XORNADAS SOBRE VIÑO E CULTURA
2ª Sesión: ÁVARO CUNQUEIRO
Bodega Urbana
PEPE
MANTEQUILLA
UN
ÁMBITO PARA A CULTURA E O GOCE DO VIÑO
Condutor da Sesión: Xavier Castro
Lugar: Bodega
urbana Pepe Mantequilla (Rúa
Rosalía Castro, 32. Vigo)
Data: Xoves, 3 de Marzo, de 20’30 a 22’15 horas.
ADEGA invitada: ALECRIN (D.O. Ribeiro)
A segunda sesión das Xornadas sobre Viño e Cultura está
dedicada a evocar algúns aspectos relevantes da traxectoria vital e a obra dun dos
escritores más imaxinativos das nosas letras e forxador ademais dunha peculiar
sensibilidade en relación cos viños e a gastronomía de Galicia: Álvaro Cunqueiro, natural de Mondoñedo,
vila –como el dicía- rica en pan, en augas i en latín. Os comentarios do
condutor da sesión, Xavier Castro (especialista
na historia do viño e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015), darán conta
das claves esenciais da súa obra literaria en relación coa cultura popular do
viño en Galicia, e iranse intercalando coas achegas tanto do adegueiro, Antón Giráldez, como do vitivinicultor Julián Rodríguez. Mais convén tamén mollar a palabra, e deste xeito
as glosas e achegas documentais iranse entreverando co goce de excelentes viños,
e o recitado dunha escolma de textos representativos do quefacer de Álvaro
Cunqueiro, mesturado todo coa audición de pezas musicais e cancións (ilustradas
con vídeos) que gardan relación coa época e o mundo cunqueiriano.
Nesta ocasión poderemos apreciar os honestos viños da recoñecida Adega Alecrín que promove a familia Giráldez en Cenlle,
situada na comarca do Ribeiro. Presentará dous caldos de feitío artesán e
elaboración natural: un branco, creado coas nobres castes autóctonas treixadura e albariño, e un tinto multivarietal
que mestura as uvas mencía, caíño tinto, brancellao e sousón.
Agora ben, como sinalaba Otero Pedrayo,
non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan.
Consecuentemente, serviranse petiscos de pan artesán, queixo, friames e
outros produtos galegos de calidade, que a todo isto da dereito a inscrición
que se efectuará na propia bodega urbana Pepe Mantequilla. (prezo: 9 euros)
LUGAR DE REALIZACIÓN
-Bodega urbana Pepe Mantequilla (Rúa Rosalía Castro, 32. Vigo)
DATA
-3 Marzo, Xoves, de 20’30 a 22’15 horas.
PREZO:
9 euros (con dereito
a varios viños e petiscos).
Pódese adquirir a
entrada en Pepe Mantequilla (Rúa Rosalía Castro, 32. Vigo) preferentemente nos días previos, ou ben
media hora antes da celebración da sesión.
Para máis información:
Xavier Castro (Autor
de: A rosa do viño (Galaxia), A
lume manso (Galaxia), A la sombra
ejemplar de los parrales (Trea) e A
mesa e manteis (USC)
Móbil: 609 653 228