martes, 28 de diciembre de 2010

Premio Gourmand World Cookbook Awards 2010 para A rosa do viño, de Xavier Castro

Concesión do Premio: Gourmand World Cookbook Awards 2010, en la categoría Best Wine History Book, ao libro do profesor da USC, Xavier Castro, "A rosa do viño"

O libro, publicado pola editorial Galaxia, obtivera xa antes o Premio Deza Investigación concedido por los Concellos da Comarca do Deza (Pontevedra).

“Los ganadores de cada país compiten contra los ganadores en la misma
categoría de otros países por el “Best in the World”. Los resultados se
anunciarán el miércoles 2 de Marzo de 2011 en el teatro Le 104 de la Paris
Cookbook Fair. www.104.fr
En Diciembre de 2010 estamos enviando las notificaciones personales. Todos
los detalles del evento de la Paris Cookbook Fair están disponibles en
nuestra página www.cookbookfair.com.”

-O autor, Xavier Castro, é un historiador e ensaista, autor dunha ampla obra historiográfica na que aborda temas como o galeguismo, a emigración, a vida cotiá, e a historia da alimentación e a bebida.

“A rosa do viño», título desta obra, inspírase no procedemento popular empregado para apreciar a calidade do viño, reparando nomeadamente na súa densidade, no corpo que posuía. Tíñase en mellor estima o tinto de acendrado espesor (“que críe sangue”), que era o que deixaba uns trazos vermellos que, ó descender polas paredes da cunca, formaban os pétalos dunha flor, a rosa do viño.
A presente obra constitúe un achegamento á historia cultural do viño en Galicia, e artéllase como un traballo de investigación histórica que emprega fontes primarias, en boa parte inéditas, e recorre tamén a bibliografía primordial. Pretende, deste xeito, aterse ao rigor histórico pero procura asemade relatar unha faceta relevante da experiencia colectiva dos galegos dun modo que sexa interesante á par que resulte tamén de grata lectura.
O libro incorpora dun xeito novidoso a tradición enogastronómica galega dos nosos clásicos (nomeadamente Pardo Bazán, Julio Camba, Picadillo, Cunqueiro e Castroviejo) e as achegas dos tratadistas modernos, ao que se engade a sensibilidade popular en todo o que concirne á cultura do viño, tal e como quedou reflectida en textos de moi variada índole e, como non, tamén na memoria viva. Non se relega tampouco a tradición literaria: Valle-Inclán (cuxa actitide respecto do viño se estudia de xeito particular), Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Castelao e a literatura costumista.
Detense na consideración do tradicional gusto popular e no protocolo da bebida fronte á cata experta. Constátase a realidade dun ethos étnico, patente no modo enxebre de beber os galegos, e examínanse tanto as as boas maneiras como os usos populares, analizando o tránsito da bebida comunitaria (beber por quenda empregando un mesmo recipiente) á unha concepción individualista no xeito de beber. Alúdese asemade aos recipientes (pichel, xerro, cunca, vaso e copa) e as expresións características que se adoitaban empregar nesta práctica social.


Sobre o Autor:
XAVIER CASTRO PÉREZ, natural de Cangas do Morrazo, é escritor e Catedrático de Escola Universitaria de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago, desempeñando o seu labor docente na Facultade de Xeografía e Historia. Acumula unha ampla experiencia docente e investigadora desenvolvida tamén en universidades de Estados Unidos e Francia. Neste último país exerceu a docencia na Université de Rennes (Maître de conferences), e impartiu seminarios na Universidade de Reims, Maison de Sciences de L’Homme, e École des Hautes Ètudes en Sciences Sociaux, de París. Foi director de varios proxectos de investigación financiados pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación. Na actualidade dirixe, en calidad de investigador principal, o Proxecto de Investigación "Turismo histórico, gastronómico, enolóxico e cultural, na cidade Santiago de Compostela”. Promoveu dende 1983, en Ourense, as Xornadas de Historia de Galicia (12 publicacións). Foi subdirector e membro del consello de redacción da revista Grial e, asemade, comisario da Exposición do Cincuentenario da Editorial Galaxia (1950-2000). Membro da rede de investigadores europeos especializados en historia da alimentación (Institut Europeen D’Histoire de L’Alimentation). Impartiu tamén cursos sobre a cultura e cata do viño, e tense desempeñado como asesor histórico en varios proxectos audiovisuais (As leis de Celavella, A casa de 1906).
Estas son as súas principais publicacións: O Galeguismo na encrucillada republicana, (Deputación Provincial de Ourense, 1985) (Mención de Honor do xurado do Premio Otero Pedrayo, 1983). A lume manso. Estudios sobre historia social de la alimentación (Galaxia, 1998), Castelao e os galeguistas do interior. Cartas e documentos 1943-1954, (Galaxia, 2000). Ayunos y yantares: Usos y costumbres en la historia de la alimentación (Nivola, 2001), (Premio Nacional de Gastronomía “Álvaro Cunqueiro”, 2002). A la sombra ejemplar de los parrales. Cultura del vino en Galicia y otros espacios peninsulares, (NigraTrea, 2006). (Premio Nacional de Gastronomía “Álvaro Cunqueiro”, 2006; e Gourmand World Cookbook Awards 2006, na categoría Best Wine History Book). Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia (Séculos XIX-XX), (NigraTrea, 2007) (Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo, 2007). Neste último ano publicou tamén A mesa e manteis (Biblos), e Ayunos y yantares (publicado pola USC)

Para máis información:
franciscojavier.castro.perez@usc.es
Teléfono móbil: : 609 653228

sábado, 18 de diciembre de 2010

CURSO DE CULTURA DO VIÑO: VALLE-INCLÁN

CURSO 1º DE CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

4ª Sesión: VALLE-INCLÁN E O VIÑO

Lugar: Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47. Santiago).

Data: Mércores, 22 de Decembro, ás 20 horas.

Condutor da Sesión: Xavier Castro

Adega invitada: Alfredo Alvarado Pires. D. O. Ribeiro)

PRESENTACIÓN:

A cuarta sesión do 1º Curso de Cultura do Viño, Literatura e Musica vai estar dedicada ao extraordinario escritor Ramón María del Valle-Inclán, auténtico ourive do idioma e creador do esperpento. Nas Comedias Bárbaras, nas Sonatas e tamén en dramas teatrais como Luces de bohemia deixou plasmado un rico testemuño do mundo do viño popular na Terra do Salnés, das bebidas dos pazos visitados polo Marqués de Bradomín, e das tabernas e os cafés de Madrid nos que Max Estrella calmaba a súa sede e distraía a súa melancolía de poeta bohemio.

É mester referirse a unha rotunda e brillante alusión de Valle-Inclán á correspondencia entre viños e pratos, complexa cuestión na que se entreveran segredos nexos, á maneira dun concerto pitagórico. Nunha das comedias bárbaras, concretamente en Cara de Plata, barruntaba unha teoría respecto disto o seminarista Don Farruquiño: “Cada vino reclama su sacramento. Rueda blanco, propio para acompañar una tortilla de chorizos. Espadeiro de Salnés, bueno para refrescar en el monte, o en una romería o en un juego de bolos. Rivero de Avia, para las empanadas de lamprea y las magras de Lugo. Cada vino tiene su correspondencia en la vida, igual que todas las cosas. El mundo es armonía y concierto pitagórico. ¡Y nadie me rebata, si no está ordenado de teólogo!”.

Os comentarios do director do curso, Xavier Castro (autor de A rosa do viño, A la sombra ejemplar de los parrales e A mesa e manteis), e as lecturas de María Outes, darán conta das características esencias da súa obra literaria e tamén das súas suxestivas referencias á cultura do viño. Combinaranse estas exposicións coa audición de obras musicais relacionadas con universo valleinclanesco e a cultura do viño, ilustradas con vídeos. Previsiblemente, algunha das cancións propiciará a práctica do canto coral por parte dos asistentes.

Mais convén tamén mollar a palabra e, deste xeito, as glosas e comentarios iranse entreverando co paladeo do viño do Ribeiro da excelente adega de colleiteiro Alfredo Alvarado Pires. Servirase tamén un compango de castañas e friames de porco celta, apoiados en pan de millo e centeo, que a todo isto da dereito a inscrición (10 €).

Ao cabo, farase así mesmo un concurso de cantigas populares do viño.

(Para máis información sobre os cursos, teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122 / 609 653 228. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / franciscojavier.castro.perez@usc.es/ Páxina Web: www.lardasmeigas.com)


PROGRAMA XERAL DOS CURSOS DE:

CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

Lar das Meigas: Espazo para a convivialidade cordial. Un ámbito para a cultura e o goce do viño.

O propósito destes cursos consiste na realización dun achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce do viño.

Estes cursos teñen unha orientación transversal, que pretende integrar a cultura do viño coa creación literaria e a musical. En cada sesión se degustaran viños de adegueiros galegos (nomeadamente artesáns, que tamén tomarán parte no acto) que polas súas propiedades garden relación coa obra (e, por veces, tamén coa vida) dun determinado escritor. Explicitarase o vencello que existe entre ambos, comentaranse os apartados da obra literaria nos que se fai mención ao viño, e mesmo se fará un recitado de poemas e fragmentos en prosa.

Os dous cursos de Cultura do Viño, Literatura e Música consistirán en sendos ciclos de cinco sesións cada un deles. O curso 1º está plantexado para os novos alumnos, en tanto que o 2º está concibido para os veteranos. De tódolos xeitos, admítese tanto a inscrición completa no primeiro dos cursos unicamente, como só no segundo, ou ben en ambos os dous, e tamén dun xeito independente nas sesións que o interesado prefira, facendo coa súa libre escolla un menú persoal que combine determinadas sesións dos dous cursos.

Este son os escritores aos que está dedicado o 1º CURSO: Charles Baudelaire, Álvaro Cunqueiro, Miguel de Cervantes, Ramón María del Valle-Inclán e Aymeric Picaud (autor da primeira guía de peregrinos, incluída no Códice Calixtino, onde alude ao viño no Camiño de Santiago).

Polo demais, os escritores aos que está dedicado o 2º CURSO son os seguintes: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Federico García Lorca, Pablo Neruda e Ernest Hemingway.

As explicacións do condutor do curso farán referencia ao escritor que centre o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura do viño, a temática gastronómica relacionada con ela (nomeadamente, as maridaxes entre o viño e a gastronomía) e estarán entrefrebadas coas intervencións dos participantes (aléntase a participación e son benvidos os comentarios e as preguntas dos alumnos) e con momentos de goce e padaleo do viño.

Haberá, asimesmo, interludios musicais nos que se escoitaran pezas alusivas á cultura do viño (visualizadas nunha pantalla dixital) e que garden algún tipo de vínculo co escritor que protagoniza cada sesión, tanto fragmentos de óperas ou obras clásicas de diferente xaez, como tamén jazz e música popular tradicional.

O viño reclama algún compango e, deste xeito, servíranse pinchos compostos por bos pans campesiños, de millo e centeo, amén de friames de porco celta e algún petisco de queixo (a todo isto da dereito a inscrición).

Non se exclúe que a sesión poida rematar, se o ambiente creado polas persoas asistentes o fai pertinente, cun canto coral no que participemos tod@s. O esencial é que cada sesión constitúa unha experiencia de goce da convivialidade arredor do viño –que foi decote un pracer social-, dun xeito lúdico, pracenteiro e cultural. Preténdese que resulte interesante, motivador, que induza a máis amplas lecturas e a sabios padaleos de estimables viños. Nestas sesións teórico-prácticas e lúdico-serias (ou jocoserias, que dirían os nosos devanceiros composteláns) importa moito desenvolver o espírito e difundir unha cultura da bebida acougada, de calidade e compartida.

Como complemento dos cursos prevese realizar excursións a adegas emprazadas nas rutas dos viños que se anunciaran oportunamente e terán un custe suplementario.

Fará de condutor dos cursos o amateur da cultura do viño, Xavier Castro, profesor de Hª Contemporánea na USC e autor dos libros: A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea), A rosa do viño (Galaxia) e A mesa e manteis (Biblos, Col. Mandaio; Yantares gallegos, na versión en castelán da USC).

CURSO VIÑO 1. SESIÓNS:

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

1ª Sesión (Novembro. 3 Mércores): Charles Baudelaire.

2ª Sesión (Novembro. 17 Mércores): Álvaro Cunqueiro.

3ª Sesión (Decembro. 1 Mércores): Miguel de Cervantes.

4ª Sesión (Decembro. 22 Mércores): Ramón María del Valle-Inclán.

5ª Sesión (Xaneiro. 19 Mércores): Aymeric Picaud (Códice Calixtino). O Viño no Camiño de Santiago.

CURSO VIÑO 2. SESIÓNS:

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

1ª Sesión (Novembro. 9 Martes): Rosalía de Castro.

2ª Sesión (Novembro. 23 Martes): Emilia Pardo Bazán.

3ª Sesión (Decembro. 15 Mércores): Federico García Lorca.

4ª Sesión (Xaneiro. 12 Mércores): Pablo Neruda.

5ª Sesión (Xaneiro. 26 Mércores): Ernest Hemingway.

HORARIO: de 20 a 22 horas.

LUGAR DE REALIZACIÓN

As sesións terán lugar no local Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago)

INSCRICIÓN

A inscrición realizarase no local de Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. 15705 Santiago). Horario: 10’30 a 14, 16’30 a 20’30. Sábados e Domingos aberto ao medio día). Pódese efectuar tamén a matrícula cubrindo a ficha de inscrición adxunta (na páxina web) e reenviandoa a: lardasmeigas@gmail.com. Tamén é posible realizar tamén o pagamento da matrícula en Ibercaja, nº de conta: 20858265160330075713, indicando que en que curso se inscribe ou en que sesión concreta (ou sesións), e presentando logo o resgardo en Lar das Meigas, o día da actividade.

Para máis información Teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122 / 609 653 228. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / franciscojavier.castro.perez@usc.es/ Páxina Web: www.lardasmeigas.com)

Admítese a inscrición nun curso completo, en ambos os dous, ou ben en determinadas sesións concretas (que poden pertencer aos dous cursos). Recoméndase efectuar o pagamento no momento de cubrir a ficha de inscrición. Prezos: Curso Completo de 5 sesións: 45 €. 2 Cursos Completos: 90 € (neste caso o alumno recibirá unha botella de viño como agasallo). Sesións independentes: 10 € cada una delas.

viernes, 17 de diciembre de 2010

Lorca e o Viño

A nai de Federico García Lorca, Vicenta Lorca, viviu un tempo en Granada, nun modesto colexio de monxas, na súa maioría francesas, onde non lle gustou nada o ambiente. Era unha nena delicada e nunca esqueceu que a obrigaron a comer lentellas, prato que destestaba. Federico tivo sorte, pois a súa nai, debido a aquela experiencia, mostrouse sempre indulxente -polo menos nisto, non tanto noutras cuestións- cos antollos dos seus fillos no que concernía á alimentación. A comida, desde logo, gustáballe a Lorca, e non perdía ocasión para comer cos seus amigos fóra de casa. Era un lambeteiro de marca maior: encantábanlle os doces caseiros, que preparaban en Granada. En Bos Aires, adoitaba facer algún alto no seu traballo creativo para ateigarse de pasteis nas deliciosas confiterías porteñas.

Lorca fumaba e tiraba as cabichas ao chan coa desenvoltura con que outrora facíase este tipo de cousas, moi pouco cívicas. E non se limitaba a facer isto na rúa. O propio poeta referiu que, na época en que viviu na Residencia de Estudantes, o seu direutor, o institucionista Jiménez Frauz -home hixiénico e de acrisolados civismo, como bo institucionista-, veu como guindaba unha cabicha ao chan no corredor, nunha época na que se facían estas cousas nas casas, e aínda outras de parecido xeito, como chuspir contra chan ou ás paredes. Co seu exquisito tacto, o direutor, sen dicir un chío, a modo de calado reproche recollera a cabicha e botáraa nun cinceiro, mentres o poeta se sentira moi avergoñado. Cando se produciu a tráxica morte do poeta, que foi executado dunha maneira completamente irregular, e segundo afirma o seu biógrafo máis solvente, Ian Gibson, sendo previamente torturado, levaba tabaco consigo. Quen o mataron roubáronlle o paquete de cigarros Luky que levaba no peto do pantalón.

Lorca fixo moita vida de café. En Granada frecuentou moito a tertulia literaria que se xuntaba nun recuncho (“Rinconcillo”) do Café Alameda, cuxos integrantes se autodenominaban os “rinconcillistas” . Tamén se deixaba caer algunhas veces por ‘El Polinario’, taberna próxima á Alhambra que adoitaban frecuentar artistas e poetas. No Madrid dos seus primeiros anos de vida na capital facía faladoiro con algúns dos seus amigos granadinos, entre os que salientaba Melchor Fernández Almagro, no ‘Café Gijón’. Refería Isabel, a irmá de Federico, que éste adoitaba traballar na casa familar de Granada polas tardes e as noites. Sobre as tres e media ou catro da tarde subía ao seu cuarto co seu café “iluminado”, o que significaba que levaba algo máis que pingas de augardente e alí permanecía lendo ou escribindo ata case a hora para cear. Despois íase ao café Alameda a charlar cos seus amigos, regresando ás dúas ou tres da madrugada. Amigo da esmorga e noitarego empedernido, sempre estaba disposto a tomarse unhas copas cos seus amigos e admiradores. Sentía predilección polo coñac e máis polo whiski. O viño está presente na obra de Lorca, o que resulta case inevitable dada a súa inspiración na cultura popular de Andalucía, na que os mostos, finos e xenerosos desempeñaban un papel moi notable. Pero ademais a el gustáballe persoalmente o viño.

(Artigo publicado en Galicia Hoxe, 17/12/2010)

sábado, 11 de diciembre de 2010

Pablo Neruda e o Viño

Refire o escritor chileno Luís Sepúlveda que, en certa ocasión, acompañou ó poeta Eugeni Evtuchenko na súa visita á casa de Pablo Neruda, onde chegaron con algún atraso. Evtuchenko ia ‘tomando’ sen parar, pero quizais a for de alto e mangallón como era, demostraba ter unha capacidade insólita para resistir o trago enérxico. Neruda estáballes agardando pacientemente na porta tendo na man unha botella dun fabuloso viño francés, co propósito de darlles a benvida. O poeta ruso, saludou e axiña se decatou da calidade do viño co que se lle agasallaba. Non dudou un momento en apoderarse da botella e, ó punto, procedeu a bebela a morro, toda enteira e de ‘penalty’. Diante do cal, Neruda non puido reprimir unha exclamación, que procurou que so a escoitara Sepúlveda, para non semellar indiscreto: “¡Qué grandísimo fillo de puta!”, díxolle ó ouvido.

O poeta chileno, premio Nóbel de literatura, foi una grande amante do viño. E non ten dúbida que foi un dos seus mellores cantores. De feito, a “Oda al vino”, que forma parte das ‘Odas elementales’, é un dos seus poemas máis logrados. A descripción que fai do feitío que presenta o viño, diante da impresión ocular, é realmente brillante, como se pode apareciar na primeira estrofa do poema, na que ademais remata anticipando a relevante función social que desempeña o viño: “Viño cor de día, / viño cor de noite, / viño con pés de púrpura / ou sangue de topacio, / viño, / estrelado fillo / da terra, / viño, liso / como unha espada de ouro, / suave como un desordenado veludo, / viño encaracolado / e suspendido, / amoroso, / mariño, / nunca coubeches nunha copa, / nun canto, nun home, / coral, gregario es, / e cando menos mutuo”. Alude despois a que o viño alenta as veces as lembranzas e mesmo é quen de propiciar “bágoas transitorias”, pero este non é o seu risco primordial, senón a ledicia que contén e transmite: “o teu fermoso / traxe de primavera / é diferente, / o corazón sobe ás ramas, / o vento move o día, / nada queda / dentro da túa alma inmóbil”. Xa que logo, no dicir do poeta, o viño anima e aleda o espíritu, disipando as súas sombras, promove a extroversión e mesmo a cantiga, que ben pode adoptar a forma de canto coral: “O viño move a primavera, / crece como unha planta de ledicia, / caen valados, / penedos, / péchanse os abismos, / nace o canto”.

Nunha das pasaxes máis conseguidas da oda, reflicte Neruda, con deslumbrante imaxineria poética, o papel que desempeña o froito da viña na relación amorosa: “Oh ti, xarra de viño, no deserto / coa sabedeira que amo, / dixo o vello poeta. / Que o cántaro de viño / ao bico do amor some o seu bico”. E, deseguida, desenvolve un canto hedonista a atracción erótica que inspira a belleza da muller, debullando as provincias do seu corpo en referencias plurais ao universo do viño: “Amor meu, de súpeto / a túa cadeira / é a curva colmada / da copa,/ o teu peito é o acio, / a luz do alcol a túa cabeleira, / as uvas as túas mamilas, / o teu embigo selo puro / estampado no teu ventre de vasixa, / e o teu amor a fervenza / de viño inextinguible, / a claridade que cae nos meus sentidos, / o esplendor terrestre da vida”.

(Publicado en Galicia Hoxe, 10/12/2010)

domingo, 5 de diciembre de 2010

CURSO DE CULTURA DO VIÑO: LORCA

CURSO 2º DE CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

3ª SESIÓN: FEDERICO GARCÍA LORCA

Lugar: Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago).

Data: Mércores, 15 de Decembro, ás 20 horas.

Condutor da Sesión: Xavier Castro

Adega invitada: Marqués de Vizhoja (D.O. Rías Baixas. O Condado)

Presentación:

A terceira sesión do 2º Curso de Cultura do Viño, Literatura e Musica vai estar dedicada a un grande poeta, membro da Xeración do 27, Federico García Lorca. Os comentarios do director do curso, Xavier Castro (autor de A rosa do viño, A la sombra ejemplar de los parrales e A mesa e manteis), e as intervencións da profesora María Outes, darán conta das características esencias da súa obra literaria e das súas suxestivas referencias á cultura do viño. Combinaranse estas exposicións coa audición de obras musicais, ilustradas con vídeos exhibidos nunha pantalla.

Mais convén tamén mollar a palabra e, deste xeito, as glosas e comentarios iranse entreverando co paladeo dos viños da adega invitada para esta sesión, Marqués de Vizhoja (D. O. Rías Baixas), que elabora uns excelentes e gorentosos caldos caracterizados polo seu xenuíno feitío. Servirase tamén pan de pita, símbolo da Andalucía arábiga que engaiolou a Lorca, e un compango composto de porco ibérico e aceitunas aliñadas, amén dunha cunca de caldo galego por riba, que a ben seguro Federico tomaría en Compostela, cando escribiu os seus coñecidos poemas en galego. A todo isto da dereito a inscrición (10 €).

Ao cabo, farase así mesmo un concurso de apreciación literaria do viño. Os alumnos que desexen aspirar ao galardón, tentarán de reflectir as impresións que lles produza o paladeo do viño realizando composicións poéticas ben ao xeito estilístico do Cancioneiro xitano, ou ben ao dos poemas rimados en lingua galega. Tamén poderán optar polo libérrimo e onírico sendeiro creativo que caracteriza o estilo surrealista de Poeta en Nova Iork, ou mesmo haberá quen queira explorar a opción da escritura automática de intencionalidade poética.

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *

(A copa borracha)

(Para máis información sobre os cursos, teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122 / 609 653 228. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / franciscojavier.castro.perez@usc.es/ Páxina Web: www.lardasmeigas.com)

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *

Obra de María Outes Velay gañadora do concurso de expresión plástica de apreciación do viño. Representación neofigurativa con técnica povera que presenta unha coloración baseada na impregnación de viño tinto e perfís esbozados con tizne de castaña asada e rolla flambé de botella de viño”.

* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *

PROGRAMA XERAL DOS CURSOS DE:

CULTURA DO VIÑO, LITERATURA E MÚSICA

Lar das Meigas: Espazo para a convivialidade cordial. Un ámbito para a cultura e o goce do viño.

O propósito destes cursos consiste na realización dun achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce do viño.

Estes cursos teñen unha orientación transversal, que pretende integrar a cultura do viño coa creación literaria e a musical. En cada sesión se degustaran viños de adegueiros galegos (nomeadamente artesáns, que tamén tomarán parte no acto) que polas súas propiedades garden relación coa obra (e, por veces, tamén coa vida) dun determinado escritor. Explicitarase o vencello que existe entre ambos, comentaranse os apartados da obra literaria nos que se fai mención ao viño, e mesmo se fará un recitado de poemas e fragmentos en prosa.

Os dous cursos de Cultura do Viño, Literatura e Música consistirán en sendos ciclos de cinco sesións cada un deles. O curso 1º está plantexado para os novos alumnos, en tanto que o 2º está concibido para os veteranos. De tódolos xeitos, admítese tanto a inscrición completa no primeiro dos cursos unicamente, como só no segundo, ou ben en ambos os dous, e tamén dun xeito independente nas sesións que o interesado prefira, facendo coa súa libre escolla un menú persoal que combine determinadas sesións dos dous cursos.

Este son os escritores aos que está dedicado o 1º CURSO: Charles Baudelaire, Álvaro Cunqueiro, Miguel de Cervantes, Ramón María del Valle-Inclán e Aymeric Picaud (autor da primeira guía de peregrinos, incluída no Códice Calixtino, onde alude ao viño no Camiño de Santiago).

Polo demais, os escritores aos que está dedicado o 2º CURSO son os seguintes: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Federico García Lorca, Pablo Neruda e Ernest Hemingway.

As explicacións do condutor do curso farán referencia ao escritor que centre o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura do viño, a temática gastronómica relacionada con ela (nomeadamente, as maridaxes entre o viño e a gastronomía) e estarán entrefrebadas coas intervencións dos participantes (aléntase a participación e son benvidos os comentarios e as preguntas dos alumnos) e con momentos de goce e padaleo do viño.

Haberá, asimesmo, interludios musicais nos que se escoitaran pezas alusivas á cultura do viño (visualizadas nunha pantalla dixital) e que garden algún tipo de vínculo co escritor que protagoniza cada sesión, tanto fragmentos de óperas ou obras clásicas de diferente xaez, como tamén jazz e música popular tradicional.

O viño reclama algún compango e, deste xeito, servíranse pinchos compostos por bos pans campesiños, de millo e centeo, amén de friames de porco celta e algún petisco de queixo (a todo isto da dereito a inscrición).

Non se exclúe que a sesión poida rematar, se o ambiente creado polas persoas asistentes o fai pertinente, cun canto coral no que participemos tod@s. O esencial é que cada sesión constitúa unha experiencia de goce da convivialidade arredor do viño –que foi decote un pracer social-, dun xeito lúdico, pracenteiro e cultural. Preténdese que resulte interesante, motivador, que induza a máis amplas lecturas e a sabios padaleos de estimables viños. Nestas sesións teórico-prácticas e lúdico-serias (ou jocoserias, que dirían os nosos devanceiros composteláns) importa moito desenvolver o espírito e difundir unha cultura da bebida acougada, de calidade e compartida.

Como complemento dos cursos prevese realizar excursións a adegas emprazadas nas rutas dos viños que se anunciaran oportunamente e terán un custe suplementario.

Fará de condutor dos cursos o amateur da cultura do viño, Xavier Castro, profesor de Hª Contemporánea na USC e autor dos libros: A lume manso (Galaxia), A la sombra ejemplar de los parrales (Trea), A rosa do viño (Galaxia) e A mesa e manteis (Biblos, Col. Mandaio; Yantares gallegos, na versión en castelán da USC).

CURSO VIÑO 1, SESIÓNS:

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

1ª Sesión (Novembro. 3 Mércores): Charles Baudelaire.

2ª Sesión (Novembro. 17 Mércores): Álvaro Cunqueiro.

3ª Sesión (Decembro. 1 Mércores): Miguel de Cervantes.

4ª Sesión (Decembro. 22 Mércores): Ramón María del Valle-Inclán.

5ª Sesión (Xaneiro. 19 Mércores): Aymeric Picaud (Códice Calixtino). Viño no Camiño de Santiago.

CURSO VIÑO 2, SESIÓNS:

(Cada sesión é independente. Pódeste apuntar unicamente a ela, no local en que se celebra, á hora do comezo)

1ª Sesión (Novembro. 9 Martes): Rosalía de Castro.

2ª Sesión (Novembro. 23 Martes): Emilia Pardo Bazán.

3ª Sesión (Decembro. 15 Mércores): Federico García Lorca.

4ª Sesión (Xaneiro. 12 Mércores): Pablo Neruda.

5ª Sesión (Xaneiro. 26 Mércores): Ernest Hemingway.

HORARIO: de 20 a 22 horas.

LUGAR DE REALIZACIÓN

As sesións terán lugar no local Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. Santiago)

INSCRICIÓN

A inscrición realizarase no local de Lar das Meigas (Rúa do Vilar, nº 47 Baixo. 15705 Santiago). Horario: 10’30 a 14, 16’30 a 20’30. Sábados e Domingos aberto ao medio día). Pódese efectuar tamén a matrícula cubrindo a ficha de inscrición adxunta (na páxina web) e reenviandoa a: lardasmeigas@gmail.com. Tamén é posible realizar tamén o pagamento da matrícula en Ibercaja, nº de conta: 20858265160330075713, indicando que en que curso se inscribe ou en que sesión concreta (ou sesións), e presentando logo o resgardo en Lar das Meigas, o día da actividade.

