lunes, 26 de septiembre de 2011

Festa da Vendima. Conferencia de Xavier Castro en San Miguel de Tabagón

Festa da Vendima. Conferencia de Xavier Castro en San Miguel de Tabagón

XOVES DIA 29 SETEMBRO 20:30 H
•XORNADA DA VENDIMA CON DEGUSTACION DE VIÑO Xavier Castro Profesor historiador de la USC VENRES DIA 30 SETEMBRO 20.30 h CATA DE VIÑOS CON MARIDAXE Presentada por Mercedes Gonzalez PRESIDENTA DE SUMILLERES DE GALICIA 7 Viños Brancos e 7 Viños Tintos MARIDAXE CON PEIXE ESPADA, GRELOS , PEIXE DO RIO MIÑO E HORTA DO ROSAL Prezo 25 euros SABADO DIA 1 OUTUBRO 23:OO H BAILE DE SAN MIGUEL TRIO SENSACION DOMINGO DIA 2 OUTUBRO


FESTA DA VENDIMA A ANTIGA USANZA

Na comarca do Ribeiro, no primeiro tercio do século XX –segundo a evocación de Otero Pedrayo en ‘A Lagarada’-, sentíase “polo aire o balbordo fas vendimas que enchen o val”. Percibíase unha gran animación, como revelan estes versos de Eladio Rodríguez: "Arde en bulla o Ribeiro; / ferven os eidos todos á cachón / n'un rebumbiar trunfante i-algueireiro; / énchese o val enteiro / de alegre animación”. Reinaba, en efecto, unha ilusionada inquedanza e unha inconfundible atmosfera de ledicia envolvía os campos pintados coa verde dozura dos viñedos. O farmacéutico Buenaventura Castellet, no seu tratado de Enología española, salientaba, deste xeito: "(...) la animación y alegria generales que se manifiestan en los distritos vitivinícolas cuando la recolección de las uvas". Acadaban primacía na vendima os sentimentos expansivos, de ledicia e xúbilo; os aturuxos, as súas manifestacións máis impetuosas, desatábanse ás veces: “Estoupan os viñedos / en risas e aturuxos á montós, / porque os vindimadores andan ledos, / pensando nos enredos / das súas diversiós”. En Barbantes, ó rematar a recollida da uva, botaban os vendimadores un aturuxo atronador que se escoitaba na parroquia veciña; berro no que se entreveraban a ledicia coa runfadela que producía o feito de ter dado cabo a laboura... antes que os outros, pois convén precisar que se adoitaba entablar competencia coa aldea veciña ou a parroquia próxima: tratábase de ver quen remataba máis axiña a tarefa e lograba poñer a salvo o seu mosto.
A realización de cantos e danzas era algo inherente á cultura laboral tradicional. Emilia Pardo Bazán constataba que: «al júbilo de los vendimiadores respondía como un eco el de los huéspedes, venidos para la ocasión a la casa señorial”. Eran sobre todo os mozos quen se amosaban solitamente máis xubilosos, como o testemuñan uns versos de Eladio Rodríguez: “Pol-as viñas adiante, / soltos en barralleira libertá, / corren formando xolda baduante / os cantos da troulante / e baril mocedá”. Outra cousa non se podía admitir. Otero Pedrayo mostra nunha das súas obras como o coro das vendimadoras laiábase diante do “señor amo” da escasa xovialidade dos mozos; dicíanlle que os bacelos renderan ben, “Mais pra outro ano, se Dios quer, tennos que mandar mozos máis algareiros. O que é ten us fillos máis tristes có cantar do abade nos responsorios”. As rapazas cantaban e pedían que os mozos cantaran con elas. Pero convén facer unha salvidade en relación co canto feminino nas vendimas, pois non todo era espontaneidade. Hai que lembrar que nalgúns casos os patróns facían cantar ás xornaleiras mentres vendimaban para que non puidesen comer demasiadas uvas.
A ledicia era moita, pero o rigor no desenvolvemento da vendima non era infortunadamente tanto. ‘El Avia’, semanario de Ribadavia, sinalaba en 1887 que a vendimas facíanse defectuosamente, por mor da “estúpida avaricia”. Constataba a despreocupación por facela ben para conseguir un viño do calidade, e censuraba que por veces se aproveitaran os acios aínda verdes e apodrecidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada