martes, 28 de diciembre de 2010

Premio Gourmand World Cookbook Awards 2010 para A rosa do viño, de Xavier Castro

Concesión do Premio: Gourmand World Cookbook Awards 2010, en la categoría Best Wine History Book, ao libro do profesor da USC, Xavier Castro, "A rosa do viño"

O libro, publicado pola editorial Galaxia, obtivera xa antes o Premio Deza Investigación concedido por los Concellos da Comarca do Deza (Pontevedra).

“Los ganadores de cada país compiten contra los ganadores en la misma
categoría de otros países por el “Best in the World”. Los resultados se
anunciarán el miércoles 2 de Marzo de 2011 en el teatro Le 104 de la Paris
Cookbook Fair. www.104.fr
En Diciembre de 2010 estamos enviando las notificaciones personales. Todos
los detalles del evento de la Paris Cookbook Fair están disponibles en
nuestra página www.cookbookfair.com.”

-O autor, Xavier Castro, é un historiador e ensaista, autor dunha ampla obra historiográfica na que aborda temas como o galeguismo, a emigración, a vida cotiá, e a historia da alimentación e a bebida.

“A rosa do viño», título desta obra, inspírase no procedemento popular empregado para apreciar a calidade do viño, reparando nomeadamente na súa densidade, no corpo que posuía. Tíñase en mellor estima o tinto de acendrado espesor (“que críe sangue”), que era o que deixaba uns trazos vermellos que, ó descender polas paredes da cunca, formaban os pétalos dunha flor, a rosa do viño.
A presente obra constitúe un achegamento á historia cultural do viño en Galicia, e artéllase como un traballo de investigación histórica que emprega fontes primarias, en boa parte inéditas, e recorre tamén a bibliografía primordial. Pretende, deste xeito, aterse ao rigor histórico pero procura asemade relatar unha faceta relevante da experiencia colectiva dos galegos dun modo que sexa interesante á par que resulte tamén de grata lectura.
O libro incorpora dun xeito novidoso a tradición enogastronómica galega dos nosos clásicos (nomeadamente Pardo Bazán, Julio Camba, Picadillo, Cunqueiro e Castroviejo) e as achegas dos tratadistas modernos, ao que se engade a sensibilidade popular en todo o que concirne á cultura do viño, tal e como quedou reflectida en textos de moi variada índole e, como non, tamén na memoria viva. Non se relega tampouco a tradición literaria: Valle-Inclán (cuxa actitide respecto do viño se estudia de xeito particular), Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Castelao e a literatura costumista.
Detense na consideración do tradicional gusto popular e no protocolo da bebida fronte á cata experta. Constátase a realidade dun ethos étnico, patente no modo enxebre de beber os galegos, e examínanse tanto as as boas maneiras como os usos populares, analizando o tránsito da bebida comunitaria (beber por quenda empregando un mesmo recipiente) á unha concepción individualista no xeito de beber. Alúdese asemade aos recipientes (pichel, xerro, cunca, vaso e copa) e as expresións características que se adoitaban empregar nesta práctica social.


Sobre o Autor:
XAVIER CASTRO PÉREZ, natural de Cangas do Morrazo, é escritor e Catedrático de Escola Universitaria de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago, desempeñando o seu labor docente na Facultade de Xeografía e Historia. Acumula unha ampla experiencia docente e investigadora desenvolvida tamén en universidades de Estados Unidos e Francia. Neste último país exerceu a docencia na Université de Rennes (Maître de conferences), e impartiu seminarios na Universidade de Reims, Maison de Sciences de L’Homme, e École des Hautes Ètudes en Sciences Sociaux, de París. Foi director de varios proxectos de investigación financiados pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación. Na actualidade dirixe, en calidad de investigador principal, o Proxecto de Investigación "Turismo histórico, gastronómico, enolóxico e cultural, na cidade Santiago de Compostela”. Promoveu dende 1983, en Ourense, as Xornadas de Historia de Galicia (12 publicacións). Foi subdirector e membro del consello de redacción da revista Grial e, asemade, comisario da Exposición do Cincuentenario da Editorial Galaxia (1950-2000). Membro da rede de investigadores europeos especializados en historia da alimentación (Institut Europeen D’Histoire de L’Alimentation). Impartiu tamén cursos sobre a cultura e cata do viño, e tense desempeñado como asesor histórico en varios proxectos audiovisuais (As leis de Celavella, A casa de 1906).
Estas son as súas principais publicacións: O Galeguismo na encrucillada republicana, (Deputación Provincial de Ourense, 1985) (Mención de Honor do xurado do Premio Otero Pedrayo, 1983). A lume manso. Estudios sobre historia social de la alimentación (Galaxia, 1998), Castelao e os galeguistas do interior. Cartas e documentos 1943-1954, (Galaxia, 2000). Ayunos y yantares: Usos y costumbres en la historia de la alimentación (Nivola, 2001), (Premio Nacional de Gastronomía “Álvaro Cunqueiro”, 2002). A la sombra ejemplar de los parrales. Cultura del vino en Galicia y otros espacios peninsulares, (NigraTrea, 2006). (Premio Nacional de Gastronomía “Álvaro Cunqueiro”, 2006; e Gourmand World Cookbook Awards 2006, na categoría Best Wine History Book). Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia (Séculos XIX-XX), (NigraTrea, 2007) (Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo, 2007). Neste último ano publicou tamén A mesa e manteis (Biblos), e Ayunos y yantares (publicado pola USC)

Para máis información:
franciscojavier.castro.perez@usc.es
Teléfono móbil: : 609 653228

No hay comentarios:

Publicar un comentario