miércoles, 29 de noviembre de 2017

La dieta atlántica de Galicia

     

                              A Dieta Atlántica de Galicia


Por: Xavier Castro (Autor do libro: Yantares gallegos. Historia de la dieta atlántica, Universidad de Santiago / Fundación Dieta Atlántica, 2010)

A dieta atlántica, é unha forma relativamente específica de alimentación extrapolada dunha grande área xeográfica conformada pola franxa de poñente dos países europeos ribeiregos do Océano Atlántico: o litoral de Portugal ata o río Douro, Galicia e toda a costa norte de España (bañada polo mar Cantábrico), a costa atlántica francesa, Irlanda, Escocia, Gales e Inglaterra. Na súa conceptualización é preciso considerar non só uns produtos alimenticios peculiares, senón tamén uns procedementos culinarios, uns valores, un xeito de comer e unha maneira de compartir os alimentos e, ao cabo, unhas formas de sociabilidade expresadas nas comidas familiares (en especial nas festas do patrón da parroquia) e nas invitacións a persoas achegadas, nas cálidas e demoradas sobremesas nas que se cultiva o pracer da conversación distendida e cordial, e tamén nas romaxes e festas gastronómicas.
A dieta Atlántica caracterízase polo consumo de produtos frescos e saudables: abondoso peixe e outros produtos marítimos (mariscos, moluscos e máis recentemente algas), tenreira, porco, lácteos e ovos. Comporta un alto consumo de alimentos vexetais: legumes, hortalizas, cereais e, en menor medida, froitas. Polo demais, aínda que contempla a inxesta de viño (en épocas remotas, tinto, que segue sendo o máis consumido a pesar do auxe experimentado nas últimas décadas polo branco), a bebida suprema na dieta atlántica é a auga. Moitas augas posúen, por certo, excelente calidade, destacando as mineromedicinais, en tanto que os viños atlánticos están dotados de personalidade e graza, logrando a moderna enoloxía corrixir o seu punto de acidez ás veces excesivo; sobresaen nos tipos brancos: albariño, torrontés, treixadura, godello, lado e caíño; e nos tintos: mencía, brencellao, sousón e ferrón.
No que concirne aos procedementos culinarios salienta o recurso á cocción (do que constitúe un elocuente testemuño o pote típico do país) que resulta máis saudable que a fritura. En efecto, boa parte dos pratos típicos son cocidos: caldo, polbo á feira, lacón con grelos, carne ao caldeiro, cocido, caldeirada de peixe e, finalmente, o marisco. Ademais, a maioría dos preparados característicos da gastronomía tradicional emprega o aceite de oliva (en cru ou en allada) como aderezo habitual. Polo demais, os produtos feitos ao forno, como a empanada, cóntanse entre as peculiaridades galaicas.



VERSIÓN EN ESPAÑOL

    LA Dieta Atlántica de Galicia

 La dieta atlántica es una forma relativamente específica de alimentación extrapolada de una gran área geográfica conformada por la franja de poniente de los países europeos ribereños del Océano Atlántico, de raíces célticas: el litoral de Portugal hasta el río Duero, Galicia y toda la costa norte de España (bañada por el mar Cantábrico), la costa atlántica francesa (Aquitania, fundamentalmente), Irlanda, Escocia, Gales e Inglaterra. En su conceptualización es preciso considerar no sólo unos productos alimenticios peculiares, sino también unos procedimientos culinarios, una manera de comer (“a modiño”) y un modo de compartir los alimentos y, a la postre, unas formas de sociabilidad expresadas en las comidas familiares (en especial en las festividades patronales) y en las invitaciones a personas allegadas, en las cordiales y demoradas sobremesas en las que se cultiva el placer social de la conversación distendida, y también en la costumbre de celebrar romerías y fiestas gastronómicas.

     Por: Xavier Castro (Autor do libro: Yantares gallegos. Historia de la dieta atlántica, Universidad de Santiago / Fundación Dieta Atlántica, 2010)

sábado, 4 de noviembre de 2017

Cultura do Viño e Literatura, Carlos Casares, Otero Pedrayo e o viño do Ribeiro

  RIBEIRO
PALABRA DE CARLOS CASARES E OTERO PEDRAYO
II XORNADAS DE OUTONO: CULTURA DO VIÑO E LITERATURA (VIGO)
CARLOS CASARES, OTERO PEDRAYO E O VIÑO DO RIBEIRO
  
                              CAFÉ VITRUVIA
Café Vitruvia ocupa un espazo da memoria de Vigo: aquí estaba o café Alameda, onde Carlos Casares facía tertulia coa xente da Editorial Galaxia.


