viernes, 9 de marzo de 2018

Viño, Cinema e Cultura. Berlín de B. Brecht e Cabaret. Riquela (Santiago). Viño Aurea Lux

     


XORNADAS DE CINEMA, VIÑO E CULTURA

                                      (EN SANTIAGO)
BERLÍN, ANOS 1920-30: BERTOLT BRECHT, ALFRED DÖBLIN (Berlín Alexanderplatz). FILMES: CABARET & METRÓPOLIS
   
SALA RIQUELA (BAR)
UN ESPAZO PARA A CULTURA E O GOCE DO VIÑO
Condutor da Sesión: Xavier Castro
Intervirá: Xoán Luaces-Fandiño
LugarSala Riquela (Bar). Rúa do Preguntoiro, 35. Santiago
Data: Mércores, 14 de Marzo, de 20 a 22’15 horas.
ADEGAAUREA LUX (Cenlle. D.O. Ribeiro). Manuel Docampo


PRESENTACIÓN

Pensamos que non é unha mala opción rematar o día cunha boa copa de viño, que non o reclama a sede senón a gratitude á vida, atendendo o dito  de Álvaro Cunqueiro, de que non só se bebe para olvidar, senón tamén para recordar. Nesta sesión, nas Xornadas de Cinema, Viño e Cultura evocarase ao Berlín da época da República de Weimar, entre 1918 e 1933, en que foi o epicentro da cultura occidental e un laboratorio no que se experimentaron novas formas de arte, de liberdade de costumes e de maneiras de entender a vida e a relación entre os sexos. Un dato elocuente do seu apoxeo: daquela, a capital alemaña contaba con cento vinte xornais diarios e con corenta teatros.
No medio dunha forte crise económica, co seu corolario de inflación e carestía da vida, a sociedade berlinesa viviu cunha intensa axitación de conciencia, pero tamén con grande vitalidade, as transformacións que se produciron no eido da cultura, das artes e dunha situación política marcada polo espírito revolucionario e o auxe dos totalitarismos. A explosiva riqueza cultural dos años de Weimar concrétase na vibrante pintura expresionista de Kirchner, Schilchter e Grosz, na poesía e o teatro épico de Bertolt Brecht, sen esquecer o de Piscator, nos planteamentos da moderna arquitectura racionalista de Gropius, na Bauhaus, e na filosofía da existencia de Heidegger. Pero tamén no cinema artístico da UFA, que impresionaba a Hollywood con filmes artísticos tan desacougantes como MetrópolisNosferatuM. o vampiro de Düsseldorf O gabinete do doutor Caligari.
Contribuíu a este esplendor o talento de literatos como Thomas Man e Alfred Döblin, un grande renovador as letras que, en Berlín Alexanderplatz, serviuse de procedementos narrativos semellantes aos empregados por Joyce no Ulises. Houbo outros que deixaron un valioso testemuño da capital prusiana: Arthur R. G. Solmssen, con Unha princesa en Berlín, e Christopher Isherwood, co engaiolante relato Adeus a Berlín, traducida ao español por Jaime Gil de Biedma. Esta última novela inspirou os filmes I am a camera, dirixida por Henry Cornelius, en 1955, e posteriormente a glamurosa Cabaret, de Bob Foss.
No espazo compostelán Riquela, os profesores Xavier Castro e Xoán Luaces-Fandiño adentaranse, cun enfoque multimedia, no ambiente cultural berlinés coa axuda de documentais de excepcional calidade, como Berlín, sinfonía de una gran ciudad (1927). Haberá, así mesmo, interludios musicais nos que se escoitaran algunhas das míticas cancións que conformaron a banda sonora daquel tempo: o do cabaré. político o transgresor (Kurt Weill), o jazz, a Ópera dos tres peniquesWoyzeckLulú e as operetas de Franz Léhar. Escoitaránse as lendarias divas Lotte Lenya, Marlene Dietrich (Lili Marleen) e a máis nova Lizza Minnelli. E non podemos esquecer tampouco os aires da nova música de Schoenberg e Berg que puxeron de actualidade a atonalidade e a técnica dodecafónica.
Deste xeito, levarase a cabo, dun xeito ameno, un achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce hedonista do viño. Nesta ocasión poderemos apreciar os excelentes caldos da prestixiosa Adega Aurea Lux, situada en Cenlle (D.O. Ribeiro), ben representada por Manuel Docampo. Esta adega elabora, cun feitío artesanal e depurada calidade técnica, uns viños de probada calidade: Leive Paradigma, elaborado con uva treixadura, albariña e loureira, e a outra marca de seu, Leive Treixadura, que presenta un carácter monovarietal. Haberá ocasión de gozar asemade do branco reserva Leive Reliquia e dun tinto de crianza, con certificación ecolóxica, Preto de Leive.
Agora ben, como sinalaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Consecuentemente, serviranse petiscos de pan de calidade, friames, salchichas de Frankfurt e queixo galego, que a todo isto da dereito a inscrición que se efectuará na propio Riquela, en días previos á sesión (prezo da entrada: 12 euros). Ao cabo, como se recibía ao público na película CabaretWillkommen, Bienvenue, Welcome!

LUGAR DE REALIZACIÓN
Sala Riquela (Bar). Rúa do Preguntoiro, 35. Santiago.

DATA
Mércores, 14 de Marzo.

HORARIO
De 20 a 22’15 horas.

PREZO
-12 euros (con dereito a varios viños e petiscos).
-Aforo limitado. Venda de entradas en Riquela: eventos@riquela.com Teléfono: 648 47 81 09.


Xavier Castro: Especialista na historia do viño e a alimentación, director de varios proxectos de investigación e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015. Libros do autor: A rosa do viño (Galaxia), A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea) e A mesa e manteis (Biblos) (En castelán: Yantares Gallegos, USC)
E-mailf.x.cp@hotmail.com / Móbil: 609 653 228

Xoán Luaces-Fandiño: Periodista radiofónico, ha venido realizando diversos programas para Radio Clásica, Radio Nacional de España, desde 2011. En prensa escrita, trabajó en Diario 16, y ha sido colaborador en el suplemento El Dominical, el Grupo Zeta, la revista Consejos de tu Farmacéutico, Elle Magazine, la revista Gramophone, Ritmos del Mundo y diversas revistas musicales españolas. Es profesor de Medios Audiovisuales, Periodismo, y educación de la voz, y ha participado en numerosas producciones discográficas como director de comunicación, asesor de imagen y escritor de textos musicales para Altafonte, Boa Música o Fol Música (disco oficial Xacobeo 2010 Cantigas do Camiño, Discopólis Radio 3. Alfredo Kraus Inédito, Cantares Gallegos de Joaquín Pixán, entre otros).