RIBEIRO
PALABRA DE CARLOS CASARES E OTERO PEDRAYO
II XORNADAS DE
OUTONO: CULTURA DO VIÑO E LITERATURA (VIGO)
CARLOS CASARES,
OTERO PEDRAYO E O VIÑO DO RIBEIRO
CAFÉ VITRUVIA
O Café
Vitruvia ocupa un espazo da memoria de Vigo: aquí estaba o café
Alameda, onde Carlos Casares facía tertulia coa
xente da Editorial Galaxia.
CAFÉ VITRUVIA
UN ÁMBITO PARA A CULTURA E O GOCE DO VIÑO
Condutor da Sesión: Xavier Castro
Condutor da Sesión: Xavier Castro
Intervirá: Cristina AlcaláLugar: Vitruvia Café (Praza de Compostela, 5. Vigo)
Data: Mércores, 8 de Novembro, ás
20'30 horas.
Cata e degustación: Viños branco e tinto do
Ribeiro, especialmente etiquetados en homenaxe a Carlos Casares e Otero Pedrayo (D.O.
Ribeiro)
PRESENTACIÓN
Esta sesión das II Xornadas
de Cultura do Viño e Literatura, promovidas polo Consello Regulador da D.O.
Ribeiro, coordinadas polo profesor Xavier Castro, pretenden homenaxear en Vigo,
a Carlos Casares e Otero Pedrayo, ilustres escritores galegos que
tiveron vencellos na súa vida e na súa obra coa comarca do Ribeiro. A súa
Denominación de Orixe, que preside Juan Casares, que participará no
evento, é unha das máis antigas e prestixiosas de España, e o seu viño é, sen
dúbida, unha das marcas que máis acaidamente encarnan a representación da
identidade simbólica de Galicia.
O profesor Xavier Castro,
historiador especialista na historia do viño, expoñerá a relevancia do viño do
Ribeiro na andaina vital e na obra dos escritores Carlos Casares e Otero
Pedrayo, intercalando as súas intevencións coa visualización de fragmentos
de documentais e tamén cancións relacionadas
con ambos escritores. Asi mesmo, comentará aspectos históricos da cultura do
viño do Ribeiro, ilustrados cunha cantiga e un documental. Por parte, Cristina
Alcalá, xerente do Consello Regulador e considerada como unha das trece
mulleres máis relevantes do mundo do viño en España, referirase a situación
actual e perspectivas de futuro do viño do Ribeiro, marcadas polo seu Consello
Regulador, e fará tamén o comentario de cata dos viños etiquetados
especialmente para este evento eno-cultural que haberá ocasión de degustar.
Serviránse ademais petiscos de pan artesán, queixo e friames
galegos de calidade para acompañar ós viños, pois, como sinalaba Otero
Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan.
A todo isto da dereito a inscrición que se efectuará no propio Café
Vitruvia (Prezo: 9 euros) que ocupa, por certo, un espazo da memoria
de Vigo, pois aquí se encontraba o vello café Alameda, onde Carlos
Casares facía tertulia coa xente da Editorial
Galaxia.
LUGAR DE REALIZACIÓN
Vitruvia Café (Praza de Compostela, 5. Vigo)
DATA:
8 de Novembro.
HORARIO
20’30 horas.
PREZO:
-9 euros (con dereito a varios viños e petiscos).
Xavier Castro: Especialista na historia do viño
e a alimentación, director de varios proxectos de investigación e Premio
Picadillo do Fórum Gastronómico 2015. Libros do autor: A rosa do
viño (Galaxia), A lume manso (Galaxia), A
la sombra ejemplar de los parrales (Trea) e A mesa e
manteis (Biblos) (En castelán: Yantares Gallegos,
USC)
Cristina Alcalá, Socióloga e xerente do Consello
Regulador da D.O. Ribeiro. Foi directora 5 Senses Wine e Vinum-MiVino);
divulgadora en Radio Nacional de España, El País e revistas
internacionais. Xurado de cata profesional nacional e internacional, Decanter,
Concours Mondial de Bruxelles, Grenaches du Monde, Bacchus… Recibiu o Premio
Mirador do Viño 2015 á mellor traxectoria profesional. Libros: El mundo
del vino contado con sencillez (Editorial Maeva) e Eligen
Ellas (Ed. Ex-Libris).
No hay comentarios:
Publicar un comentario