CAFÉ VITRUVIA
UN ÁMBITO PARA A CULTURA E O GOCE DO VIÑO
Condutor da Sesión: Xavier Castro
Intervirá: Cristina AlcaláLugarVitruvia Café (Praza de Compostela, 5. Vigo)
Data: Mércores, 8 de Novembro, ás 20'30 horas.
Cata e degustación: Viños branco e tinto do Ribeiro, especialmente etiquetados en homenaxe a Carlos Casares e Otero Pedrayo (D.O. Ribeiro)
  

PRESENTACIÓN
   
     Esta sesión das II Xornadas de Cultura do Viño e Literatura, promovidas polo Consello Regulador da D.O. Ribeiro, coordinadas polo profesor Xavier Castro, pretenden homenaxear en Vigo, a Carlos Casares e Otero Pedrayo, ilustres escritores galegos que tiveron vencellos na súa vida e na súa obra coa comarca do Ribeiro. A súa Denominación de Orixe, que preside Juan Casares, que participará no evento, é unha das máis antigas e prestixiosas de España, e o seu viño é, sen dúbida, unha das marcas que máis acaidamente encarnan a representación da identidade simbólica de Galicia.
     O profesor Xavier Castro, historiador especialista na historia do viño, expoñerá a relevancia do viño do Ribeiro na andaina vital e na obra dos escritores Carlos Casares e Otero Pedrayo, intercalando as súas intevencións coa visualización de fragmentos de documentais e tamén cancións relacionadas con ambos escritores. Asi mesmo, comentará aspectos históricos da cultura do viño do Ribeiro, ilustrados cunha cantiga e un documental. Por parte, Cristina Alcalá, xerente do Consello Regulador e considerada como unha das trece mulleres máis relevantes do mundo do viño en España, referirase a situación actual e perspectivas de futuro do viño do Ribeiro, marcadas polo seu Consello Regulador, e  fará tamén o comentario de cata dos viños etiquetados especialmente para este evento eno-cultural que haberá ocasión de degustar. Serviránse ademais petiscos de pan artesán, queixo e friames galegos de calidade para acompañar ós viños, pois, como sinalaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. A todo isto da dereito a inscrición que se efectuará no propio Café Vitruvia (Prezo: 9 euros) que ocupa, por certo, un espazo da memoria de Vigo, pois aquí se encontraba o vello café Alameda, onde Carlos Casares facía tertulia coa xente da Editorial Galaxia.

LUGAR DE REALIZACIÓN
Vitruvia Café (Praza de Compostela, 5. Vigo)

DATA:
8 de Novembro.

HORARIO
20’30 horas.

PREZO:
-9 euros (con dereito a varios viños e petiscos).
-Aforo limitado. Imprescindible reservar: info@vitruviacafe.com / 680 203 587.



Xavier Castro: Especialista na historia do viño e a alimentación, director de varios proxectos de investigación e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015. Libros do autor: A rosa do viño (Galaxia), A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea) e A mesa e manteis (Biblos) (En castelán: Yantares Gallegos, USC)
E-mailf.x.cp@hotmail.com / Móbil: 609 653 228

Cristina Alcalá, Socióloga e xerente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro. Foi directora  5 Senses Wine e Vinum-MiVino); divulgadora en Radio Nacional de España, El País e revistas internacionais. Xurado de cata profesional nacional e internacional, Decanter, Concours Mondial de Bruxelles, Grenaches du Monde, Bacchus… Recibiu o Premio Mirador do Viño 2015 á mellor traxectoria profesional. Libros: El mundo del vino contado con sencillez (Editorial Maeva) e Eligen Ellas (Ed. Ex-Libris).

sábado, 23 de septiembre de 2017

XORNADAS DE CINEMA, VIÑO E CULTURA (VIGO). LISBOA e PESSOA. FILME: SOSTIENE PEREIRA


XORNADAS DE CINEMA, VIÑO E CULTURA (VIGO)

2ª SESIÓN: LISBOA, A VILLE BLANCHE. FERNANDO PESSOA. FILME: SOSTIENE PEREIRA

   
VIÑOTECA AVELEIRA
UN ÁMBITO PARA A CULTURA E O GOCE DO VIÑO
Condutor da Sesión: Xavier Castro
Lugar: VIÑOTECA AVELEIRA (Rúa Abeleira Menéndez, 28, Baixo. 36202  Vigo. (Casco Vello de arriba).
Data: Mércores, 27 de Setembro, ás 20’30 horas.
Adega: ARCO DA VELLA (Beade. D.O. Ribeiro)
(Intervirá o adegueiro: Eladio Rodríguez)


PRESENTACIÓN

Poñerase de manifesto neste evento o elevado poder de evocación que ten un bo viño, posto que como apuntaba certeiramente Álvaro Cunqueiro, non se bebe para olvidar -como adoita rezar o tópico da desventura- senón para recordar. E haberá que lembrar a invocación de Borges expresada nun soneto consagrado ao viño: “Vino, enséñame el arte de ver mi propia historia / como si ésta ya fuera ceniza en la memoria”.
Deste xeito, na 2ª sesión das Xornadas de Cinema, Viño e Cultura, adentrarémonos no ambiente cultural da cidade de Lisboa, por cuxas rúas deambulaba Fernando Pessoa, como un dandi con aires de flâner baudelairiano recalando nos cafés da Baixa e o Chiado (en cuxos locais estivo tan presente a emigración galega), como A Brazileira, nunha época de desasosego como foi a primeira metade do século XX. Sentirémonos, sen dúbida, animados pola cálida compaña de Marcello Mastroianni no filme Sostiene Pereira (dirixida por Roberto Faenza, no ano 1996), cun guión baseado na novela dun grande amador de Lisboa: Antonio Tabucci. Seguiremos, así, o itinerario lisboeta marcado por Alain Tanner no filme Dans la Ville Blanche (1983) e non sería de estrañar que bateramos con algún dos heterónimos pessoanos convertido en personaxe, como lle aconteceu a Saramago con Ricardo Reis.
O fado de Amália Rodrigues e senlleiras cancións portuguesas, como a que marcou a revolución dos cravos, Grândola, Vila Morena, de José (Zeca) Afonso, proporcionarannos a atmosfera emotiva na que rebuliron nos anos trinta, o galeguista Ramón Martínez López, o polígrafo Gómez de la Serna, o xornalista Julio Camba e, tras do estalido da guerra civil, o filósofo José Ortega y Gasset.
Evocaremos as tabernas emprazadas nos cais da desembocadura do Tejo, onde se falou nun tempo de Teixeira de Pascoaes e a filosofía do saudosismo portugués, divulgada polo grupo Renascença na publicación bimensual A Águia, que Vicente Risco tivo por irmá da revista Nós. Os ecos desta teoría suscitaron o interese dun sector da intelectualidade galega, no que velaban armas Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro, resoltos a indagar na esencia da identidade galega, expresada quer nun humor peculiar, ou quer nunha saudade característica, consideradas ámbalas dúas temáticas dende un prisma heideggeriano.
Deste xeito, os comentarios do condutor da sesión, Xavier Castro, darán conta dos gustos predominantes en materia de viños e outras bebidas e das claves esenciais do devandito poeta. Como contrapunto, escoitaranse en boa hora as achegas do adegueiro ao fronte da Adega Arco da Vella, que elabora uns viños artesáns  de salientable calidade con uvas procedentes das propias cepas centenarias, situadas en Beade – Ribadavia (na Denominación de Orixe Ribeiro). Deste xeito, a familia de adegueiros que puxo en pé Arco da Vella ven practicando o amor polos viñedos dende hai varias xeracións, desterrando da súa práctica vitícola o emprego de productos herbicidas e pesticidas. Súmase a isto a concienzuda aplicación na elaboración dos seus viños, e así é como consegue obter uns productos naturais de singulares características organolécticas que polo recendo, cor e padal fan que, con todo merecemento, os podamos inxerir na mellor xinea dos grandes ribeiros tradicionais, que estes adegueiros foron quen de preservar tan cumpridamente. Presentará esta adega o tinto Tarabelo, de cor bermella de cereixa, redondo, largacío e de gorentoso recendo, e non faltará tampouco un branco de resonancias célticas, Torque do Castro, de cabal intensidade, pleno e de prolongado post gusto.
Agora ben, como sinalaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Consecuentemente, serviranse petiscos de pan artesán con friames e queixo galego de calidade, que a todo isto da dereito a inscrición que se efectuará na Viñoteca Aveleira. (Prezo: 13 euros)



LUGAR DE REALIZACIÓN
Viñoteca Aveleira (Rúa Abeleira Menéndez, 28, Baixo. 36202  Vigo. (Casco Vello de arriba).

DATA
Mércores, 27 de Setembro.

HORARIO
De 20’30 a 22’15 horas.

PREZO:
13 euros, con dereito a varios viños e petiscos de pans artesáns con friames e queixo galego de calidade.
-Aforo limitado. Imprescindible reservar: jcoow64@gmail.com / 601 08 01 21



Xavier Castro: Especialista na historia do viño e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015. Libros do autor: A rosa do viño (Galaxia), A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea) e A mesa e manteis (USC)
E-mail: f.x.cp@hotmail.com / Móbil: 609 653 228




domingo, 3 de septiembre de 2017

Xavier Castro: Aromas de Vendimia (Faro de Vigo, 03/09/2017)

Aromas de Vendimia

        Xavier Castro: autor de las obras A rosa do viño (Galaxia) y A la sombra ejemplar de los parrales (Ediciones Trea)

 El tiempo de vendimia marca el fin del verano, cuando ya se entrevé el otoño, cuyos inicios parecían a Valle-Inclán más primaverales que la primavera misma, todavía más plácidos y dulces. Una época en la que “en su plenitud reposa al fin el día otoñal”, según la evocación de Hölderlin (excelentemente traducido por Helena Cortés) por lo que era esperada con verdadera ansia, ya que traía consigo la llegada del otro pan –como señalaba Otero Pedrayo- que por tal se tenían los racimos que se recogían por San Miguel, una fecha que generalmente parecía que tardaba en llegar, y al cabo duraba bien poco, como casi todo en la vida, según recuerda una cantiga popular: “San Migueliño de las uvas maduras, / mucho me tardas, / poco me duras”.
Una buena magnífica época para gozar de la exultante belleza del paisaje policromado de los viñedos, y leer tal vez una obra literaria referida a esta estación, del escritor de Vilanova, la Sonata de otoño, pongo por caso; o bien alguna pieza, asimismo atinente al tema, del citado polígrafo orensano: Entre a vendima e a castañeira (serie de relatos de 1957), o quizá esta otra: A lagarada (pieza teatral publicada en 1928).
Es este un  buen momento para recrearse en alguna de las fiestas de la vendimia. Entre las que proliferan por todo el país tiene fama la de Leiro, villa del Ribeiro a la que acudió en una ocasión Cunqueiro, “¡A oír el río, a ver cómo se acuna el viento en las ramas, a ver qué dioses se escondieron en las uvas el año pasado”.
            La cultura del vino de antaño rezuma aromas de vendimia. Las casas se impregnaban entonces del exultante aroma de las uvas fermentadas. En el aire del zaguán de la casa de Octavia, por obra de la púrpura y oro de las vides, “erraba un aroma de vendimias y de siegas seculares, parecía elevarse la tibieza del mosto fermentando y del grano envejeciendo”, según la rememoración de Francisco Camba, en su novela La revolución de Laíño. En la comarca del Ribeiro, en el primer tercio del siglo XX, como evocaba Otero Pedrayo en A Lagarada, se notaba “por el aire el barullo de las vendimias que llenan el valle”. Se percibía una gran animación y mucho movimiento de gentes y trasiego de carreteros: “en la parte anchurosa e inculta del valle del Ribeiro, una retahila de carros y de gentes, que van pasando como discurren sobre el espejo del Avia las nubes, los brotes tiernos de los alisos, a las horas rubias y a las horas ceniza, las hojarascas marchitas y caducas de los emparrados por el otoño“. Completan esta estampa unos versos de Eladio Rodríguez: "Arde en bulla el Ribeiro; / hierven en ebullición los campos / en una algazara triunfante y bullanguera; / se llena el valle entero / de alegre animación”.
Reinaba, efectivamente, una esperanzada inquietud y una inconfundible atmósfera de alegría envolvía los campos pintados con el verde dulzor de los viñedos. El farmacéutico Buenaventura Castellet, en su tratado de Enología española resaltaba, de este modo:  "(...) la animación y alegria generales que se manifiestan en los distritos vitivinícolas cuando la recolección de las uvas". Eladio Rodríguez reflejaba, por su parte, la satisfacción que imperaba cuando la recolección había resultado propicia, sirviéndose de estos trazos poéticos: “Una agitación de faena / por doquier se ve brincar, / triunfadora, jaranera y sin sosiego, / como un himno labriego / que la tierra no cesa de cantar".
Por lo demás, acostumbraban los vendimiadores a tomar las uvas más apetitosas al tiempo que cortaban los racimos. Conscientes de ello, no pocas veces los patronos mandaban cantar a todas las mujeres que iban a trabajar como asalariadas para que no pudiesen aprovechar para comer demasiadas uvas. Menciona también este tema Eliseo Alonso, quien puntualiza que había amos tacaños que obligaban a las vendimiadoras a cantar, sabedores de que boca que canta no come uvas. Trataban así de  impedir que las mujeres saciasen su hambre atrasada con la única cosa que tenían a mano. Esta situación de penuria la refleja una canción popular: “Vendimad, vendimiadoras, / en la vendimia de mi padre: / vendimiad y comed uvas / que otra cosa no hay”. La referida táctica de los precavidos y avaros patrones debió de haber estado muy difundida en los agros gallegos.
El tiempo de la vendimia era probablemente, además, la mejor época para el erotismo. Ténganlo en cuenta, que en esto las cosas no han cambiado mucho. ¡Hay que aprovechar!


miércoles, 5 de julio de 2017

     Xornadas de Cinema, Viño e Cultura

VIGO de Hemingway, Paz-Andrade e Ferrín FILME: LOS LUNES AL SOL

  
VIÑOTECA AVELEIRA
UN ÁMBITO PARA A CULTURA E O GOCE DO VIÑO
Condutor da Sesión: Xavier Castro
Lugar: VIÑOTECA AVELEIRA (Rúa Abeleira Menéndez, 28, Baixo. 36202  Vigo. (Casco Vello de arriba).
Data: Xoves, 13 de Xullo, ás 20’30 horas.
Adega: Aurea Lux (Cenlle. O Ribeiro)
Intervirá o adegueiro: Manuel Docampo

  
PRESENTACIÓN

Vigo é a cidade das ondas cantadas por Martín Códax no medievo. O mar terá de ser o referente esencial dunha certa ollada sobre a cidade de Vigo no século XX, nomeadamente dende a década de 1920, cando dúas personalidades sobranceiras, Valentín Paz-Andrade, primeiro, e Xosé Luís Méndez Ferrín, nuns  lustros posteriores, se erixiron en cabezaleiros locais indiscutibles.
 Vigo é unha cidade industrial moi dinámica, que asentou o seu progreso  nos recursos agropecuarios do Val do Fragoso, ben é certo, pero sobre todo nos marítimos, vencellados á pesca, ó comercio portuario e a emigración. Coa progresiva incorporación de Bouzas, Lavadores e Teis, Vigo se converte xa na década dos vinte na principal cidade galega, como se constata no Anuario Bailly-Bailliere. O cinema ofrece unha impagable panorámica documental desta cidade, á altura de 1929, e reflicte o ambiente da industria conserveira no filme Los lunes al sol  (dirixida por León de Aranoa, no ano 2002, con Javier Bardem e Luís Tosar como intérpretes principais)
A abondosa pesca requiría solventar o problema da súa conservación: servían a este propósito os sequeiros (para o peixe cecial) e as importantes salinas (situadas no Areal, con depósito en Marqués de Valadares) destinadas a este cometido na época romana (agás as ostras, que ían en escabeche en pequenos barrís) que fixeron posible o salgado intensificado polos fomentadores cataláns (mellorando o cochado e o prensado da sardiña) a partires da centuria ilustrada. Xa logo veu a moderna conserva e o conxelado.
Na cidade da oliveira, pero tamén do Vigoscopio do oculista Antón Beiras, impera a sardinocracia e Valentín Paz-Andrade, avogado e polígrafo, foi o cerebro indefectible do mundo empresarial pesqueiro. Promoveu o xornal Galicia, na década dos vinte, que foi un dos primeiros en asumir dende Vigo unha perspectiva global de Galicia, e máis tarde dirixiu a revista Industrias pesqueras.
Por volta de 1920, residiu en Vigo, nunha casa do Paseo de Alfonso, onde cursou estudos de náutica, Manuel Antonio, creador dunha deslumbrante poética de pailebotes e  mares. Ferrín ten boas razóns para soster que coñeceu o Commerce Bar, situado na beiramar, transmutándolle o nome, nun poema inesquecible, polo de Navy Bar. Foi isto importante para o imaxinario da cidade.
Carlos Casares tense referido a impresión que Vigo lle causou a Ernest Hemingway cando chegou á vila. Tamén Gardel visitou Vigo, onde foi agasallado no ano 1923,  e coa súa presencia foi quen de poñerlle voz ao tango, que colleu un novo pulo. Coa súa música e co son de Compay Segundo, Para Vigo me voy, achegámonos ao período franquista -en cuxo mencer visitounos horrorizado Stefan Zweig- no que varios edificios emblemáticos da arquitectura caeron baixo a inexorable piqueta da especulación desarrollista. Logo, cando Ferrín se refire a Vigo como un espello roto, viñeron os axitados anos da reconversión naval viguesa, plasmados na película de León de Aranoa. Tiveron como contrapunto a leda movida, que na música recorreu a un novo rexistro, distinto do compromiso de Voces Ceibes, exaltador dun estilo de vida máis libre e desenfadado, caracterizado pola estética pop e rock dos Resentidos de Reixa e Siniestro Total. Na plástica, Atlántica supuxo un enfoque estético renovado, superador do expresionismo ruralista. Tamén na gastronomía a dieta atlántica convertiuse nun referente identitario da gastronomía galega.
Nesta ocasión poderemos apreciar os excelentes caldos da prestixiosa Adega Aurea Lux, situada en Cenlle (D.O. Ribeiro), ben representada polo seu promotor, o profesor de socioloxía Manuel Docampo. Esta adega elabora, cun feitío artesanal e depurada calidade técnica, uns viños de probada calidade: Leive Paradigma, elaborado con uva treixadura, albariña e loureira, e a outra marca de seu, Leive Treixadura, que presenta un carácter monovarietal. Haberá ocasión de gozar asemade do branco reserva Leive Reliquia e dun tinto de crianza, con certificación ecolóxica, Preto de Leive.
          Agora ben, como sinalaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Consecuentemente, serviranse petiscos de pan artesán con friames de porco celta e queixo galego de calidade, que a todo isto da dereito a inscrición que se efectuará na Viñoteca Aveleira. Imprescindible reservar (prezo da entrada: 13 euros).

LUGAR DE REALIZACIÓN
Viñoteca Aveleira (Rúa Abeleira Menéndez, 28, Baixo. 36202  Vigo. (Casco Vello de arriba).

DATA
Xoves, 13 de Xullo.

HORARIO
De 20’30 a 22’15 horas.

PREZO:
13 euros, con dereito a varios viños e petiscos de friames e queixo galego de calidade con pans artesáns.
-Aforo limitado, é imprescindible reservar: jcoow64@gmail.com / 601 08 01 21


Xavier Castro: Especialista na historia do viño e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015. Libros do autor: A rosa do viño (Galaxia), A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea) e A mesa e manteis (USC)
E-mail: f.x.cp@hotmail.com / Móbil: 609 653 228





viernes, 19 de mayo de 2017

Xornadas de Cinema, Viño e Cultura: NERUDA, Poesía, Cinema e Viño


CHILE  DE  NERUDA,  ALLENDE  E  VÍCTOR JARA FILME: EL CARTERO (Y PABLO NERUDA)

               Organiza: ATENEO DE PONTEVEDRA
Condutor da Sesión: Xavier Castro
Lugar: NEMONON & MAURO LOMBA
(Villa Pilar. Rúa Marqués de Riestra, 11, Pontevedra)
Data: Xoves, 25 de Maio, de 20 a 22 horas.
ADEGA: AUREA LUX (Cenlle. D.O. Ribeiro). Manuel Docampo

PRESENTACIÓN
                                                                El vino mueve la primavera.

