
Treixadura, que presenta un carácter monovarietal. Haberá ocasión de gozar
asemade do branco reserva Leive Reliquia e
dun tinto de crianza, con certificación ecolóxica, Preto de Leive.
Agora ben, como sinalaba Otero
Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan.
Consecuentemente, serviranse petiscos de pan de calidade,
friames, queixo galego e un gastropetisco, que a todo isto da dereito a
inscrición que se efectuará con antelación na cafetería do CGAC ou ben por
medio do Ateneo, opción que teñen os seus socios cun desconto de 2 euros.
LUGAR DE REALIZACIÓN
Cafetería do CGAC. Rúa Valle-Inclán, 2. Santiago de Compostela.
DATA
Mércores, 11 de Abril.
HORARIO
De 20 a 22 horas.
PREZO
-12 euros (con dereito a varios viños e petiscos).
-Aforo limitado polo que é imprescindible
reservar. Venda de entradas en Cafetería do
CGAC: cafeteriacgac@gmail.com / Teléfono: 981
546 624.