Para máis información Teléfonos: 665 212 825 / 981 565 122 / 609 653 228. E-mail: lardasmeigas@gmail.com / franciscojavier.castro.perez@usc.es/ Páxina Web: www.lardasmeigas.com)

Admítese a inscrición nun curso completo, en ambos os dous, ou ben en determinadas sesións concretas (que poden pertencer aos dous cursos). Recoméndase efectuar o pagamento no momento de cubrir a ficha de inscrición. Prezos: Curso Completo de 5 sesións: 45 €. 2 Cursos Completos: 90 € (neste caso o alumno recibirá unha botella de viño como agasallo). Sesións independentes: 10 € cada una delas.

Viño e Poesía

Teño para min que á pluma Ramón Cabanillas débese o poema máis fermoso escrito en lingua galega en loanza do viño. O vate de Cambados non enxalza o viño en xeral, senón un en particular, como deixa moi claro no mesmo título da composición: “Diante dunha cunca de viño espadeiro”; un caldo moi popular e acreditado a comezos do século XX, cando Cabanillas da ao prelo Da terra asoballada (1917), e hoxendía cunha presenza minúscula no panorama vitivinícola de Galicia. Na composición alúdese ao traveso de fermosas imaxes ao creto de que gozaba o tinto espadeiro entre os antigos frades e fidalgos, que o tiñan por moi axeitado para rexas bebedelas e auxilio de compangos: “¡O espadeiro amante! ¡O viño doce! / ¡Alegría de mallas e espadelas, / compañeiro das bolas de pan quente / e as castañas asadas na lareira! / ¡O espadeiro! ¡O resolio que louvaron / en namorantes páxinas sinxelas / os antigos abades do mosteiro / de Xan Daval, na vila cambadesa, / aqueles priores leigos e fidalgos, / mestres na vida, na virtú e na ciencia, / que sabian --¡ouh tempos esquencidos!-- / canta-la misa, escorrenta-las meigas, / acoller e amparar orfos e pobres, / rir coas rapazas, consella-las vellas, / darlle leito e xantar ós peregrinos, / pechar por foro as portas da súa igrexa / á xusticia do Rei, cobra-los dezmos / e dispoñer vendimas e trasegas!”. Polo demais, achega Cabanillas un repertorio de imaxes plásticas moi logradas describindo as calidades do viño, nomeadamente no que fai ao seu aspecto, recendo e gusto, e así mesmo os efectos confortadores que produce en quen o bebe: “¡O espadeiro morno! ¡O roxo viño, / sangue do corazón da nosa terra, /que arrecende a mazás e a rosas bravas, / quence os peitos e as almas alumea, / e sabe a bicos de mociña nova, / aldeana e triqueira! / ¡Como canta ó caír nas brancas cuncas / desde as pintadas e bicudas xerras! / ¡Como latexa e brilla ó coroalas! / ¡E como loce e ri cando as adreza, / asemellando fíos de rubises, / cun rosario de escumas sanguiñentas!”. Son tamén moi fermosas as expresións coas que o poeta enxalza a ledicia que esta caste de viño transmite ao corazón: “¡Espadeiro! ¡Espadeiro! ¡Ledo viño / das noites mozas! Claridá de estrelas. / O aturuxo zoando nas quebradas...”. E con este mesmo teor remata a composición cunha alusión ao mito do celtismo, que constitúe todo un manifesto e cumple unha función de exaltación das orixes do pobo galego: “¡Ouh, espadeiro amante! ¡Ouh, roxo e quente / sangue do corazón da nosa terra! / ¡Acende os corazóns dos apoucados! / ¡prende lume nas almas, viño celta!”. Xa que logo, temos nesta oda de corte anocreóntico unha nota épica que vetea a composición cun feliz contraste.

É tamén moi fermoso un breve poema, da autoría Xosé María Álvarez Blázquez, consagrado a outro dos príncipes do reino dos mostos do Salnés, pero que tamén campea noutras bisbarras galegas: o albariño: “Fumos o viño albariño / fror da terra vendimada / Como quen vai de camiño / e quedamos de pousada”. Sería moi desexable que estas logradas composicións poéticas tivesen unha expresión musicalizada. Non faltan músicos no país co talento necesario para facéreno.

(Publicado en Galicia Hoxe, 03/12/2010)