miércoles, 17 de abril de 2013

XORNADAS SOBRE VIÑO E CULTURA GALEGA (XAVIER CASTRO)

XORNADAS SOBRE VIÑO E CULTURA GALEGA Mestura de Cultura e Lecer: Preténdese crear un espazo para a convivialidade cordial. Un ámbito para a cultura galega e o goce dos nosos viños. PROGRAMA As Xornadas sobre Viño e Cultura Galega, que terán lugar nas cidadee de Vigo e Santiago, procuran levar a cabo un achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce do viño. Estas Xornadas, que contan coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, teñen unha orientación transversal que pretende integrar a cultura do viño coa creación literaria, artística e musical galega. En cada sesión se degustaran viños de adegueiros galegos (nomeadamente artesáns, que tamén tomarán parte no acto) que garden relación coa obra (e, por veces, tamén coa vida) dun determinado escritor ou artista. Salientarase o vencello que existe entre ambos, comentaranse os cadros ou apartados da obra literaria nos que se fai mención ao viño, e mesmo se fará un recitado de poemas e fragmentos en prosa. As explicacións do condutor do curso, profesor Xavier Castro, farán referencia ao escritor ou artista que centre o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura do viño e a súa historia, coa temática gastronómica relacionada con ela (nomeadamente, as maridaxes entre o viño e a gastronomía) e estarán entrefebradas coas intervencións dos participantes (aléntase a participación e son benvidos os comentarios e as preguntas dos asistentes) e con momentos de goce e pracer do viño, que se servirá acompañado dalgúns petiscos. Proxectaranse documentais e haberá, asi mesmo, interludios musicais nos que se escoitaran pezas alusivas á cultura do viño (visualizadas nunha pantalla dixital) e que garden algún tipo de vínculo co creador que protagoniza cada sesión, tanto fragmentos de óperas ou obras clásicas, como tamén jazz e música galega tradicional. Cada sesión estará consagrada a un dos seguintes creadores/as: Maruja Mallo Rosalía de Castro Julio Camba Valle-Inclán Álvaro Cunqueiro LUGAR DE REALIZACIÓN EN SANTIAGO: Cafetería do Centro Galego de Arte Contemporánea (CEGAC). Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5. Santiago de Compostela. DATAS: Xornadas sobre Viño e Cultura Galega Abril Martes 30: Maruja Mallo Maio Martes 14: Rosalía de Castro Martes 28: Julio Camba Xuño Martes 11: Ramón María del Valle-Inclán Martes 25: Álvaro Cunqueiro LUGAR DE REALIZACIÓN EN VIGO: Salón da cafetería Luces de Bohemia. Rúa de Colón, 34. Vigo. DATAS: Abril Xoves 25: Maruja Mallo Maio Xoves 9: Rosalía de Castro Xoves 23: Julio Camba Xuño Xoves 6: Ramón María del Valle-Inclán Xoves 20: Álvaro Cunqueiro HORARIO: de 20 a 22 horas. PREZO: 9 euros cada sesión (con dereito a viños e petiscos). Pódese adquirir a entrada na propia cafetería do CEGAC, na que terá lugar o evento, preferentemente nos días precedentes, ou ben media hora antes da celebración da sesión. Para máis información: Enderezo-e: franciscojavier.castro.perez@usc.es Móbil: 609 653 228

No hay comentarios:

Publicar un comentario