Pablo Neruda, premio Nóbel pola excelencia da súa obra, é o poeta maior da república das letras contemporáneas, segundo o canon occidental establecido por Harold Bloom. Ninguén cantou como el as glorias do viño. Os comentarios de Xavier Castro darán conta das características máis salientables da súa obra literaria e tamén da súa peripecia vital, en particular no período en que resideu en España, nos anos da República, e mantivo cordial relación cos poetas da xeración do 27 e coa súa compatriota e amiga Gabriela Mistral. Tamén interesa deterse na súa vinculación coa Unidade Popular, que liderada por Salvador Allende e cantada por Víctor Jara, levou un vento de esperanza a Chile. Combinarase este achegamento coa audición de obras musicais relacionadas con universo nerudiano, ilustradas con vídeos exhibidos nunha pantalla, e así mesmo con fragmentos do filme El cartero de Neruda.
Nesta ocasión poderemos apreciar os excelentes caldos da prestixiosa Adega Aurea Lux, situada en Cenlle (D.O. Ribeiro), ben representada polo seu promotor, o profesor de socioloxía Manuel Docampo. Esta adega elabora, cun feitío artesanal e depurada calidade técnica, uns viños de probada calidade: Leive Paradigma, elaborado con uva treixadura, albariña e loureira, e a outra marca de seu, Leive Treixadura, que presenta un carácter monovarietal. Haberá ocasión de gozar asemade do branco reserva Leive Reliquia e dun tinto de crianza, con certificación ecolóxica, Preto de Leive.
          Agora ben, como sinalaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan. Consecuentemente, serviranse petiscos de pan artesán con friames de porco celta e queixo galego de calidade, que a todo isto da dereito a inscrición que se efectuará en Nemonon, en días previos ou ben media hora antes da sesión (prezo da entrada: 12 euros).

LUGAR DE REALIZACIÓN:
Nemonon & Mauro Lomba (Villa Pilar. Rúa Marqués de Riestra, 11, Pontevedra)

DATA:
Xoves, 25 de Maio.

HORARIO:
De 20 a 22 horas.

PREZO:
-12 euros (con dereito a varios viños e petiscos).
-Prazas limitadas, polo que convén reservar. Pódese adquirir a entrada en
Nemonon & Mauro Lomba (Villa Pilar. Rúa Marqués de Riestra, 11) preferentemente nos días previos, ou ben media hora antes da celebración da sesión.

Para máis información e reservas:
Nemonon & Mauro Lomba (E-mail: contacto@nemonon.com / Teléfono: 986 89 67 25)

Xavier Castro: Especialista na historia do viño e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015. Libros do autor: A rosa do viño (Galaxia), A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea) e A mesa e manteis (USC)
E-mail: f.x.cp@hotmail.com / Móbil: 609 65 32 28

            


lunes, 24 de abril de 2017

Cinema, Viño e Cultura: O Vigo de Hemingway, Paz-Andrade e Ferrín. Albariño e conservas Portomar

XORNADAS DE CINEMA, VIÑO E CULTURA

VIGO DE HEMINGWAY, PAZ-ANDRADE E FERRÍN. FILME: LOS LUNES AL SOL


PRESENTACIÓN

Vigo é a cidade das ondas cantadas por Martín Códax no medievo. O mar terá de ser o referente esencial dunha certa ollada sobre a cidade de Vigo no século XX, nomeadamente dende a década de 1920, cando dúas personalidades sobranceiras, Valentín Paz-Andrade, primeiro, e Xosé Luís Méndez Ferrín, nuns  lustros posteriores, se erixiron en cabezaleiros locais indiscutibles.
 Vigo é unha cidade industrial moi dinámica, que asentou o seu progreso  nos recursos agropecuarios do Val do Fragoso, ben é certo, pero sobre todo nos marítimos, vencellados á pesca, ó comercio portuario e a emigración. Coa progresiva incorporación de Bouzas, Lavadores e Teis, Vigo se converte xa na década dos vinte na principal cidade galega, como se constata no Anuario Bailly-Bailliere. O cinema ofrece unha impagable panorámica documental desta cidade, á altura de 1929, e reflicte o ambiente da industria conserveira no filme Los lunes al sol  (dirixida por León de Aranoa, no ano 2002, con Javier Bardem e Luís Tosar como intérpretes principais)
A abondosa pesca requiría solventar o problema da súa conservación: servían a este propósito os sequeiros (para o peixe cecial) e as importantes salinas (situadas no Areal, con depósito en Marqués de Valadares) destinadas a este cometido na época romana (agás as ostras, que ían en escabeche en pequenos barrís) que fixeron posible o salgado intensificado polos fomentadores cataláns (mellorando o cochado e o prensado da sardiña) a partires da centuria ilustrada. Xa logo veu a moderna conserva e o conxelado.
Na cidade da oliveira, pero tamén do Vigoscopio do oculista Antón Beiras, impera a sardinocracia e Valentín Paz-Andrade, avogado e polígrafo, foi o cerebro indefectible do mundo empresarial pesqueiro. Promoveu o xornal Galicia, na década dos vinte, que foi un dos primeiros en asumir dende Vigo unha perspectiva global de Galicia, e máis tarde dirixiu a revista Industrias pesqueras.
Por volta de 1920, residiu en Vigo, nunha casa do Paseo de Alfonso, onde cursou estudos de náutica, Manuel Antonio, creador dunha deslumbrante poética de pailebotes e  mares. Ferrín ten boas razóns para soster que coñeceu o Commerce Bar, situado na beiramar, transmutándolle o nome, nun poema inesquecible, polo de Navy Bar. Foi isto importante para o imaxinario da cidade.
Carlos Casares tense referido a impresión que Vigo lle causou a Ernest Hemingway cando chegou á vila. Tamén Gardel visitou Vigo, onde foi agasallado no ano 1923,  e coa súa presencia foi quen de poñerlle voz ao tango, que colleu un novo pulo. Coa súa música e co son de Compay Segundo, Para Vigo me voy, achegámonos ao período franquista, no que varios edificios emblemáticos da arquitectura caeron baixo a inexorable piqueta da especulación desarrollista. Logo, cando Ferrín se refire a Vigo como un espello roto, viñeron os axitados anos da reconversión naval viguesa, plasmados na película de León de Aranoa. Tiveron como contrapunto a leda movida, que na música recorreu a un novo rexistro, distinto do compromiso de Voces Ceibes, exaltador dun estilo de vida máis libre e desenfadado, caracterizado pola estética pop e rock dos Resentidos de Reixa e Siniestro Total. Na plástica, Atlántica supuxo un enfoque estético renovado, superador do expresionismo ruralista. Tamén na gastronomía a dieta atlántica convertiuse nun referente identitario da gastronomía galega.
Por parte, os comentarios do condutor da sesión, Xavier Castro, darán conta do relato da historia viguesa, no que haberá ocasión de catar o gorentoso viño albariño, que hai quen di con rexouba que foi un invento dos vigueses –Cunqueiro, Castroviejo, Álvarez Blázquez, Alberto Casal, etc.- que coa súa estimulante  participación deron sona á feira de Cambados. O comentario de cata estará a cargo da enóloga Marta Pintos e engadamos que a adega do Salnés que ela comanda está asociada á empresa conserveira Portomar, propiedade dun grupo empresarial vigués. Ilustrará esta cuestión Javier Alonso, e xa que non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan, serviranse excelentes petiscos de sardiña e mexilón en conserva con diferentes pans de calidade artesán, ao que da dereito a inscrición que se efectuará no propio Café Vitruvia. (Prezo: 9 euros)


LUGAR DE REALIZACIÓN
Vitruvia Café (Praza de Compostela, 5. Vigo)

DATA
Xoves, 27 de Abril.

HORARIO
De 20’30 a 22’15 horas.

PREZO:
9 euros, con dereito a viño albariño e petiscos de pan de calidade (masa madre) con mexilóns e sardiñas de Conservas Portomar.
-Aforo limitado, recoméndase inscripción previa.
-Pódese adquirir a entrada en Vitruvia Café, preferentemente nos días previos, ou ben media hora antes da celebración da sesión. Para efectuar reservas: info@vitruviacafe.com / 680 203 587.

Para máis Información:
info@vitruviacafe.com / 680 203 587
            

Xavier Castro: Especialista na historia do viño e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015. Libros do autor: A rosa do viño (Galaxia), A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea) e A mesa e manteis (USC)
E-mail: f.x.cp@hotmail.com / Móbil: 609 653 228